Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas Comunal de Carpacedo, Penelas-1 e Penelas-2, a favor dos veciños de Oímbra, no concello de Oímbra (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 30 de xuño de 1997, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas Comunal de Carpacedo, Penelas-1 e Penelas-2 coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López, en virtude do punto terceiro da orde do día da reunión do 30 de setembro de 1998.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Oímbra.

Denominación: monte integrado polas parcelas denominadas Comunal de Carpacedo, Penelas-1 e Penelas-2.

Comunidade propietaria: veciños de Oímbra.

Superficie: 5 ha 70 a 3 ca aproximadamente en conxunto.

Parcela Comunal de Carpacedo:

Superficie: 4 ha 2 a 3 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño de Carpacedo.

Sur: parcela nº 184 a nome de herdeiros de José Gómez Rodríguez e termo municipal de Verín.

Leste: camiño Carpacedo.

Oeste: regato de Lagoa, parcela nº 416 a nome de Francisco Valles Afonso, parcela nº 130 a nome de Pedro Valles Afonso e camiño.

Parcela Penelas-1:

Superficie: 48 a 0,1 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: parcela nº 87 e nº 91 a nome de Adelaida Pardo Colmenero.

Leste: parcela nº 88 a nome de David Conde Salgado.

Oeste: camiño a Verea.

Parcela Penelas-2:

Superficie: 1 ha 20 a 65 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: parcela nº 23 a nome de Rosa García Feijoo, parcela nº 24 a nome de Josefa Valles Afonso e zona exluída.

Sur: parcela nº 26 a nome de Dolores Rodríguez Pardo, e outros, e parcela nº 25 a nome de Francisco Rodríguez Pardo.

Leste: estrada de Oímbra-San Cibrao.

Oeste: Parcela nº 19 a nome de Manuel Pardo Rodríguez.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 16 de novembro de 1999.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense