A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca o seguinte concurso:
1. Nome e enderezo do servicio.
Complexo Hospitalario Xeral-Cíes
Departamento de Contratación Administrativa.
Pizarro nº 22.
36204 Vigo.
Teléfono 986 81 60 23/81 60 28.
Fax 986 81 60 65.
2. Modalidade da adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
3. a) Lugar da entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: C.P.6/00, material de radioloxía, cun orzamento total de: 51.294.952 ptas. (308.288 euros) IVE incluído.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxun
to das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver folla de especificacións.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 25 de xaneiro de 2000.
6. a) Data límite da recepción das ofertas: 2 de febreiro de 2000.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto nº 1.
c) Lingua o linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.
Data, hora y lugar da dita apertura: 14 de febreiro de 2000.
8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.
8. Fianzas e garantías esixidas:
Provisional: 2% do orzamento de cada un dos lotes ós que se licite.
Definitiva: 4% do importe máximo de licitación.
9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas (folla de especificacións).
14. Data de envío anuncio do indicativo: 16-11-1999.
15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 28 de decembro de 1999.
16. Anuncios: o importe desta resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.
Vigo, 15 de decembro de 1999.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo