Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de novembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento 34/1999 (non ocupación).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lixislación de

VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, alegando por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 29 de novembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 34/1999 (non ocupación).

Adxudicatario: Alfonso Gómez Vidal e herdeiros.

Último domicilio coñecido: rúa Bugallal y Marchesi, 5, 1º C (A Coruña).

(C-82/030, conta 27).