Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 160

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Pescanova, Chapela, S.A. con código 3602622, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-11-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o día 9-9-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de novembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Pescanova Chapela, S.A.

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Chapela, S.A. e os seus traballadores adscritos ó centro de traballo situado en Chapela-Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo comprende todo o cadro de persoal, nas súas distintas categorías profesionais, existente no momento da sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen ó respectivo cadro de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999, cun período de duración ata o 31-12-1999 e será denunciado por escrito polo menos cun mes de anticipación á data do vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia en canto as partes non acorden modificalo.

Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan.

Este convenio colectivo é concertado entre Pescanova Chapela, S.A., representada neste momento por Fernando Ilarri Junquera e Fco. J. Taboada Costas, e o comité de empresa desta mesma empresa como representación legal dos traballadores, composto polos membros que asinan abaixo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas ou as que constan nas respectivas nóminas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia do convenio e por disposicións legais se puidesen establecer.

Salvo o especificado no artigo 21 do presente convenio, no relativo ó complemento de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que con anterioridade ó convenio estivese a desfrutar dalgún ou algunhas condicións máis beneficiosas, deberanas conservar.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: o presidente do comité de empresa, o secretario e un representante de cada un dos sindicatos.

Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

No caso de existiren discrepancias entre as partes e non se chegar a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, é facultade

da dirección da empresa e por delegación dos seus mandos ou representantes legais, todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais atribúan ós representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se for o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicaráselle ó comité de empresa o plan de formación.

Artigo 8º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que for a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º.-Contratos formativos.

A empresa poderá contratar traballadores en prácticas e para a formación conforme as disposicións legais vixentes.

Polo que se refire ó contrato para a formación, a súa regulación será a seguinte:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedasen vacantes por despedimento improcedente, obxectivo ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato para a formación:

-Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

-Prórroga: mínima de 6 meses.

-Idade: de 16 a 21 anos.

-Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

-Titor: cada dous traballadores, como máximo, terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que vai adquiri-lo traballador.

-Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio, e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.

O número destes traballadores non superará o 5% do persoal fixo.

Artigo 10º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal a que se refire o artigo 13º do presente convenio; en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e, en terceiro lugar, as peticións dos fillos e fillas dos traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolle-lo emprego, en calquera caso, se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsablidade que precise a empresa,

será necesario que as súas condicións e saber non sexan inferiores ós doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselles difusión nos taboleiros de anuncios.

O comité de empresa participará, conforme o establecido no artigo 6º, no control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.

Artigo 11º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisorio durante un período de proba variable, segundo a índole do labor, conforme a seguinte escala:

-Técnicos titulados: seis meses.

-Titulados Grad. Sup. Contr. prácticas: dous meses.

-Titulados Grad. Med. Contr. prácticas: un mes.

-Contratos de aprendizaxe: quince días.

-Resto de persoal: quince días.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador como a empresa poderán desistir da proba ou proceder á rescisión do contrato, sen aviso previo nin dereito á indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador tivese desempeñado as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador desfrutará durante o período de proba da retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se tivese clasificado. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 12º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectual diminuída pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, caso de existiren estes postos. Igual criterio se seguirá con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Para isto teranse en conta as vacantes que se produzan nas seguintes seccións: oficinas de sección industrial, almacén de sección industrial, control de calidade, aseos e vestiarios; entrementres a empresa poderá cubrir provisoriamente os ditos postos durante un período máximo de quince días.

Artigo 13º.-Incorporación a outras empresas do grupo.

Os traballadores da empresa Pescanova Chapela, S.A. poderán ser destinados a outras empresas

do mesmo grupo de empresas cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de domicilio e se efectúe dentro da área de influencia de Vigo.

A decisión de incorporación á nova empresa deberase comunicar ós afectados e ó comité de empresa cunha anticipación de 30 días naturais, salvo acordo noutro sentido.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse no cadro de persoal da empresa do seu novo destino, conservando a súa categoría profesional e antigüidade, que se respectará desde o seu ingreso en Pescanova, S.A.

O seu réxime económico será o vixente na empresa de novo destino, mais conservará en todo caso como garantía o seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

En todo caso, e como condicións máis beneficiosas, seralles de aplicación o disposto no artigo 35 sobre complemento de IT do convenio de Pescanova Chapela, S.A. de 1994.

O horario será en réxime de quendas (xornada continuada). O persoal trasladado a Frinova terá o horario que corresponda segundo o convenio colectivo desa empresa. Os que sexan trasladados a outras empresas do grupo incorporaranse a un réxime horario similar ó de Frinova, S.A. ou Pescanova Chapela, S.A.

En caso de necesidade do persoal fixo en Pescanova Chapela, S.A., terá preferencia de recolocación o persoal trasladado, ó que se lle aplicará na súa integridade o convenio de Pescanova Chapela, S.A.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos debidamente acreditado, a empresa deberao compensar por isto. En ningún caso se poderán alegar gastos compensables achacables ó transporte se a empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións que na actualidade, aínda que se cambie o horario.

A aplicación deste artigo estará condicionada á existencia de excedente de man de obra na empresa debidamente acreditado. En caso contrario, deberase pactar quer individualmente quer co comité de empresa.

A empresa comprométese a non utilizar este artigo cando o número de traballadores que se incorpore a outras empresas do grupo sexa inferior a cinco, nin á quenda de noite, excepto acordo individual co traballador ou traballadores afectados.

Este artigo terá carácter obrigatorio e perderá a súa vixencia a partir do 31-8-2000.

Artigo 14º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado polo presente convenio de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

A empresa obrígase para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras de oficios varios, así como sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando estes a teñan cursado, polo menos, con dous meses de anticipación, e sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 15º.-Xornada anual e horario.

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase do seguinte xeito:

* Persoal de fábrica e mantemento:

-Fábrica e mantemento (quenda de mañá):

De luns a venres de 6.45 a 14.45, con descanso de quince minutos.

-Fábrica e mantemento (quenda de tarde):

De luns a venres de 14.45 a 22.45 horas, con descanso de quince minutos.

-Fábrica e mantemento (quenda de noite e limpeza):

De luns a venres de 22.45 a 6.45 horas, con descanso en quince minutos.

* Persoal de oficinas:

-Primeira quenda:

Horario de inverno: de 8 a 15 horas de luns a venres. De 8 a 13 horas ós sábados.

Horario de verán: de 8 a 14.30 de luns a venres. De 8 a 13 horas ós sábados.

-Segunda quenda:

Horario de inverno: de 8 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas.

Horario de verán: de 8 a 14.30 horas.

O horario do persoal da segunda quenda é de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 17-6 ata o 30-9 para o ano 1999.

Nas cámaras que teñan de estar a -18º C ou temperaturas inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3º C, a permanencia no interior delas será de 6 horas.

Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando e saíndo arreo (carreteiros), concederase un descanso de recuperación de quince minutos.

Completarán a xornada normal en traballos que se realicen fóra das cámaras.

De mutuo acordo entre a empresa e o comité, realizarase o calendario anual, que comprenderá a relación de días non laborables e período de vacacións, efectuando as correccións de horario que sexan pertinentes. Os días 24 e 31 de decembro non serán laborables.

Os horarios de traballo previstos neste artigo axustaranse en función do que resulte do calendario laboral que se pacte, respectando o número de horas efectivas anuais (1.749).

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

É firme vontade de ámbalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Se fose necesario realizalas, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Para as horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos, o valor das ditas horas incrementarase nun 100%.

Non se terán en conta para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral nin para cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu pagamento coma se se tratar de horas extraordinarias.

Consideraranse hora extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias nas quendas de traballo provocadas por licencias retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista do substituto no traballo por quendas.

-Reparacións perentorias.

-Peches do exercicio contable e confección de orzamentos.

As horas extraordinarias estructurais pactaranse co comité de empresa.

Artigo 17º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá trinta días naturais de vacacións, que se pagarán coa retribución do salario da táboa anexa máis antigüidade. A forma de realizalas o persoal da Sección Industrial será como o pasado ano, en dúas quendas voluntarias nos meses de xullo e agosto.

Se, por dificultades imprevistas, for preciso efectuar un reaxuste de vacacións, estableceranse de

mutuo acordo, de modo que se salven os inconvenientes que poidan afecta-lo normal desenvolvemento do programa da empresa.

Canto ás vacacións do persoal masculino que polo seu traballo deba cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal xeito que ós que por sorteo lles corresponde unhas das datas que elixan ó ano seguinte corresponderalles as datas alternativas.

Todas aquelas persoas que están en situación de IT durante o período de vacacións poderán desfrutalas en calquera outra época dentro do ano.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións segundo o mesmo criterio que ata a data, ben que de forma preferente entre os meses de xuño e setembro.

Artigo 18º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Casamento: quince días naturais.

b) Parto da esposa: tres días.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, pais políticos, avós, fillos e fillos políticos: 3 días naturais (será preciso xustificante médico acreditativo).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos, irmáns, pais e fillos políticos: 4 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós e netos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos e avós políticos: 2 días; sobriños, sobriños políticos, tíos e tíos políticos: 2 días.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos: 1 día.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, nos que se inclúe a Casa do Mar, con xustificante médico: 1 día.

j) Nacemento dun neto: 1 día.

Cando se teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago por enfermidade, 1 día; fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, 3 días; e cando esta saída sexa fóra da Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia da operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose, en todo caso, con certificado médico.

Consulta média en Chapela: 2 horas; Casa do Mar de Vigo e Redondela: 3 horas; Moaña, Pontevedra,

Ponteareas, Salceda, Domaio, Cangas e o Meixoeiro: o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados.

Concédenselle os mesmos dereitos á compañeira ou compañeiro que á esposa ou esposo, tanto nos casos de parto como de enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse días naturais.

Réxime económico

Artigo 19º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1999 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 1,5% máis 3.000 ptas. en cada unha das 16 pagas, incrementando o complemento de convenio. O incremento porcentual, é dicir, o 1,5%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, excepto no seguro de accidentes (neste último caso aplicarase o 4%).

Artigo 20º.-Principios xerais sobre retribución.

Tódolos conceptos salariais que figuran no presente convenio teñen a consideración de retribucións brutas e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidese corresponder por aplicación legal.

Artigo 21º.-Conceptos retributivos.

Salario base.

Complementos salariais:

-Complemento de convenio.

-Antigüidade.

-Complemento de asistencia.

-Complemento de tarde.

-Complemento de noite.

-Complemento de traballos especiais.

-Complemento de sección corte de peixe.

-Prima por traballo a baixa temperatura.

-Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.

-Complemento de controlista.

-Pagas extraordinarias.

-Bolsa de vacacións.

-Complemento de distancia.

-Axudas de custo.

Salario base: salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio e que figura na táboa salarial.

Complementos salariais.

Gratificación convenio: salario de cualificación por categoría profesional, que é o que consta na táboa salarial.

Antigüidade: tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional ata o máximo de 18 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 37.170 ptas.

b) Bienios que se cumpran a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nas alíneas a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

A antigüidade computarase desde o 1 de xaneiro do ano en que se cumpra o bienio.

Complemento de asistencia: está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

Complemento de tarde: establécese un complemento por traballar na quenda de tarde, que consistirá na cantidade de 7.488 ptas. mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa quenda, que supoñen 356 ptas./tarde.

Este complemento cobrarase nas pagas extras e absorbe as cantidades que se viñan percibindo por este concepto e pola prima de tarde.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que puidese ter algún traballador por estes conceptos no seu conxunto global.

Complemento de noite: incrementarase o complemento actual nun 1,5%. Esta gratificación aboarase nas pagas extra.

Complemento de traballos especiais: percibirase segundo consta na táboa salarial anexa.

Complemento sección corte de peixe: establécese un complemento por traballar no equipo da sección de corte de peixe de 9.900 ptas. mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nese equipo, que supoñen 450 ptas./día. Tamén percibirá o dito complemento o persoal que non sexa do equipo e que se incorpore a el voluntariamente.

Prima por traballo a baixa temperatura: establécese esta prima para os que desenvolvan o seu traballo no interior de cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a -18º C. A esta prima aplicaráselle sempre o aumento acordado en cada convenio e non a afecta a incidencia do salario mínimo interprofesional. En todo caso, respectaranse no seu conxunto as condicións máis beneficiosas que nestes momentos desfrutan os conductores de carretas elevadoras, de acordo con este artigo, percibirán unha prima por día de traballo de 551 ptas.

Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos: a todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Os ditos traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demais traballadores que eventualmente teñan de realizar traballos desta natureza percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións e en canto realicen o dito traballo.

Complemento de controlista: establécese un complemento de 246 ptas. por día traballado.

Pagas extraordinarias: todo o persoal afectado por este convenio desfrutará de catro pagas extraordinarias, aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento convenio, complemento de distancia, prima de tarde, complemento de traballos especiais e complemento de traballos penosos, máis antigüidade, como se vén facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase percibindo de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

Bolsa de vacacións: recoñéceselle a todo o persoal afectado polo convenio unha bolsa de vacacións de 79.699 ptas., que se fará efectiva coa paga de xullo.

Complemento de distancia: todo o persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de complemento de distancia a cantidade que figura na táboa anexa.

Axudas de custo: cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de xantar de 1.761 ptas. Deberá entón partirse a xornada laboral, considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder

realiza-lo dito xantar. Se a continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

En casos especiais, co consentimento do xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autoriza-lo pagamento da axuda de custo sen a partición da xornada laboral establecida.

Beneficios sociais

Artigo 22º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade para todo o persoal da empresa, sempre que reúna os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social española.

Ó se produci-la xubilación conforme o disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala.

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: catro mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: dúas mensualidades.

d) Traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificarase con máis quince días por ano de anticipación.

Artigo 23º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora garantirá ós seus traballadores ou, se for o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1.1. Por accidente non laboral:

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de 7.760.704 pesetas.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 7.760.704 pesetas para os primeiros casos, 15.521.408 pesetas, para os segundos, e 31.042.817 para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral:

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase percibirán a cantidade de 7.760.704 pesetas.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 7.760.704 pesetas para os primeiros casos, 15.521.408 pesetas, para os segundos, e 31.042.817 pesetas para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que se poida dedicar a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, a consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarase, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros, a copia da cal se entregará ó comité de empresa.

Artigo 24º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa estea en situación de incapacidade temporal, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Artigo 25º.-Utilización de servicios de comedor.

Todo o persoal da empresa ten dereito ó servicio de cociña e comedores, de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido para tal efecto.

Artigo 26º.-Tenda de peixe.

Todo o persoal pertencente ó cadro de Pescanova Chapela, S.A. ou pensionistas dela terán dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova, S.A. na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

A) Pagamento de crédito.

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 20 ptas/kg.

3. Peixe enteiro/filetes/por solto: prezo de tarifa oficial de Pescanova.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

B) Pagamento ó contado.

1. Productos eleborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 7,5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 30 ptas./kg.

3. Peixe enteiro/filete/por solto: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 3 ptas./kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

Cando a empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.

Artigo 27º.-Fondo de pensións.

A empresa estudiará un plan de pensións para todo o persoal que no seu momento terá carácter voluntario para os traballadores.

Seguridade e saúde laboral

Artigo 28º.-Principio xeral.

As partes asinantes deste convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 29º.-Recoñecementos médicos.

Levarase a cabo un recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que será efectuado polo servicio médico da empresa ou por unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente, e en todo caso sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

Artigo 30º.-Roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionará ós traballadores os medios e roupa de protección persoal que resultan esixibles para cada situación de risco, facendo entrega das seguintes pezas de roupa:

-Operarias e encargadas:

Par de zocos: 1

Batas: 2

Xerseis: 1

Par de peúgos: 4

Mandís de plástico: 2

-Cámaras:

Par de botas illantes: 1

Pasamontañas: 1

Xerseis: 1

Fundas: 2

Traxe de frío: 1

Par de peúgos: 4

Camisetas de frío: 2

-Mantemento:

Par de botas: 1

Conxuntos: 3

Par de peúgos: 4

Camisetas de frío: 2

Xerseis: 1

Anorak: 1

-Mozos e peóns:

Par de botas: 1

Fundas: 2

Par de peúgos: 4

Camisetas de frío: 2

Xerseis: 1

-Resto do persoal:

Batas: 2

Zocos: 1

A todo o persoal que entre nas cámaras proporcionaráselle a roupa de frío axeitada.

Artigo 31º.-Vestiario.

Polas circunstancias de traballo será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio técnico-sanitario daquel, oído o comité de saúde da empresa. O dito vestiario será de dous equipos anuais e entregarase na primeira quincena do mes de xaneiro.

Debido á mobilidade, tódolos traballadores que teñan que ocupar postos de traballo a baixa temperatura (paella, filete, etc.) incorporaráselles nos equipos anuais un xersei e uns quentadores.

Dereitos sindicais

Artigo 32º.-Garantías sindicais.

A empresa garantirá tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (R.D. Lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular en un ou varios traballadores trimestralmente, logo de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos do cálculo do índice de absentismo.

Artigo 33º.-Asembleas.

Os traballadores de Pescanova Chapela, S.A., ademais do dereito recoñecido no artigo 77 do ET, terán dereito a celebrar dentro da xornada laboral un máximo de 3 asembleas ó ano, cunha duración non superior a 30 minutos cada unha. A convocatoria e desenvolvemento destas asembleas regularase polo dispoto no ET.

Asínase en Chapela o 9 de setembro de 1999.

Pola empresaPolo comité

Taboa salarial 1999

CategoríasSalario

base

Compl.

asistencia

Compl.

convenio

Compl.

distancia

Traballos

especiais

Traballos

penosos

Total

mes

Total

ano

I. Técnicos titulados

Grao Sup. e asimilados80.444 14.731 131.952 11.152 238.279 3.753.540

Técnicos75.785 13.333 107.945 10.997 208.060 3.275.628

Titulado superior en prácticas

a) Primeiro ano80.444 66.501 146.945 2.351.120

b) Segundo ano80.444 100.213 180.657 2.890.512

Titulado G. medio en prácticas

a)Primeiro ano75.785 35.202 110.987 1.775.792

b) Segundo ano75.785 59.923 135.708 2.171.328

Xefe métodos e tempos75.785 13.182 96.041 10.891 195.899 3.081.656

II. Técnicos non titulados

Encargados producción75.785 7.118 75.692 9.782 168.377 2.665.560

Xefe de equipo75.785 6.927 35.820 9.287 15.157 142.976 2.259.908

Encargado/xefe equipo taller75.785 6.950 62.747 9.775 6.949 162.206 2.567.496

Técnico mantemento75.785 6.951 62.163 9.775 6.951 161.625 2.558.196

Encargado mantemento75.785 6.952 63.236 9.780 155.753 2.464.240

Encargado frigorista75.785 6.989 55.804 9.782 15.157 163.517 2.588.316

Encargado maior75.785 7.037 56.168 9.782 15.157 163.929 2.594.716

Encargado oficios varios75.785 7.565 37.898 9.074 15.157 145.479 2.297.404

III. Administrativos

Jefe de 1º A75.785 8.980 119.885 9.777 214.427 3.394.912

Xefe de 1º B75.785 7.933 96.580 9.777 190.075 3.009.468

Xefe de 2º A75.785 7.613 83.218 9.777 176.393 2.791.836

Xefe de 2º B75.785 7.610 75.711 9.777 168.883 2.671.688

Xefe de 3ª75.785 7.610 71.557 9.777 164.729 2.605.224

Operador75.785 7.390 59.595 9.782 152.552 2.411.272

Oficial 1ª A75.785 5.808 63.019 10.210 154.822 2.453.920

Oficial 1ª B75.785 5.479 58.873 9.777 149.914 2.376.708

Oficial 2ª A75.785 5.199 55.539 9.777 146.300 2.320.004

Oficial 2ª B75.785 4.621 47.296 9.777 137.479 2.181.180

Auxiliar75.785 4.061 33.367 9.777 122.990 1.951.596

Auxiliar de entrada75.785 3.002 20.949 9.777 109.513 1.740.200

Axudante de laboratorio75.785 4.061 36.333 9.777 125.956 1.999.052

IV. Mantemento

Oficial 1ª75.785 6.952 56.642 9.780 149.159 2.358.736

Oficial 2ª75.785 6.897 44.908 9.780 137.370 2.170.332

Oficial 3ª75.785 6.897 39.108 9.780 7.578 139.148 2.198.780

Albanel oficial75.785 6.897 37.942 9.780 130.404 2.058.876

Electricista 1ª75.785 6.897 56.480 9.780 7.578 156.520 2.476.732

Electricista 2º75.785 6.897 45.436 9.780 7.578 145.476 2.300.028

Especialista taller mecánico75.785 6.884 40.268 9.775 132.712 2.095.856

Especialista albanel75.785 6.884 37.941 9.775 130.385 2.058.624

Oficial 1ª axustador75.785 6.950 56.642 9.775 149.152 2.358.632

Oficial 2ª axustador75.785 6.897 44.908 9.775 137.365 2.170.252

Oficial 1ª torneiro75.785 6.952 56.641 9.775 149.153 2.358.640

Oficial 2ª torneiro75.785 6.897 43.610 9.775 136.067 2.149.484

Oficial 2ª soldador75.785 6.897 43.610 9.775 136.067 2.149.484

V. Sala de máquinas

Frigorista75.785 6.927 39.986 9.775 7.578 140.051 2.213.108

Axudante frigorista75.785 6.927 31.122 9.775 7.578 7.578 138.765 2.192.532

Mecánico frigorista75.785 6.379 54.856 9.775 146.795 2.323.204

VI. Factoría oficios varios

Especialista fabricación75.785 8.488 22.939 8.937 3.219 119.368 1.875.936

Operaria/o75.785 7.471 22.939 6.934 3.086 116.215 1.829.556

Especialista oficios varios75.785 6.887 23.959 9.026 15.157 130.814 2.065.476

Especialista cámaras75.785 6.884 23.959 9.775 15.157 131.560 2.077.424

Mozo75.785 6.865 21.631 9.074 15.157 128.512 2.028.732

Peón75.785 5.740 31.147 9.780 122.452 1.936.272

Cociñeiro maior75.785 7.310 65.847 9.775 15.157 173.874 2.752.744

Cociñeiro comedor75.785 6.917 42.023 9.775 7.578 142.078 2.245.580

2º cociñeiro75.785 7.193 37.926 9.780 7.578 138.262 2.183.420