Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Coto de San Silvestre, clasificado a favor dos veciños de Serantes, no concello de Leiro (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 30 de xuño de 1997, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Coto de San Silvestre, e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Abel Carvajales Santaeufemia e Miriam Areal López, en virtude do punto terceiro do acordo da reunión con data do 30 de setembro de 1998.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Leiro (Ourense).

Monte denominado: Coto de San Silvestre.

Comunidade propietaria: veciños de Serantes.

Superficie: 10 ha, aproximadamente en conxunto.

Estremas:

Norte: lugar de Paredes.

Sur: montes particulares do lugar de Paredes.

Leste: escola de Paredes e monte comunal de Bardelo.

Oeste: estrada comarcal de Paredes a Orega.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de novembro de 1999.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense