Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2000 Páx. 327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Polo Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 29-11-1999, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a adxudicación mediante concurso por procedemento aberto, para a obra Acondicionamento Rego da Balsa e Parcela na Casilla, o cal se expón ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 13.500.000 ptas.

Prazo da obra: 2 meses.

Fianza provisional: 270.000 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado en que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo dos vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 3 de decembro de 1999.

José Mª Vázquez Barca

Alcalde accidental