Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO da contratación por concurso aberto para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Execución de Cartografía do Concello da Cañiza.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia técnica.

Obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Execución de Cartografía do Concello da Cañiza.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

23.000.000 de pesetas (vintetrés millóns).

5. Garantías.

Provisional: 460.000 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello da Cañiza. Secretaría Xeral.

Domicilio: rúa Oriente, nº 11.

Localidade: 36680 A Cañiza.

Teléfono: 986 65 10 00.

Fax: 986 65 11 90.

Data límite para a obtención da documentación: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG (a última publicación).

Lugar: no rexistro xeral do concello, de luns a sábado, de 9.30 a 1.30 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

Documentación que hai que presentar: a exisida no prego de condicións.

8. Modelo de proposición.

Axustarase ó que figura no prego de condicións.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: Concello da Cañiza. Secretaría Xeral.

Domicilio: rúa Oriente, nº 11.

Localidade: 36680 A Cañiza.

Data: ás 12 horas do 1º día hábil seguinte (non sábado) ó do remate do prazo para a presentación de ofertas.

10 Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas exporanse ó público durante o prazo de 8 días hábiles desde a publicación do presente anuncio, para que os interesados poidan examinalo e, se é o caso, presentar reclamacións perante este.

En ambos casos, de presentarse reclamacións, a licitación quedará suspendida ata que estas foran resoltas.

A Cañiza, 25 de novembro de 1999.

Manuel Gregorio Pérez

Tenente-alcalde