Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 30 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador Secretaría 53/1999 por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícase a Transportes y Distribuciones Suárez y Loureda, a resolución do expediente sancionador Secretaría 53/1999 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, e que consta nos locais do Servicio Técnico Xurídico (Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, San Lázaro), para que o expedientado poida ter coñecemento do contido dela.

Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade coa sanción deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaia, sucursal de Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1999.

Pilar Farjas Abadía

Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Expediente: Secretaría 53/1999.

Denunciado e último enderezo coñecido: Transportes y Distribucion Suárez y Loureda.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Art. 2.1º e 2.2º do R.D. 1945/1983. Cap. I anexo I, Apart. 1.A), B) e G) do R.D. 2087/1994. Anexo A, Cap. I, Apart. 2 do R.D. 1904/1993. Título III, Art. 6, Apart. 6.4.1 do R.D. 168/1985.

Sancionador: Lei 14/1986 (Xeral de Sanidade). R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 150.000 ptas.