Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 07 de xaneiro de 2000 Páx. 209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000 pola que se prorrogan 34 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Orde do 20 de novembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 1, do 2 de xaneiro de 1997), a Orde do 31 de xaneiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 46, do 7 de marzo), a Orde do 13 de febreiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 46, do 9 de marzo), a Orde do 24 de xullo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 184, do 22 de setembro), a Orde do 23 de setembro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 200, do 15 de outubro) e a Orde do 24 de maio de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 105, do 3 de xuño), polas que se convocan bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, prevén na súa base terceira a concesión de prórrogas ós bolseiros que presten a súa colaboración nalgún dos proxectos de investigación que se están realizando no centro.

A teor do sinalado na Orde do 11 de febreiro de 1998, sobre «tramitación anticipada de expediente do gasto» o gasto que se proxecta está condicionado á existencia do crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos do exercicio do ano 2000 en trámite parlamentario.

Na súa virtude e de acordo co establecido no parágrafo terceiro da base terceira das referidas ordes de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concédeselle prórroga para desfrutar da bolsa para a colaboración en proxectos de investigación a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro ata o 29 de febreiro de 2000, ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, concédeselle prorroga da bolsa ata o 15 de abril de 2000, á persoa que se relaciona no anexo II desta resolución, e concédeselle prorroga da bolsa ata o 31 de decembro de 2000, ás persoas que se relacionan no anexo III desta resolución. Os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 2 de febreiro de 1998.

Segundo.-A contía da bolsa durante o período de prórroga será de 122.000 ptas. mensuais, segundo o establecido na base segunda das mencionadas ordes de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguin

te ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2000.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Nome dos beneficiariosNIF

Gutiérrez García, Santiago36.082.203X

Romero Triñanes, Mario76.777.311E

Sueiro Pena, Mª Mar36.080.505C

Domínguez Noya, Eva76.368.945K

García Rodríguez, Susana Mª34.980.267G

Fernández Salgado, Xavier33.327.216D

ANEXO II

González González, Margarita35.308.713X

ANEXO III

Roig Sánchez, Blanca Ana36.132.406G

Pazo García, Mª Lourdes33.272.484V

Roca Rodríguez, Mª Elisa76.815.191K

Cabaleiro Carro, Mª Alejandra36.117.119N

Búa Carballo, Juan Carlos35.310.166Z

Vázquez González, Ruth44.448.798X

Pollán Valiña, Mª Celia33.350.003D

Álvarez González, José Manuel44.805.577J

Seijas Baranauskas, Ana Mª33.295.674T

Sobrino Freire, Iria32.840.104Z

Louzao Otero, Miguel33.288.640G

Beloso Gómez, Josefa36.084.589G

Regueiro López, Natalia33.329.202V

Veiga Díaz, Mª Teresa33.333.314N

Valiño Ferrín, Isabel44.080.192W

Ferreiro García, Susana44.811.350J

Martínez Baleirón, Mónica Mª52.930.569W

Varela Pombo, Sonia79.325.750S

Barreiro García, Mª del Carmen33.796.754W

Pérez González, Mª del Carmen32.631.914C

Martínez Calvo, Mª Liliana33.291.241Y

Pérez Barcala, Gerardo36.101.816G

Cordeiro Moledo, Carlos73.240.190W

Novoa García, Mª Carmen35.550.421B

Souto García, Mª Belén33.283.563X

Fernández González, Manuel35.560.158L

Fraga Dorado, Ana Belén77.595.923H