Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Expediente FG nº 363.

Por resolución desta alcaldía nº 6.581/1999, con data do 24 de novembro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle de ordenación e axuste da parcela nº 161 do P.P.5 en Santa Cruz, co bordo lindante de rueiro pechado, tramitado por Sar Galicia, S.L.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 29 de novembro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta