Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. subterránea para subministración eléctrica Hotel Residencia.
Situación: Outeiro de Rei.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor DHZ1 12/20 V Al a 20.000 V de 60 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 5 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo