Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/142-2, 5235 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Momán.

Situación: Cospeito.

Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. de Momán de Arriba de 585 m de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV. L.M.T. a C.T. de escola de 8 m de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV. L.M.T. a C.T. Xermar de 894 m de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV. L.M.T. a C.T. da Veiga de Pumar I de 340 m de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV. L.M.T. a C.T. da Veiga de Pumar II de 1.267 m de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV. L.M.T. a C.T. de estrada de 313 m de lonxitude en conductor LA-56 a 20 kV. 6 centros de transformación: Momán de Arriba, escola, Xermar, A Veiga de Pumar I, A Veiga de Pumar II, estrada todos cunha potencia de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 5 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo