Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do proxecto de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da xunta de compensación da U.E. IV-09 Ramón Nieto, 3. (Expediente 4157/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 21 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da xunta de compensación da U.E. IV-09 Ramón Nieto, 3, presentado por propietarios do devandito polígono, constituídos en comisión xestora.

Procédese ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP e taboleiro da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 24 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo