Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 68

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de decembro de 1999 pola que se clasifica como cultural a Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito:

1. Antonio Campos Romay, na sua calidade de presidente da fundación, en escrito do vintesete de xullo de 1999, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día 1 de xullo de 1999, ante o notario José Miguel Sánchez-Andrade Fernández, co número mil douscentos noventa e nove do seu protocolo, por José Manuel Álvarez Campana Gallo, Antonio Campos Romay, María Paloma Díaz Andina, José Luis Lorenzo Fernández Nogueira, Antonia María Fraguela Rodríguez, Rufino González Fernández, Laura María Pilar López Marentes, Aurelia Mariño Blanco, José Luis Martín Palacín, Ernesto Pérez Barja, Margarita Ruibal Fontenla, José Raúl Seoane Prieto, José Luis Sánchez Cotelo, Carlos Torres Barallobre, José Manuel Trasancos Crespo, Francisco Javier Blanco Rodríguez-Moret, Miguel José Martínez Losada, Carmen López Olmedo, José David Dacosta Herrero, Manuel González Espeso, Carlos Andrés Núñez Tomé e Manuel Regueiro Díaz; que interveñen no seu propio nome e dereito e Antonio Campos Romay, ademais, en nome e representación da Asociación Instituto de Estudios Políticos y Sociales. Esta

escritura foi emendada por outra posterior con data do dezanove de novembro de 1999, outorgada ante o mesmo notario e co número de protocolo dous mil seiscentos vinteoito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é ser foro de debate, reflexión e proposta, contribuíndo a vertebrar unha conciencia colectiva galega e universal capaz de recuperar e promover, desde unha actitude ética, todos e cada un dos valores que informan unha sociedade socialmente avanzada e solidamente democrática, baseada no máis profundo respecto á Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Fomentará tódalas actividades que sirvan para desenvolver dentro do ámbito da Comunidade de Galicia, os principios de tolerancia, solidariedade e convivencia.

4. O padroado da fundación estará constituído por Antonio Campos Romay como presidente, José Raúl Seoane Prieto como vicepresidente, Jorge Fernández Nogueira como vicepresidente 2º, Javier Varela Tejedor como vicepresidente 3º, Aurelia Mariño Blanco como vicepresidenta 4ª, Ernesto Pérez Barja como secretario, Paloma Díaz Andina como vicesecretaria,

José Manuel Trasancos Crespo como tesoureiro e Manuel Álvarez Campana-Gallo como vicetesoureiro.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de clasificación como cultural da Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 30 de novembro de 1999.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como cultural a Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública