Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 04 de xaneiro de 2000 Páx. 40

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 341/1999, do 3 de decembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en integración social.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2061/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en integración social e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite os centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada,

tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou

de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de decembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en integración social, regulado polo Real decreto 2061/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacio

nadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de se-lo caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: integración social.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 1.700 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

Programar, organizar, desenvolver e avalia-las actividades de integración social, valorando a información obtida sobre cada caso e determinando e aplicando as estratexias e técnicas máis adecuadas para o desenvolvemento da súa autonomía persoal e inserción ocupacional.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de licenciados ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Obter e procesar información sobre os casos asignados, valorando a súa procedencia e identificando os niveis de autonomía e os programas en que están inmersos os casos asignados, co fin de poder determina-lo proxecto de intervención e avalia-los logros que se produzan.

* Programar proxectos e actividades de integración social, a partir da información obtida e aplicando os instrumentos adecuados, no seu nivel de competencia.

* Desenvolver proxectos de intervención en unidades de convivencia, determinando as súas necesidades no ámbito doméstico, persoal e relacional, organizando os recursos necesarios e aplicando a estratexia e actividades definidas.

* Desenvolver proxectos de adestramento das habilidades de autonomía persoal e social, valorando as características do caso e aplicando as estratexias e actividades adecuadas.

* Aplica-los medios e procedementos de avaliación adecuados ós programas e actividades desenvolvidas na situación ou ámbito (residencial ou aberto) en que traballa, procesando e elaborando a información segundo a persoa ou o profesional de destino.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar segundo as normas de seguridade establecidas, tanto para os profesionais como para os usuarios do servicio, resolvendo os conflictos e as situacións de risco que se presentan e dirixindo os usuarios afectados cara ós profesionais competentes.

* Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación ou a dos outros, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito da súa competencia e consultando esas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexa importante.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Organizar e supervisa-las actividades de inserción ocupacional dos asistidos, segundo o programa establecido, avaliando as actividades e centros en que se desenvolve e instruíndo os responsables familiares ou legais do asistido e a este mesmo sobre as actitudes que se esperan alcanzar no desenvolvemento da actividade.

* Estimular e motiva-la comunicación dos individuos co seu contorno, utilizando técnicas e coñecementos adecuados ó caso, favorecendo o seu desenvolvemento e resolvendo os problemas dos contornos comunicativos en que se insiren.

* Manter unha actitude de respecto e comprensión cara á situación e autonomía dos asistidos, determinando as normas adecuadas para aplicalas no desenvolvemento dos proxectos e actividades.

* Organizar e dirixi-lo traballo doutros técnicos e dos voluntarios asignados, dando instruccións sobre control das actividades en caso de modificacións derivadas dos programas de intervención ou prestación de servicios e decidindo actuacións en casos imprevistos nos procesos de intervención.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Posuír unha visión global, pero á vez diferenciadora, dos distintos sectores de intervención, que lle permita adaptarse a situacións concretas, implicándose na consecución dos obxectivos previstos e atendendo as persoas de forma individualizada, con corrección e medios adecuados.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, cooperando en tarefas colectivas e na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros, subordinados, voluntarios e usuarios.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Programar e organizar proxectos de intervención nos ámbitos da autonomía persoal, social e ocupacional.

* Organizar e supervisar servicios de apoio a unidades de convivencia.

* Supervisar, ó seu nivel, espacios de intervención.

* Preparar e dirixi-las actividades educativas destinadas á incorporación ou recuperación de hábitos de autonomía persoal, social ou ocupacional.

* Avalia-los proxectos e actividades emprendidas.

* Deducir actuacións para casos imprevistos no desenvolvemento da intervención.

* Elaborar informes de resultados e evolución dos proxectos, achegando solucións ás desviacións detectadas, así como calquera outra información técnica que lle sexa requirida polos seus superiores ou equipos adscritos á intervención.

2.4. Unidades de competencia:

1. Programar, organizar e avalia-las intervencións de integración social.

2. Organizar e supervisa-las actividades de atención a unidades de convivencia.

3. Adestra-lo asistido na adquisición de habilidades de autonomía persoal e social.

4. Supervisa-las actividades de inserción ocupacional.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: programar, organizar e avalia-las intervencións de integración social:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Obter información dos casos asignados a partir dos informes recibidos, da programación xeral establecida e doutras fontes complementarias.* A interpretación da información recibida asegura a comprensión das necesidades e características dos casos asignados e, de se-lo caso, a identificación da información complementaria que se precise.
* A determinación de parámetros de información realízase a partir do plan de recollida de información preestablecido, co fin de coñecer do asistido:
-A situación económica.
-As relacións sociofamiliares.
-A situación ocupacional.
-O estado psicofísico.
* A busca e localización de información de fontes secundarias ten en conta os recursos propios e do contorno, así como os procedementos de acceso.
* A determinación da técnica de recollida adécuase ó caso e permite optimiza-lo volume e calidade da información que se precisa obter.
* A previsión de axudas técnicas permite a asignación de axentes de recollida.
* A técnica seleccionada aplícase atendendo a normas de fiabilidade, validez e confidencialidade.
* A organización da información obtida permite o seu contraste e a aplicación do método de interpretación seleccionado.

1.2.Elabora-lo programa de intervención a partir da información obtida.* A interpretación da información recibida e obtida asegura a perfecta comprensión das necesidades que se deben cubrir.
* A determinación de obxectivos e logros terá en conta as características do usuario e os obxectivos establecidos na programación xeral.

RealizaciónsCriterios de realización

* A secuencia de obxectivos deberá respecta-las capacidades do usuario e os prazos establecidos, atendendo a criterios de oportunidade e prioridade.
* A selección de actividades deberá contar coa previsión de tempo e recursos necesarios para o seu desenvolvemento.
* As actividades seleccionadas garanten a consecución dos obxectivos previstos.
* A selección de estratexias e técnicas de intervención realízase en función das actividades previstas.
* A definición de indicadores, estratexias e técnicas de avaliación permite a valoración e adaptación do programa establecido.

1.3.Organizar e xestiona-los recursos humanos, materiais e económicos da intervención, optimizando a súa asignación de acordo cos obxectivos establecidos.* Determínase a estructura organizativa, fixando as funcións e actividades que se deben desenvolver para alcanza-los obxectivos previstos.
* Establécense a distribución do traballo, a asignación de funcións e as directrices de funcionamento para optimizar e racionaliza-lo desenvolvemento da actividade.
* Identifícanse os recursos económicos dispoñibles e valóranse as posibles subvencións por parte de organismos públicos ou privados.
* De se-lo caso, realízase a selección da fonte económica máis adecuada.
* Elabórase o orzamento da actividade, segundo obxectivos e tarefas previstas e recursos económicos dispoñibles.
* Identifícase a regulamentación do sector relativa a requisitos técnicos de materiais e instalacións.
* Xestiónase a contratación ou colaboración do persoal seleccionado, segundo os obxectivos previstos e as modalidades habituais do sector.
* Determínase a colocación dos elementos materiais, de acordo co criterio de optimización da súa utilización.
* Xestiónase a compra ou o uso do material e, de se-lo caso, a utilización de servicios complementarios necesarios para o desenvolvemento da actividade, de acordo coas condicións pactadas.
* Os inventarios realízanse de acordo co procedemento e o tempo establecidos.
* A comprobación do estado e cantidade dos materiais permite solicitar novas compras ou reposicións.
* Prevense as posibles continxencias que se poidan presentar e as alternativas para solucionalas.

1.4.Establece-las normas e procedementos de atención ós casos asignados, a partir do plan de atención ó usuario e do programa de intervención establecidos pola entidade.* As normas sinalan as actitudes de trato que se deben observar co usuario, segundo as súas características.

* As normas sinalan o tipo e intensidade das relacións dos profesionais ou voluntarios cos asistidos.

* Os procedementos de resolución de conflictos deberán sinala-la actitude do profesional ou voluntario, así como as opcións de resolución adecuadas á circunstancia.
* Os protocolos de actuación ante situacións de crise permítenlle ó profesional comprende-las características e gravidade da situación, as accións que se deben emprender, as técnicas adecuadas e as persoas ou instancias a quen se debe informar.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os procedementos de reclamación aseguran a tramitación correcta das queixas detectadas.
* Os procedementos de reclamación aseguran a súa recepción polas instancias que resolverán esas queixas.

1.5.Manter organizada a documentación de intervención.* A clasificación dos documentos permite a súa localización e acceso de xeito doado.
* O sistema de arquivo permite a conservación dos documentos en estado íntegro e seguro.
* Os métodos implantados dan resposta ás necesidades e volume do arquivo.
* O rexistro actualízase incorporando sistematicamente as modificacións que afecten a informes de intervención.
* Os procedementos de actualización de arquivo permiten coñece-la vixencia da documentación existente.
* A organización da documentación permite asegura-la súa confidencialidade.

1.6.Avaliar programas de intervención, co fin de garanti-la adecuación do programa ás necesidades de integración social do caso asignado.* A definición de indicadores ten en conta criterios de fiabilidade, validez e facilidade de recompilación, co fin de poder valorar:
-A adecuación dos obxectivos.
-A selección e a secuencia das actividades.
-A adaptación das estratexias e técnicas de intervención.
-A utilización dos procedementos de avaliación.
* A definición da estratexia e técnicas de avaliación ten en conta os indicadores previstos e os medios dispoñibles.
* A definición das actividades de avaliación permite determinar momentos e secuencia delas, atendendo a criterios de oportunidade e participación dos implicados.
* A definición de procedementos de retroalimentación ten en conta os indicadores establecidos e os criterios de oportunidade valorados, permitindo resolver continxencias ou introduci-las modificacións necesarias.
* A definición de criterios para a elaboración de información de avaliación terá en conta a estructura e os procedementos establecidos no organismo ou entidade contratante, así como os destinatarios da información.
* A recollida de información atense ó procedemento establecido e realízase nos momentos previstos no programa.
* O procesamento da información obtida realízase nos prazos establecidos e co método definido.
* A achega de suxestións respecto a modificacións no programa ten en conta os aspectos máis relevantes identificados.
* A información destinada ó equipo de intervención elabórase segundo o procedemento e o prazo establecidos, consignando os elementos de información pertinentes para favorece-lo seguimento dos casos asignados.
* Os informes destinados ás autoridades correspondentes elabóranse segundo o procedemento establecido e nos prazos previstos.
* A comunicación da información destinada ó contorno do atendido realizarase segundo o procedemento previsto, achegando os elementos máis significativos de forma individualizada.

Dominio profesional

-Materiais e productos intermedios:

Organización dos recursos. Instrumentos de avaliación. Materiais para o tratamento ou procesamento da información (material de oficina, software e hardware informático, reprografía, etc.). Organización dos recursos.

-Principais resultados do traballo:

Elaboración de programas de intervención. Avaliación de programas de integración social.

-Procesos, métodos e procedementos:

Métodos e procedementos de obtención e tratamento da información. Procedementos de arquivo e clasificación de información. Técnicas de procesamento de información. Metodoloxía de planificación e avaliación de intervencións sociais.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Informes especializados (médicos, psiquiátricos, psicolóxicos, etc.). Plans de intervención das entidades ou empresas de intervención. Escalas de observación. Bibliografía específica. Lexislación vixente en materia de traballo social.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Residencias de atención social (anciáns, diminuídos, centros psiquiátricos). Residencias asistidas. Servicios xerais de asistencia social. Organizacións non gobernamentais.

2.5.2. Unidade de competencia 2: organizar e supervisa-las actividades de atención a unidades de convivencia:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Defini-los protocolos de atención, segundo a programación establecida, e axusta-los recursos necesarios para o cumprimento das actividades previstas.* A determinación de protocolos de actuación ten en conta as características do usuario, os obxectivos fixados e o persoal asignado.

* A determinación de actividades de apoio doméstico e persoal ten en conta a programación prevista e as características do usuario.

* Os protocolos deben facer consta-la secuencia de tarefas da actividade prevista.
* Os protocolos de actuación deben ser claros e precisos, permitindo a súa doada comprensión por auxiliares, voluntarios e usuarios.
* Os protocolos de actuación permiten a evolución favorable das deficiencias detectadas no usuario e axustaranse ás normas de atención ó usuario establecidas, así como o procedemento para as obter.
* Os protocolos de actuación deben incluír, de forma detallada e explícita, a previsión de axudas técnicas necesarias para o desenvolvemento da actividade, garantindo unha adecuada atención a cada usuario.
* As actitudes que se deben manter por parte dos auxiliares ou voluntarios no desenvolvemento da actividade fanse constar de forma precisa, co fin de facilita-la súa comprensión e eficacia.
* Determínanse as actividades de acompañamento necesarias para palia-la situación do asistido.

RealizaciónsCriterios de realización

2.2.Supervisa-las tarefas de mantemento do fogar, segundo o programa establecido.* Compróbase que as tarefas de limpeza de chans, superficies e sanitarios se realizaron coas ferramentas e productos adecuados e cumprindo as normas de hixiene establecidas.
* Compróbase que o lavado e a pasada a ferro da roupa e lencería cumpre os procedementos establecidos, minimizando tempos e asegurando a súa dispoñibilidade inmediata para o asistido.
* A compra de artigos téxtiles para o fogar e uso persoal cumpre as normas de consumo e as previsións de custo establecidas.
* En caso de solicitar arranxos ou limpeza das pezas de roupa, verifícase que o resultado responde ó especificado na solicitude realizada.
* O persoal asignado para sistemas alternativos de comunicación utilizou o protocolo de comunicación establecido, cumprindo os mínimos requiridos para o entendemento co asistido.
* A supervisión permite comproba-lo cumprimento do protocolo de actividades previsto e a toma de decisións para a súa modificación ou adaptación, segundo os criterios establecidos

2.3.Organizar e supervisa-las tarefas de apoio persoal e emocional, observando o cumprimento das normas de seguridade e de atención ó usuario establecidas.* As actividades cobren os obxectivos do caso asignado, realizando as modificacións oportunas en caso contrario.

* A elaboración do menú ten en conta as especificacións dietéticas establecidas, respectando o equilibrio e periodicidade requiridos.

* A selección de alimentos do menú ten en conta valor nutricional, custo e facilidade de acceso.
* As instruccións de elaboración sinalan claramente o procedemento culinario, os productos que se deben empregar e os utensilios necesarios.
* As instruccións de administración de alimentos ó asistido especifican o procedemento adecuado para o caso e as normas de actuación en caso de crise.
* As instruccións para a hixiene persoal deben indica-las pautas de execución, segundo os casos.
* Compróbase que se aplicaron as normas de previsión de accidentes establecidas.
* Compróbase que nos desprazamentos o procedemento foi o adecuado e que se evitaron riscos innecesarios.
* Os criterios de apoio emocional e as actividades de acompañamento definidas resultan adecuadas para o caso, segundo as instruccións impartidas.
* Compróbase que o trato dispensado ó asistido se axustou ós criterios e ás normas de atención ó usuario establecidas.
* O persoal asignado para sistemas alternativos de comunicación utiliza o protocolo de comunicación establecido, cumprindo os mínimos requiridos para o entendemento do asistido e deste respecto ó contorno.
* A supervisión permite comproba-lo cumprimento do protocolo de actividade previsto e a toma de decisións para a súa modificación ou adaptación, segundo os criterios establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

2.4.Organiza-lo espacio de residencia habitual do asistido e a asignación de axudas técnicas, optimizando a súa mobilidade e evitándolle riscos e posibles accidentes.* A comprobación da situación do espacio realízase segundo o procedemento establecido.

* A información sobre as deficiencias detectadas nas instalacións e electrodomésticos do domicilio, a partir das normas básicas de prevención de accidentes recibidas, permítelles ós profesionais correspondentes proceder á súa corrección.

* A disposición do mobiliario e elementos básicos realízase asegurando a accesibilidade e bo uso do asistido, respectando os seus gustos decorativos.
* A asignación de ferramentas ou utensilios especiais permite fixa-los exercicios de adaptación e a súa secuencia.
* A determinación das normas de uso para ferramentas ou utensilios especiais realízase atendendo ás características do usuario e ó fin para o que se destinan.
* A comprobación de criterios de utilización de ferramentas ou utensilios especiais realízase segundo o procedemento de avaliación previsto.
* Os sistemas de alarma e telealarma previstos teñen en conta as características do usuario.
* A explicación das normas de uso de alarmas e telealarmas ó usuario permítelle a este o seu uso racional, eficaz e cómodo.
* A subministración e o estado dos materiais necesarios para o uso de sistemas alternativos de comunicación, de se-lo caso, cumpre co establecido.
* A aplicación de modificacións axústase ó procedemento de retroalimentación establecido, permitindo incrementa-la efectividade e a calidade da atención dispensada.

2.5.Instruír e asesora-la unidade de convivencia sobre as responsabilidades e accións que deben asumir, achegando información e adaptándoa ás necesidades e/ou deficiencias detectadas.* A verificación da situación da unidade de convivencia realízase cos instrumentos e o procedemento establecido.

* A información obtida permite determina-las necesidades de formación e información da unidade de convivencia.

* A determinación de actividades e medios necesarios realízase segundo o establecido no programa de intervención.
* A preparación dos medios e materiais de información ten en conta as características e competencia da unidade de convivencia, prevendo as axudas técnicas específicas e os sistemas alternativos de comunicación, que cumprirán as normas e procedementos de uso establecidos.
* A formación capacita os usuarios para a realización das tarefas e as actividades definidas.
* A formación proporciona a motivación e a preparación emocional dos asistidos necesarias para a asunción das responsabilidades e as actitudes que se deben desenvolver.
* A actuación ante situacións de crise cumpre o protocolo establecido e permite a súa resolución efectiva.

2.6.Realiza-la xestión doméstica da unidade de convivencia, segundo o programa establecido.* Os ingresos da unidade de convivencia responden ás vías estipuladas e a súa percepción realízase segundo o procedemento establecido.

RealizaciónsCriterios de realización

* A información ó usuario sobre os recursos económicos á súa disposición permítelle comprende-los procedementos e requisitos de acceso, posibilitando a tramitación da súa solicitude.
* O gasto e os hábitos de consumo da unidade de convivencia responden ás necesidades observadas, detectando deficiencias e erros e procedendo á súa modificación.
* A confección do orzamento da unidade de convivencia ten en conta os recursos dispoñibles e as prioridades detectadas, aplicando os criterios e as normas de consumo básico previstos.
* Os gastos realízanse segundo as partidas e as cantidades asignadas, asegurando a cobertura das necesidades detectadas, as desviacións por imprevistos ou outras circunstancias, e propondo correccións e alternativas.

2.7.Aplica-las técnicas e procedementos de avaliación para valora-lo nivel de satisfacción das necesidades básicas e o desenvolvemento das competencias da unidade de convivencia asignada.* A elaboración dos instrumentos réxese por criterios de facilidade de aplicación, funcionalidade e fiabilidade.

* A aplicación dos instrumentos de avaliación realízase segundo os criterios previstos.

* A aplicación dos instrumentos de avaliación permite recolle-la información de forma adecuada.
* A interpretación da información obtida permite a comprobación de que as capacidades de autonomía e o nivel de benestar adquiridos son os adecuados.
* A comunicación ás persoas implicadas no proceso de avaliación realízase segundo os procedementos previstos.
* Na interpretación da información obtida utilízanse correctamente os instrumentos avaliativos previstos, permitindo a toma de decisións sobre:
-A adecuación das técnicas e actividades desenvolvidas.
-A utilidade das estratexias de intervención aplicadas.
-A adecuación das técnicas e instrumentos de avaliación aplicados.
-A viabilidade e continuidade do proxecto ou actividade.
* A elaboración da información requirida axústase ó procedemento establecido.

Dominio profesional

-Materiais e productos intermedios:

Medios de observación e recollida de datos. Táboas de evolución e control temporal de actividades. Ferramentas informáticas. Documentación de xestión económico-administrativa do domicilio (facturas, comunicacións bancarias, documentación sobre impostos, etc.). Patróns de protocolo de actividades. Axudas técnicas adaptadas á situación de cada asistido (para administración de alimentos, para rutinas domésticas, sinais e sistemas de alarma, etc.). Medios didácticos. Medios para a utilización de sistemas alternativos de comunicación. Xestión doméstica. Definición de protocolos de actuación. Supervisión de actividades de mantemento do fogar. Organización e supervisión das actividades de apoio persoal. Autonomía de unidades de convivencia, na organización da vida cotiá.

-Principais resultados do traballo:

Usuarios coas necesidades básicas cubertas. Usuarios en disposición de organiza-lo seu fogar e a súa vida cotiá. Informes de evolución dos asistidos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos de xestión de recursos humanos. Procedementos de supervisión de procesos de apoio doméstico. Procedementos de xestión doméstica. Métodos de ordenación espacial de domicilios para asistidos con mobilidade limitada, segundo orixe da limitación. Procedementos educativos de traballo en unidades de convivencia. Proceso e técnicas de comunicación.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Informes médicos diversos (dietéticos, patoloxías, etc.). Informes de servicios sociais xerais ou especializados. Plans estratéxicos de empresas prestamistas de servicios. Bibliografía específica. Normas de atención ó usuario.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Unidades de convivencia en situación de marxinación. Persoas con deficiencias de mobilidade funcional (cegos, xordos, anciáns, enfermos, etc.). Servicios xerais de asistencia social. Residencias sectoriais (anciáns, diminuídos, etc.). Servicios e empresas de axuda a domicilio. Equipos multiprofesionais de asistencia social. Organizacións non gobernamentais con programas de atención a unidades de convivencia ou axuda a domicilio.

2.5.3. Unidade de competencia 3: adestra-lo asistido na adquisición de habilidades de autonomía persoal e social:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Dirixir e supervisa-las actividades de prevención de perda e mantemento da mobilidade previstas, aplicando a programación e as normas de seguridade establecidas.* A valoración do estado dos usuarios permite determina-los obxectivos da actividade e facilita a previsión de riscos para eliminar accidentes innecesarios.
* A selección, adecuación e posta a punto dos medios e axudas técnicas lévase a cabo segundo o procedemento e as normas establecidas, realizando as adaptacións oportunas, co fin de se axustar ó usuario de destino.
* A información transmitida ó usuario é clara e precisa, comprobando a plena adquisición polo asistido das mensaxes emitidas.
* Os medios didácticos empréganse segundo o procedemento previsto, realizando as adaptacións que o caso requira.
* A atención dos usuarios realízase de forma individualizada, atendendo os seus requirimentos e resolvendo as dúbidas ou as cuestións que lle sexan expostas.
* En caso de accidentes ou mingua da mobilidade, infórmase segundo o procedemento establecido, indicando a valoración da nova situación do usuario.
* A aplicación dos protocolos de crise cumpre co previsto e respecta as normas de seguridade establecidas, realizando as adaptacións oportunas nas técnicas de auxilio empregadas.

RealizaciónsCriterios de realización

* As actividades en grupo realízanse tendo en conta as súas características e aplicando as técnicas de grupo adecuadas.
* As actividades complementarias cumpren os requisitos establecidos no programa.
* O trato dispensado ós usuarios correspóndese cos criterios de atención establecidos.

3.2.Apoiar e estimula-la comunicación dos usuarios, utilizando, se for preciso, sistemas alternativos de comunicación, posibilitando un nivel de comprensión adecuado ás mensaxes emitidas e favorecendo as relacións do asistido.* Compróbase a adecuación do contexto comunicativo ás necesidades detectadas, permitindo a introducción de medidas correctoras, segundo o programa establecido.

* A observación do contexto do usuario permite comproba-las súas habelencias e hábitos e realiza-los axustes necesarios nos criterios e as actividades previstas.

* Os protocolos de comunicación e atención establecidos deben adaptarse ó observado, optimizando a calidade e a cantidade das comunicacións do usuario.
* O uso de sistemas alternativos de comunicación realízase de acordo coas características do usuario.
* Aténdese o emisor de sistemas alternativos de comunicación co interese e o respecto debidos, apoiándoo na concreción da mensaxe que pretende emitir.
* A transcrición de mensaxes en sistemas alternativos de comunicación cumpre as normas lingüísticas propias do sistema empregado, segundo criterios de claridade, optimización da información e respecto ós desexos e espontaneidade do usuario.
* A información sobre alteracións no uso dos sistemas alternativos de comunicación por parte dos usuarios transmíteselles, segundo o procedemento establecido, ós responsables da súa formación ou adestramento.
* As actitudes e conductas que limiten a comunicación do usuario transmítenselles ós profesionais responsables, indicando claramente os parámetros observados e utilizando o procedemento establecido.
* Compróbase a adecuación, o uso e o estado das axudas técnicas asignadas ó usuario, informando das incidencias detectadas.

3.3.Instruí-los usuarios sobre as habelencias básicas necesarias para a súa autonomía persoal e social, apoiando a organización das súas actividades cotiás e o desenvolvemento das súas relacións sociais segundo o programa previsto e resolvendo as continxencias que se presenten.* A verificación da situación do asistido e da unidade de convivencia realízase cos instrumentos e procedemento establecidos.

* Comunícanse as adaptacións necesarias no programa de intervención para atende-las necesidades do caso.

* A determinación dos horarios para as actividades persoais e o reparto de tarefas cotiás da unidade de convivencia teñen en conta as necesidades e a dispoñibilidade dos seus membros e os recursos do contorno.

* No caso de persoas con problemas de mobilidade, a determinación dos desprazamentos e itinerarios ten en conta a disposición do domicilio e as actividades cotiás do asistido.
* O adestramento capacita os usuarios para a realización das tarefas e actividades definidas.
* O adestramento proporciona a motivación e a preparación emocional dos asistidos necesarias para a realización das tarefas e actividades previstas.
* Nas actividades en grupo, a atención é individualizada, garantindo o cumprimento dos logros definidos para cada caso.

RealizaciónsCriterios de realización

* As actividades en grupo realízanse tendo en conta a súa estructura e aplicando as técnicas de grupo adecuadas.
* As actividades e o uso dos medios didácticos empregados axústanse ó establecido na programación de intervención, de forma que se permita optimiza-lo seu rendemento para a consecución dos niveis de autonomía previstos.
* Realízase o uso de axudas técnicas e sistemas alternativos de comunicación segundo criterios establecidos, realizando as adaptacións oportunas para optimiza-las súas prestacións.
* As actividades de acompañamento realizadas cumpren as instruccións emitidas, resolvendo as continxencias acaecidas.
* A actuación ante situacións de crise cumpre o protocolo establecido e permite a súa resolución efectiva.

3.4.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene establecido, levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de urxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e lexislación vixentes.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse os equipos e medios de seguridade máis adecuados para cada actuación, sendo correctos o seu uso e coidado.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno de traballo e tómanse as medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.
* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións e dos casos perigosos observados.
* En casos de urxencia:
-Prodúcese a evacuación do edificio ou lugar de traballo de acordo cos procedementos establecidos no plan de evacuación.
-Aplícase e adáptase o protocolo de actuación ante crise dos usuarios segundo necesidades de inmediatez.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

3.5.Aplica-las técnicas e procedementos de avaliación para valora-los logros obtidos no desenvolvemento das habilidades de autonomía no caso asignado.* A elaboración dos instrumentos réxese por criterios de facilidade de aplicación, funcionalidade e fiabilidade.

* A aplicación dos instrumentos de avaliación realízase segundo os criterios previstos.

* A aplicación dos instrumentos de avaliación permite recolle-la información de forma adecuada, co fin de valorar correctamente os logros obtidos.
* A interpretación da información obtida permite a comprobación de que as capacidades de autonomía e o nivel de benestar adquiridos son os adecuados.
* A comunicación ás persoas implicadas no proceso de avaliación realízase segundo os procedementos previstos.
* Na interpretación da información obtida utilízanse correctamente os instrumentos avaliativos previstos, permitindo a toma de decisións sobre:
-A adecuación das técnicas e actividades desenvolvidas.
-A utilidade das estratexias de intervención aplicadas.

RealizaciónsCriterios de realización

-A adecuación das técnicas e instrumentos de avaliación aplicados.
-A viabilidade e continuidade do proxecto ou actividade.
* A elaboración da información requirida axústase ó procedemento establecido.

Dominio profesional

-Materiais e productos intermedios:

Material de recollida de información (escalas de observación, protocolos de rexistro, cuestionarios, etc.). Material de comunicación da información (libros de incidencias, libros de actas, informes diversos, etc.). Material de arquivo de información (historial social, clínico e psicopedagóxico do usuario). Materiais didácticos e de pretaller. Material específico de acceso (cibernético, protético, informático, pictográfico, etc.). Desenvolvemento de actividades de adestramento de habilidades de autonomía. Desenvolvemento no asistido das habilidades de autonomía persoal e social adecuadas ó caso.

-Principais resultados do traballo:

Usuarios coas súas habilidades de autonomía persoal e social adquiridas, segundo o nivel de autonomía.

-Procesos, métodos e procedementos:

Programación de actividades. Técnicas de investigación-acción aplicadas. Técnicas de orientación e mobilidade. Procedementos de ensinanza-aprendizaxe de habilidades sociais. Métodos e técnicas de modificación de conducta. Técnicas de observación. Procedementos de análise da conducta. Avaliación de intervencións.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Lexislación sobre seguridade e hixiene. Informes previos dos asistidos. Escalas de valoración de evolución, segundo o tipo de actividade. Documentación educativa. Táboas de actividades de mobilidade funcional. Bibliografía específica. Normas de atención ó usuario.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Persoas con problemas de mobilidade funcional (anciáns, diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais). Usuarios de servicios de inserción e atención (residencias asistidas, centros de acollida, etc.). Centros residenciais de atención á terceira idade, diminuídos e tratamento psiquiátrico. Diversos profesionais de intervención (psicólogos, psiquiatras, asistentes sociais, educadores sociais, etc.), ben superiores xerárquicos, ben compoñentes de equipos multiprofesionais. Organizacións non gobernamentais.

2.5.4. Unidade de competencia 4: supervisa-las actividades de inserción ocupacional:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Determina-las liñas de actuación para a comprobación da situación ocupacional do asistido, a partir dos indicadores e os medios establecidos no plan de avaliación.* A identificación do carácter da actividade de observación realízase a partir do tipo de actividade desenvolvida polo asistido, determinando a información que é preciso obter sobre as normas que se aplican no sector.
* Identifícanse, se existen, actividades de observación anteriores, valorando a súa vixencia para a situación actual do caso.

RealizaciónsCriterios de realización

* A confección, de se-lo caso, do protocolo da actividade de observación asegura a obtención dos logros previstos, debendo sinalar:
-Parámetros de información requiridos.
-Medios e material necesario.
-Estratexias, actuacións e calendario.
-Canles e procedementos de comunicación cos responsables da entidade.

4.2.Comprobar sobre o terreo, mediante os recursos establecidos, a adecuación das actividades e dos medios de inserción ó caso asignado, en colaboración cos responsables da entidade de inserción.* Cando se trata de visitas ós centros de ocupación, o asistente debe identificarse e explicarlle ó responsable a súa responsabilidade fronte ó asistido e os motivos da visita.

* A actitude que se debe manter respectará as normas internas da institución visitada, manténdose correcto e seguro no desenvolvemento da actividade.

* A observación das relacións e actitudes mantidas polo asistido no seu centro ocupacional permite valora-la súa incidencia no contorno laboral ou escolar, determinando a adecuación das competencias e das características do asistido ó programa ou posto de inserción e definindo as accións que se deben emprender.
* A provisión dos medios necesarios para o desenvolvemento da actividade, así como as adaptacións neles e nos espacios de actividade, cumpren os criterios establecidos, permitindo unha correcta adecuación do usuario ás actividades desenvolvidas.
* O cumprimento das normas de atención ó asistido por parte dos responsables da entidade axústase ás recomendacións transmitidas.
* A recepción da información xerada pola entidade sobre o asistido realízase segundo o procedemento establecido.
* En caso de talleres e centros ocupacionais, verificarase, ademais:
-O cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos dos espacios asignados.
-O momento ou nivel de desenvolvemento da actividade, segundo instruccións e información recollida.
* A información elaborada para os responsables do programa de intervención permite que poidan emprenderse accións correctoras.

4.3.Instruír e asesora-lo asistido ou os seus titores ou familiares sobre as responsabilidades e accións que se deben desenvolver no seu contorno ocupacional, así como sobre as xestións ou requisitos necesarios para o desenvolvemento da súa inserción ocupacional, achegando información e adaptándoa ás necesidades e/ou deficiencias detectadas.* A verificación da situación do asistido e da unidade de convivencia realízase cos instrumentos e procedementos establecidos.

* A información obtida permite determina-las necesidades de instrucción do asistido.

* A determinación das actividades e dos medios necesarios realízase segundo o establecido no programa de intervención.

* A preparación dos medios e materiais de información ten en conta as características e competencia do asistido, prevendo as axudas técnicas específicas e os sistemas alternativos de comunicación, que cumprirán as normas e procedementos de uso establecidos.
* A formación capacita os usuarios para a realización das tarefas e actividades definidas.
* A formación consegue que os usuarios fagan unha perfecta interpretación das habilidades e os comportamentos que se lles requiren, individualizando as instruccións e recomendacións.

RealizaciónsCriterios de realización

* A formación proporciona a motivación e a preparación emocional dos asistidos necesarias para a realización das tarefas e actividades que deben desenvolver.
* As actividades de acompañamento realizadas cumpren as instruccións emitidas, resolvendo as continxencias presentadas.
* A actuación ante situacións de crise cumpre o protocolo establecido e permite a súa resolución efectiva.

4.4.Aplica-las técnicas e procedementos de avaliación para valora-lo nivel de inserción ocupacional obtido no caso asignado.* A elaboración dos instrumentos rexerase por criterios de facilidade de aplicación, funcionalidade e fiabilidade.
* A aplicación dos instrumentos de avaliación realízase segundo os criterios previstos.
* A aplicación dos instrumentos de avaliación permite recolle-la información de forma adecuada, co fin de valorar correctamente os logros obtidos.
* A interpretación da información obtida permite a comprobación de que as capacidades de autonomía e o nivel de benestar adquiridos son os adecuados.
* A comunicación ás persoas implicadas no proceso de avaliación realízase segundo os procedementos previstos.
* Na interpretación da información obtida utilízanse correctamente os instrumentos avaliativos previstos, permitindo a toma de decisións sobre:
-A adecuación das técnicas e actividades desenvolvidas.
-A utilidade das estratexias de intervención aplicadas.
-A adecuación das técnicas e instrumentos de avaliación aplicados.
-A viabilidade e continuidade do proxecto ou actividade.
* A elaboración da información requirida axústase ó procedemento establecido.

Dominio profesional

-Materiais e productos intermedios:

Material de recollida de información (escalas de observación, protocolos de rexistro, cuestionarios, etc.). Material de comunicación da información. Material de arquivo da información (historial sociolaboral, psicosocial, etc.). Desenvolvemento de actividades de supervisión. Desenvolvemento de actividades formativas. Desenvolvemento non asistido das habilidades de inserción ocupacional adecuada ó contexto.

-Principais resultados do traballo:

Inserción ocupacional do asistido. Relacións laborais adecuadas. Informes de evolución do asistido.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos de inspección e observación, aplicados ó ámbito sociolaboral e educativo. Metodoloxía de aprendizaxe e avaliación conductual aplicadas. Técnicas de estudio.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Informes sociolaborais e de programas de integración laboral. Lexislación administrativa laboral

(nóminas, informes de traballo, etc.). Documentación de aprendizaxe (busca de emprego, normas de comportamento no ámbito laboral, habilidades sociais que hai que desenvolver, etc). Documentación escolar (boletíns, informes psicopedagóxicos, etc.). Bibliografía específica.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Entidades privadas e organismos públicos de inserción laboral. Diversos profesionais, superiores xerárquicos ou membros de equipos multiprofesionais (psicólogos, terapeutas ocupacionais, etc.). Diminuídos, persoas en situación de marxinación social, comunidades terapéuticas, integrados en programas de inserción laboral. Menores en situación de inadaptación, en ámbitos familiares ou residenciais.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Os cambios da estructura familiar na sociedade occidental fan que determinadas funcións que antes eran realizadas pola familia teñan que ser asumidas pola Administración ou por empresas de servicio.

A maioría dos postos de traballo deste sector ou ben dependen da Administración pública ou ben están subvencionados por ela. Aínda que progresivamente se irá incrementando o volume de servicios asumidos pola iniciativa privada, no medio prazo a dependencia dos orzamentos e políticas dos organismos públicos aparece como determinante.

Prevese unha maior presencia de empresas de servicios sociais requiridas por contratación ou subcontratación de programas ou actividades, destinadas tanto ó sector privado como ó público. Estes servicios incluiranse nas ofertas de grandes empresas que prestan servicios de natureza distinta ós sociais (seguridade, limpeza viaria, etc.).

A Lei de fundacións pode incrementa-lo número de entidades sen ánimo de lucro que presten servicios sociais.

A achega de fondos europeos (Horizont, Now, etc.) de diverso tipo para financiar programas de intervención social facilita o incremento dos postos de traballo.

O incremento da competencia entre empresas de servicios obrigará a unha continua posta ó día sobre necesidades e actividades de intervención, así como sobre a avaliación das técnicas e da calidade dos programas e actividades prestados.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Tenderase a unha maior presencia de profesionais nos sectores xeriátrico e de inmigración, debido ó incremento destes sectores de poboación na sociedade española e europea.

A aparición de empresas de maior volume e complexidade organizativa obrigará o profesional a ter

maior capacidade de encadramento nos organigramas funcionais desa magnitude.

O incremento dos programas integrais nos que participan os distintos sistemas de protección social (saúde, ensino, servicios sociais, emprego) esixiralles ós profesionais unha maior capacidade de análise e relación coas actividades e programas de sectores afíns.

O incremento do número de voluntarios que participan en programas sociais derivará na necesidade dunha maior actividade de organización e supervisión por parte dos profesionais das tarefas e actividades levadas a cabo polo voluntariado.

2.6.3. Cambios na formación:

A formación do técnico en estratexias de intervención debe enfocarse a conseguir unha concepción global de intervención e conciencia permanente de actualización profesional, tendo en conta o cambiante das necesidades sociais e das estructuras destinadas a satisfacelas.

O incremento dos programas integrais e os cambios nos programas prioritarios ofertados pola Administración pública levan aparellada unha integración de coñecementos sobre técnicas de intervención aplicables a distintos sectores de poboación.

A esixencia de maior presencia das persoas e grupos ós que destina a súa actividade e o incremento dos sectores sociais afectados esixirá un maior dominio das técnicas de recollida e análise de información social.

A aparición de empresas privadas e a necesidade de optimiza-los recursos públicos incidirá nunha maior necesidade de demostra-la efectividade da intervención, o que levará aparellado un incremento dos coñecementos sobre métodos e procedementos de avaliación.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Este técnico exercerá o seu traballo no sector da intervención social (servicios sociais).

En xeral, poderá integrarse en calquera estructura ou organización empresarial ou pública, que teña como obxecto o desenvolvemento de programas de intervención social. En concreto, poderá ser contratado por:

* Administracións públicas, fundamentalmente municipais (concellerías de servicios sociais, concellerías de benestar social, etc.) ou autonómicas (consellerías con competencias no sector ou institutos encargados da xestión de servicios sociais).

* Entidades privadas, tanto con ánimo de lucro como sen el (ONG, asociacións, fundacións, etc.). Tanto nun caso coma noutro, estas entidades poden ofrece-los seus servicios directamente ó usuario ou xestionar servicios ou programas de titularidade pública.

Especificamente, poderá exerce-las súas funcións ben por contrato laboral directo ou ben por contratación para programas específicos, nos seguintes centros ou equipamentos:

* Centros de servicios sociais.

* Residencias destinadas á atención de distintos colectivos (terceira idade, minusválidos físicos e psíquicos, enfermos mentais, etc.).

* Centros de acollida (mulleres, menores, marxinados sen fogar, etc.).

* Outros centros residenciais (vivendas tuteladas, pisos compartidos, minirresidencias, comunidades terapéuticas, etc.).

* Centros de ensino regrado.

* Centros de inserción ocupacional e profesional.

* Servicios de axuda no domicilio, especialmente cando inclúan programas de prevención ou inserción social.

En xeral, o seu traballo integrarase en equipos multiprofesionais de atención social, xunto a profesionais de nivel superior.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

O técnico superior en integración social sitúase, fundamentalmente, nas funcións de programación, organización e avaliación de intervencións de integración social e execución das actuacións que impliquen adestramento de habilidades nos usuarios.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos están ligados directamente a:

* Métodos e procedementos de programación e avaliación de intervencións sociais.

* Psicoloxía da aprendizaxe e técnicas de análise conductual e modificación de conducta.

* Técnicas de rexistro de información e análise de datos relacionados coa integración social.

* Metodoloxía e estratexias de intervención social.

* Procedementos e recursos para actividades de asesoramento e adestramento.

* Habilidades sociais.

* Proceso de marxinación e integración social.

* Técnicas de intervención en situacións de urxencia.

* Organización de recursos humanos.

* Axudas técnicas.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

As ocupacións ou postos máis relevantes que poderían ser desempeñados, adquirindo as competencias profesionais definidas no perfil do título, poden recibir denominacións moi diferentes, dependendo do tipo de empresa ou de Administración pública en que desenvolve o seu traballo.

Por outra parte, esta figura profesional pode desenvolver ocupacións non especificadas claramente na actualidade, especialmente con carácter de mando intermedio.

A título de exemplo, e especialmente con fins de orientación profesional, enuméranse a continuación algúns nomes posibles das diferentes ocupacións:

* Técnico de programas de axuda no domicilio.

* Técnico de programas de prevención e inserción social.

* Técnicos de inserción ocupacional.

* Educador de equipamentos residenciais de diverso tipo.

* Educadores de discapacitados (físicos, psíquicos e sensoriais).

* Traballador familiar.

* Técnico de mobilidade básica.

Posibles especializacións:

A posible especialización xorde do incremento dos sectores ós que se atende, significativamente na realidade galega, da poboación de terceira idade e poboación inmigrante, polo que, ó se incorporar ó mundo productivo, require un período de adaptación/formación no posto de traballo para adquirir esa especialización.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo das diferentes modalidades de atención e intervención social.

* Coñece-las características, contextos e sectores de intervención no ámbito da integración social.

* Adquirir coñecementos teórico-prácticos para valora-las necesidades individuais e avalia-los contextos de intervención.

* Dispor dos recursos necesarios e das técnicas e procedementos asociados que se poidan empregar na planificación e o desenvolvemento de programas de integración social.

* Favorecer e potencia-la comunicación dos usuarios, utilizando os recursos e sistemas comunicativos adecuados a cada caso.

* Mostrar habilidades de comunicación e relación social cos usuarios e os profesionais do equipo.

* Valora-los procesos de intervención, xerando iniciativas que permitan a mellora dos procesos en que interveñen e a resolución de continxencias.

* Valora-la importancia da motivación e dispor da capacidade de xerala nos usuarios e na súa propia intervención.

* Ter unha actitude favorable á continua reciclaxe profesional, para completar e actualiza-la súa formación inicial.

* Reflexionar sobre a súa intervención, mantendo unha actitude crítica e investigadora, entendendo que a reformulación da súa actividade é a vía óptima para a súa mellora profesional.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: contexto e metodoloxía da intervención social:

Asociado á unidade de competencia 1: programar, organizar e avalia-las intervencións en integración social.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-lo ámbito e modalidades de intervención social, valorando as súas características específicas.

* Analiza-la evolución nos conceptos e teorías sobre a integración e a marxinación social e a súa influencia no desenvolvemento dos programas de intervención.

* Analiza-los antecedentes, evolución, situación actual e perspectivas de futuro da intervención en Galicia, España e outros países.

* Identifica-las características e necesidades dos diferentes colectivos de usuarios valorando a súa diversidade.

* Analiza-las características, elementos e sistemas organizativos de diferentes programas de integración social a nivel local, autonómico, estatal e internacional, aplicados a diversos contextos.

* Identifica-los referentes administrativos, xurídicos e competenciais da intervención social na actualidade.

* Valora-lo proceso de avaliación como un elemento fundamental nos proxectos de intervención en integración social.

* Obter información dos casos asignados a partir de diferentes tipos de informes.

* Identifica-la principais fontes e técnicas de obtención de información no ámbito da integración social.

* Seleccionar estratexias e técnicas de obtención e rexistro de información para a súa aplicación na intervención social.

* Elaborar programas de intervención en integración social para contextos e ámbitos diversos.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

A intervención social:

* Análise dos factores que influíron na aparición e evolución da intervención social.

* Busca, colleita e clasificación de información referida ó marco xurídico e administrativo da intervención social.

* Análise comparativa dos diferentes modelos teóricos de intervención social.

A intervención no ámbito da integración social:

* Comparación entre as diferentes achegas teóricas sobre os procesos de integración e marxinación social.

* Colleita de datos sobre a situación actual da integración social no noso contorno.

Sectores e ámbitos de intervención na integración social:

* Identificación dos diferentes sectores da integración social.

* Análise das variables relevantes.

* Busca de información dos diferentes contextos.

* Identificación das necesidades específicas de cada colectivo.

O técnico en integración social:

* Identificación das funcións do técnico en integración social.

* Aplicación de estratexias e técnicas de traballo en grupo.

Instrumentos de obtención de información en integración social:

* Deseño e aplicación de protocolos de rexistro para as observacións.

* Aplicación práctica de cuestionarios.

* Preparación de diferentes tipos de entrevistas.

* Utilización de medios audiovisuais na obtención e rexistro das informacións.

* Planificación e realización de reunións.

* Análise comprensiva de informes de diversas fontes.

Programación de intervencións sociais:

* Deseño de programas de intervención social.

* Comparación de diversas estratexias para a elaboración de proxectos de intervención.

Avaliación de intervencións sociais:

* Planificación da avaliación de programas de integración social.

* Obtención, tratamento e procesamento da información.

* Organización da documentación da avaliación.

* Elaboración de informes.

Contidos conceptuais

A intervención social:

* Conceptos e ámbito da intervención social.

* Historia da intervención social.

* Marco administrativo, lexislativo e competencial da intervención social.

* Modelos teóricos de intervención social.

* Modalidades de atención en intervención social.

A intervención no ámbito da integración social:

* Conceptos e teorías sobre os procesos de integración e marxinación social.

* Aspectos históricos da intervención en integración social.

* Situación actual da integración social en Galicia, España e outros países do seu contorno.

* Perspectivas de futuro.

Sectores e ámbitos de intervención na integración social:

* Colectivos usuarios da integración social:

-Terceira idade.

-Familia e menores.

-Inmigración.

-Discapacitados.

-Outros colectivos.

* Aspectos psicosociais dos diferentes colectivos.

* Variables físicas e sanitarias máis relevantes nos sectores de intervención.

* Necesidades específicas dos diferentes colectivos.

* Contextos e sistemas organizativos na intervención deste técnico.

* Sistemas e modelos de intervención.

O técnico en integración social:

* Perfil profesional do técnico en integración social.

* Funcións do técnico en integración social.

* Necesidade de colaboración e comunicación co contorno.

Instrumentos de obtención de información en integración social:

* Instrumentos básicos para a obtención da información:

-A observación.

-Os cuestionarios.

-A entrevista.

-As reunións de grupo.

-Análise de documentos.

-Informes.

* Axudas técnicas na obtención da información.

* Diferentes aplicacións dos instrumentos.

Programación de intervencións sociais:

* Fundamentos da programación.

* Fases do proceso de planificación.

* Elementos da programación.

* Técnicas da programación.

* Técnicas de definición de tempos.

* Organización e xestión dos recursos.

Avaliación de intervencións sociais:

* Conceptos e necesidade da avaliación de programas.

* Bases teóricas da avaliación de programas.

* Métodos e deseño da avaliación.

* O proceso de avaliación.

* Técnicas e instrumentos de avaliación.

* A organización dos recursos e actividades de avaliación.

* O tratamento e organización da información na avaliación.

Contidos actitudinais

A intervención social:

* Preocupación polo coñecemento das achegas históricas e innovacións na intervención social.

* Interese polo campo da intervención social.

* Actitude positiva cara ás actividades desenvolvidas para o coñecemento da situación actual da intervención social.

A intervención no ámbito da integración social:

* Curiosidade e interese por coñece-la situación actual da integración social.

* Sensibilidade cara á problemática relativa á integración e marxinación social.

Sectores e ámbitos de intervención na integración social:

* Curiosidade, respecto e valoración polos diferentes colectivos usuarios da integración social.

* Sensibilidade ante as necesidades específicas dos diferentes colectivos.

* Conciencia da importancia de elaborar propostas axeitadas ós distintos usuarios da integración social.

O técnico en integración social:

* Toma de conciencia das características do perfil profesional do técnico superior en integración social.

* Valoración das súas funcións e da importancia dunha actualización profesional permanente.

* Interese polas relacións humanas.

* Toma de conciencia do seu papel como membro dun equipo de traballo.

Instrumentos de obtención de información en integración social:

* Toma de conciencia da importancia que ten a fase de obtención de información.

* Actitude aberta cara ó uso de distintos instrumentos e técnicas para a obtención de información.

* Valoración do carácter confidencial dos datos obtidos.

* Respecto polas características particulares de cada persoa.

Programación de intervencións sociais:

* Interese pola programación como medida para racionalizar e controla-la intervención.

* Valoración da importancia da boa organización da documentación da intervención.

* Toma de conciencia da necesidade de planificación das intervencións sociais.

Avaliación de intervencións sociais:

* Toma de conciencia da necesidade da avaliación inicial como primeira fase do proceso de intervención.

* Valoración da importancia da avaliación continua dos procesos de intervención social como fonte de retroalimentación.

* Sensibilidade ante as consecuencias que pode produci-lo proceso avaliador.

3.2.2. Módulo profesional 2: atención a unidades de convivencia:

Asociado á unidade de competencia 2: organizar e supervisa-las actividades de atención a unidades de convivencia.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los antecedentes e a evolución histórica da atención en unidades de convivencia.

* Describi-las características da intervención das unidades de convivencia en relación coa actuación do técnico.

* Expresar de forma comprensiva a intervención no ámbito das unidades de convivencia.

* Selecciona-las técnicas e recursos metodolóxicos adecuados para a intervención nas unidades de convivencia.

* Analiza-los factores relacionados coa saúde no marco das unidades de convivencia.

* Identifica-las posibles carencias da vida cotiá nas unidades de convivencia para determina-los recursos ante as distintas necesidades detectadas.

* Interpretar adecuadamente a lexislación que regula a intervención nos distintos ámbitos das unidades de convivencia.

* Selecciona-los medios de seguridade máis axeitados ante situacións de risco para a saúde segundo a normativa vixente.

* Asigna-las axudas técnicas necesarias para incrementa-la efectividade e calidade da atención dispensada.

* Definir criterios para a planificación do tempo nas unidades de convivencia.

* Organiza-lo espacio seguindo criterios de accesibilidade e de uso, evitando riscos e posibles accidentes.

* Seleccionar, elaborar e aplicar protocolos de actuación nas distintas unidades de convivencia.

* Identifica-las principais institucións e organismos que achegan recursos para a formación permanente do técnico en integración social.

* Elaborar proxectos de intervención en unidades de convivencia.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Unidades de convivencia:

* Busca, selección e análise de documentación lexislativa relacionada coas unidades de convivencia.

* Investigación e análise dos factores implicados na evolución histórica das unidades de convivencia.

* Análise dos distintos sectores e ámbitos de intervención, detectando a oferta existente na zona.

* Análise comparativa das dinámicas específicas dos programas de atención nos diferentes ámbitos.

O proceso de intervención en unidades de convivencia:

* Análise dos factores implicados na intervención en unidades de convivencia.

* Clasificación das unidades de convivencia en función das características dos usuarios.

* Identificación da dinámica propia de cada unidade de convivencia.

* Identificación das funcións do técnico nas unidades de convivencia.

* Selección de estratexias de coordinación e supervisión.

Recursos para a intervención en unidades de convivencia:

* Planificación e deseño de protocolos para a xestión doméstica e domiciliaria.

* Detección de riscos para a seguridade dos usuarios.

* Selección das axudas técnicas axeitadas ás características individuais dos usuarios.

Saúde e enfermidade:

* Selección de estratexias para a atención sanitaria dos diferentes usuarios.

* Planificación e deseño de protocolos para o control sanitario e de medicación dos usuarios.

A relación persoal nas unidades de convivencia:

* Identificación da dinámica convivencial en diferentes grupos.

* Identificación dos aspectos dos usuarios que requiren un apoio persoal.

* Análise e selección de estratexias de apoio social ós usuarios.

* Planificación de estratexias de dinámica de grupos en función das características dos usuarios.

Alimentación e saúde:

* Elaboración de dietas para diferentes usuarios.

* Planificación e deseño de protocolos para o control da alimentación dos usuarios.

Desenvolvemento de proxectos de intervención en unidades de convivencia:

* Elaboración de proxectos de intervención en unidades de convivencia.

Contidos conceptuais

Unidades de convivencia:

* Conceptos fundamentais. Finalidade e papel social das unidades de convivencia.

* Historia e evolución.

* Sectores e ámbito de intervención:

-Programas de carácter asistencial.

-Programas de carácter compensatorio.

-Centros residenciais.

-A atención no ámbito rural.

* Situación actual das unidades de convivencia en Galicia, España e países do noso contorno.

* Marco xurídico das unidades de convivencia.

O proceso de intervención en unidades de convivencia:

* A intervención nas unidades de convivencia. Factores implicados.

* Tipoloxía e dinámica das unidades de convivencia.

* A intervención nas unidades de convivencia en función das características dos usuarios.

* Os protocolos como recursos para a intervención.

* O papel do técnico.

* A coordinación con outros profesionais e supervisión do persoal auxiliar.

Recursos para a intervención en unidades de convivencia:

* Xestión doméstica e domiciliaria:

-Consumo familiar: necesidades e xestión do orzamento.

-Organización e mantemento das unidades de convivencia.

* Axudas técnicas.

* Seguridade e prevención de accidentes.

Saúde e enfermidade:

* A atención sanitaria ós usuarios nas unidades de convivencia.

* O control de medicación.

A relación persoal nas unidades de convivencia:

* Modelos de convivencia.

* As relacións persoais nas diferentes unidades de convivencia. Características.

* Apoio persoal:

-Coidados básicos e hixiene persoal.

-Acompañamento e desprazamentos.

-Ocupación do tempo libre.

* Apoio social. Comunicación.

* Dinámica de grupos.

Alimentación e saúde:

* Alimentación, nutrición e dietética.

* Preparación e manipulación de alimentos.

* Confección de dietas.

* Promoción de hábitos alimenticios saudables.

* Protocolos de alimentación.

Desenvolvemento de proxectos de intervención en unidades de convivencia:

* Metodoloxía da programación aplicada á intervención en unidades de convivencia: procesos e instrumentos específicos.

* A organización do espacio nas diferentes unidades de convivencia.

* A planificación do tempo nas unidades de convivencia.

* Organización e xestión de recursos humanos e materiais.

* Técnicas e procedementos de avaliación da intervención nas unidades de convivencia.

Contidos actitudinais

Unidades de convivencia:

* Toma de conciencia sobre a importancia social das unidades de convivencia.

* Sensibilidade cara á situación actual das unidades de convivencia.

* Interese por coñecer diferentes propostas organizativas para as unidades de convivencia e polas innovacións neste ámbito.

O proceso de intervención en unidades de convivencia:

* Valora-la importancia do técnico na intervención en unidades de convivencia.

* Aprecia-la necesidade de colaboración con outros profesionais.

Recursos para a intervención en unidades de convivencia:

* Toma de conciencia da importancia de controla-los factores de risco para preserva-la integridade física dos usuarios.

Saúde e enfermidade:

* Valoración da saúde como recurso fundamental para o desenvolvemento das persoas.

* Interese polo fomento de hábitos saudables nos usuarios.

A relación persoal nas unidades de convivencia:

* Valoración do papel das relacións persoais no funcionamento das unidades de convivencia.

* Toma de conciencia da importancia do apoio social e persoal para a mellora da calidade de vida dos usuarios nas unidades de convivencia.

Alimentación e saúde:

* Valoración da importancia duns hábitos alimenticios correctos para a promoción e o mantemento da saúde.

Desenvolvemento de proxectos de intervención en unidades de convivencia:

* Toma de conciencia da importancia da planificación para unha intervención adaptada a cada unidade de convivencia.

* Valoración da importancia da avaliación como estratexia para a detección de deficiencias na intervención e a modificación dos aspectos implicados.

3.2.3. Módulo profesional 3: habilidades de autonomía persoal e social:

Asociado á unidade de competencia 3: adestra-lo asistido na adquisición de habilidades de autonomía persoal e social.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los elementos fundamentais das habilidades de autonomía dos diferentes colectivos relacionándoos cos aspectos xerais de inserción social.

* Analiza-los factores que interveñen na adquisición de habilidades de autonomía.

* Identifica-las carencias e alteracións máis frecuentes no ámbito das competencias básicas dos diferentes colectivos obxecto de intervención.

* Establece-los niveis de autonomía persoal e social dos asistidos empregando as fontes de información, criterios e instrumentos axeitados.

* Analiza-los elementos e características das diversas técnicas de intervención para a aprendizaxe de habilidades de autonomía.

* Establece-los procedementos básicos de aplicación das diferentes técnicas de adestramento das competencias básicas.

* Seleccionar técnicas e estratexias de adestramento de hábitos atendendo ás características do asistido e do contexto de intervención.

* Desenvolver proxectos de intervención para a adquisición de habilidades de autonomía persoal e social aplicando os elementos xerais da programación.

Contidos (duración 190 horas)

Contidos procedementais

As necesidades de autonomía persoal e social:

* Identificación das principais carencias e alteracións dos usuarios dos programas de habilidades de autonomía persoal e social.

* Análise das repercusións das necesidades en autonomía persoal e social na vida cotiá dos usuarios.

* Identificación das funcións do técnico en integración social na adquisición das competencias básicas dos usuarios.

Fundamentos de psicoloxía da aprendizaxe:

* Análise e valoración dos distintos modelos explicativos da aprendizaxe.

* Identificación dos elementos básicos das diferentes estratexias de aprendizaxe.

* Comparación entre as diferentes técnicas de aprendizaxe.

Análise e modificación da conducta:

* Identificación dos compoñentes da conducta.

* Análise comparativa dos diferentes métodos e técnicas de modificación de conducta.

* Selección e/ou elaboración de instrumentos de avaliación conductual.

* Deseño de protocolos de modificación de conducta adaptados ás necesidades individuais.

Habilidades de autonomía persoal:

* Identificación das necesidades educativas dos colectivos específicos.

* Planificación de intervencións en atención a distintos tipos de usuarios.

* Aplicación das técnicas específicas de intervención para o logro da autonomía persoal nos distintos colectivos.

Habilidades de autonomía social:

* Identificación das necesidades de autonomía social dos diferentes colectivos.

* Planificación de intervencións en atención a distintos tipos de usuarios.

* Aplicación das técnicas específicas de intervención para o logro da autonomía social nos distintos colectivos.

O proceso de intervención sobre as competencias básicas:

* Identificación das funcións deste técnico no desenvolvemento de competencias básicas.

* Análise das diferentes fases do proceso de intervención.

* Observación do contexto do usuario para a elaboración de protocolos de intervención.

* Selección e adecuación das axudas técnicas axeitadas para a adquisición das competencias básicas.

* Deseño de protocolos para cada unha das fases do proceso de intervención.

Desenvolvemento de proxectos de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social:

* Elaboración de programas de adestramento en habilidades seguindo diferentes enfoques metodolóxicos.

* Selección e organización dos recursos necesarios para o funcionamento do proxecto.

* Adaptación e aplicación de instrumentos de avaliación adaptados ó proxecto.

Contidos conceptuais

As necesidades de autonomía persoal e social:

* Minusvalidez física.

* Minusvalidez psíquica.

* Minusvalidez sensorial.

* Privación social e cultural.

* O papel das habilidades de autonomía persoal e social na inserción social.

* O papel do técnico de integración social.

Fundamentos de psicoloxía da aprendizaxe:

* Comportamento e aprendizaxe.

* Condicionamento clásico e operante.

* Aprendizaxe social.

* Estímulo e programas de reforzamento.

Análise e modificación da conducta:

* Compoñentes e determinantes da conducta.

* Conducta e discapacidade.

* Análise e modificación de conducta. Concepto e modelos teóricos.

* Instrumentos de avaliación conductual.

* Métodos e técnicas de modificación de conducta.

Habilidades de autonomía persoal:

* Mobilidade e autonomía persoal:

-Habilidades de autocoidado.

-Habilidades de organización da vida cotiá.

-Mobilidade na vivenda e no exterior.

* Factores implicados na adquisición de hábitos básicos de autonomía persoal.

* Nivel de autonomía: criterios e instrumentos de avaliación.

* Desenvolvemento das competencias básicas de autonomía persoal. Técnicas específicas de intervención:

-Aplicacións en anciáns.

-Aplicacións en discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais.

-Aplicacións noutros colectivos.

* Prevención da perda de mobilidade e autonomía.

Habilidades de autonomía social:

* Interacción, rol e habilidade social. Asertividade. Control da agresión.

* Modelos explicativos.

* Factores implicados na adquisición de habilidades sociais.

* Avaliación de habilidades sociais: técnicas e instrumentos.

* Desenvolvemento de habilidades sociais. Aspectos formativos:

-Programa básico.

-Relacións interpersoais.

-Aserción.

-Control da agresión.

-Pautas culturais.

O proceso de intervención sobre as competencias básicas:

* Prevención.

* Detección e diagnóstico.

* Asesoramento.

* Rehabilitación.

* Axudas técnicas.

* Recursos humanos.

* Normalización e integración.

* Protocolos de intervención.

Desenvolvemento de proxectos de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social:

* Metodoloxía da programación aplicada ós proxectos de adestramento nas competencias básicas:

-Procesos e instrumentos específicos.

* Características específicas dos programas segundo o sector de intervención.

* Organización de recursos. Axudas técnicas e adaptacións.

* Técnicas e procedementos de avaliación específicos.

Contidos actitudinais

As necesidades de autonomía persoal e social:

* Respecto polas diferencias individuais.

* Valoración da importancia das habilidades de autonomía persoal e social na inserción social dos usuarios.

* Toma de conciencia sobre o papel do técnico en integración social.

Fundamentos de psicoloxía da aprendizaxe:

* Apreciación da importancia dos diferentes programas de reforzamento como resposta a diversas situacións persoais e sociais.

Análise e modificación da conducta:

* Toma de conciencia da utilidade das técnicas de modificación de conducta nos individuos con discapacidades.

* Actitude aberta cara ó uso de diversas técnicas e estratexias de modificación conductual.

* Interese pola correcta aplicación das técnicas de modificación de conducta.

Habilidades de autonomía persoal:

* Sensibilidade ante as necesidades de orientación e mobilidade de determinados colectivos.

* Curiosidade e interese por coñecer e aplicar correctamente as técnicas adecuadas para o desenvolvemento da autonomía persoal.

Habilidades de autonomía social:

* Toma de conciencia da importancia das habilidades sociais na vida cotiá das persoas.

* Interese polas necesidades de autonomía social que presentan certas persoas.

* Curiosidade e interese por coñecer e aplicar correctamente as técnicas adecuadas para o desenvolvemento da autonomía social.

O proceso de intervención sobre as competencias básicas:

* Valoración da necesidade de colaboración con outros profesionais.

Desenvolvemento de proxectos de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social:

* Sensibilización polo tratamento diferenciado que requiren os diversos sectores de intervención en función das súas características específicas.

* Interese polos aspectos relacionados coa organización dos recursos e axudas técnicas dos sectores de intervención.

* Toma de conciencia da importancia que ten a avaliación nos programas de adestramento en habilidades persoais e sociais.

3.2.4. Módulo profesional 4: inserción ocupacional:

Asociado á unidade de competencia 4: supervisa-las actividades de inserción ocupacional.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las fontes e técnicas de obtención de información no ámbito da inserción ocupacional.

* Analiza-la lexislación específica para a inserción ocupacional nos distintos sectores.

* Identifica-los diferentes documentos para a elaboración dos programas de inserción ocupacional segundo a normativa vixente.

* Analiza-las características específicas dos distintos colectivos para determina-las súas capacidades laborais.

* Diferencia-las características específicas e as estructuras organizativas dos contextos habituais da inserción social.

* Identifica-los recursos comunitarios e asistenciais que posibilitan a inserción ocupacional no noso contorno.

* Deseñar estratexias de avaliación que permitan detecta-las necesidades, face-lo seguimento e valora-los resultados do proceso.

* Organiza-los recursos necesarios para o desenvolvemento de proxectos de inserción ocupacional nos diferentes colectivos.

* Selecciona-las axudas técnicas necesarias para a optimización da inserción ocupacional dos usuarios.

* Elaborar e aplicar programas de inserción ocupacional aplicados a diferentes contextos, seleccionando e organizando recursos comunitarios e asistenciais para a súa aplicación.

* Deseñar e aplicar estratexias de intervención adaptadas ás necesidades dos usuarios e posibilidades do medio.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Inserción ocupacional:

* Busca, recollida e clasificación da lexislación específica de inserción ocupacional.

* Investigación e análise dos factores implicados na evolución histórica da inserción ocupacional.

* Análise da situación da inserción ocupacional no noso contorno.

* Identificación do papel deste técnico na inserción ocupacional.

A estructura organizativa da inserción ocupacional na escola e no mundo laboral:

* Análise das condicións necesarias para logra-la normalización na inserción laboral dos colectivos con necesidades especiais.

* Investigación sobre a estructura e funcionamento dos programas de formación ocupacional.

* Análise comparativa entre os dominios profesionais e os perfís característicos dos diferentes colectivos.

Recursos de inserción ocupacional:

* Busca e colleita de información sobre os recursos comunitarios para a inserción ocupacional existentes no contorno.

* Identificación das necesidades segundo o tipo de discapacidade.

Desenvolvemento de proxectos de inserción ocupacional:

* Análise de necesidades e recursos.

* Selección e organización dos recursos necesarios para o desenvolvemento dos programas de inserción ocupacional.

* Elaboración de proxectos de inserción ocupacional.

* Deseño de protocolos de avaliación e seguimento.

* Adaptación de programas a contextos e colectivos específicos.

Contidos conceptuais

Inserción ocupacional:

* Conceptos fundamentais.

* Evolución histórica e perspectivas de futuro.

* Ámbitos de intervención:

-Menores.

-Discapacidade.

-Inmigración.

-Marxinación.

-Outros sectores.

* Marco lexislativo.

* O papel do técnico na inserción ocupacional.

A estructura organizativa da inserción ocupacional na escola e no mundo laboral:

* O principio de normalización na inserción ocupacional.

* Valores da sociedade actual sobre o traballo.

* Estructura e características do mundo laboral para a inserción ocupacional.

* O traballo como un medio de inserción social.

* Capacidades e posibilidades laborais dos diferentes colectivos.

* Aspectos funcionais e organizativos da inserción ocupacional: fontes de conflicto:

-O cumprimento das normas da empresa.

-Relacións interpersoais.

-Relacións laborais.

-A coordinación entre o técnico en integración social e a institución ocupacional.

* A escola para a diversidade.

* A normalización no ámbito educativo.

* Formación ocupacional: fins e funcións.

Recursos de inserción ocupacional:

* Programas de acceso á educación, á formación e ó emprego.

* Recursos comunitarios para a inserción ocupacional.

* Técnicas e instrumentos de valoración:

-Das necesidades.

-Da súa adecuación ó contexto e ás características do suxeito.

Desenvolvemento de proxectos de inserción ocupacional:

* Características específicas dos programas do asistido co contorno ocupacional.

* Metodoloxía da programación aplicada á inserción ocupacional: instrumentos específicos.

* A organización de recursos.

* Técnicas e procedementos de avaliación aplicados á inserción ocupacional.

Contidos actitudinais

Inserción ocupacional:

* Valoración da inserción ocupacional como unha necesidade social.

* Interese por coñece-las características e necesidades dos diferentes ámbitos de intervención.

* Interese por coñece-las innovacións que se producen no ámbito da inserción ocupacional.

A estructura organizativa da inserción ocupacional na escola e no mundo laboral:

* Toma de conciencia da situación actual e dificultades para a posta en práctica da normalización no contexto laboral.

* Interese pola busca de novas propostas de formación ocupacional.

Recursos de inserción ocupacional:

* Valoración da importancia das axudas técnicas na inserción ocupacional.

* Toma de conciencia da necesidade da adecuación das axudas técnicas ás características do individuo e do contexto.

Desenvolvemento de proxectos de inserción ocupacional:

* Toma de conciencia de que o desenvolvemento de proxectos de inserción ocupacional require necesariamente un traballo de grupo.

* Interese por xerar propostas novas no ámbito da inserción ocupacional.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional transversal 5: pautas básicas e sistemas alternativos de comunicación:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características propias dos distintos sistemas alternativos de comunicación valorando as súas posibilidades de uso en diferentes contornos comunicativos.

* Defini-las principais alteracións no desenvolvemento da comunicación e os contextos nos que se poden presentar.

* Selecciona-lo sistema alternativo de comunicación máis axeitado ás características do suxeito e do contexto de comunicación.

* Desenvolver proxectos de intervención que faciliten a comunicación do usuario.

* Valora-la adecuación das estratexias de intervención ás necesidades detectadas adoptando, se é o caso, as medidas correctoras axeitadas.

* Comprender e emitir mensaxes sinxelas nos distintos sistemas alternativos de comunicación.

* Manter unha actitude de interese e respecto ante o usuario de sistemas alternativos de comunicación apoiándose na emisión e recepción das mensaxes.

Contidos (duración 190 horas)

Contidos procedementais

Fundamentos teóricos do proceso de comunicación:

* Identifica-las variables que interveñen nos procesos de comunicación.

* Análise das relacións entre linguaxe, pensamento e acción.

* Identificación dos mecanismos básicos de adquisición da linguaxe.

* Análise do papel da linguaxe no desenvolvemento, a conformación da conducta e na calidade de vida.

* Identificación das principais dificultades na comunicación.

* Identificación de variables perturbadoras e facilitadoras da comunicación en diferentes situacións.

Sistemas alternativos de comunicación:

* Análise comparativa dos diferentes sistemas alternativos de comunicación.

* Identificación dos criterios de adecuación dos distintos sistemas alternativos de comunicación ós diferentes usuarios e contextos comunicativos.

* Elaboración de mensaxes nos distintos sistemas alternativos de comunicación.

* Comprensión de mensaxes sinxelas nos principais sistemas alternativos de comunicación.

Valoración de necesidades:

* Identificación das fontes de información relevantes para a intervención no ámbito da comunicación.

* Elaboración de instrumentos para valora-las características principais dos candidatos ós sistemas alternativos de comunicación.

* Selección do sistema alternativo de comunicación máis adecuado ó usuario e ó contorno comunicativo.

* Identificación das variables contextuais máis relevantes.

Axudas técnicas para a comunicación:

* Descrición das características específicas das diferentes axudas técnicas.

* Elaboración de protocolos de adecuación de axudas técnicas.

* Adaptación de axudas técnicas ás características do usuario.

Proceso e estratexias de intervención:

* Análise de programas específicos para fomenta-la comunicación identificando os elementos que os caracterizan.

* Adaptación de programas ás características propias dunha situación comunicativa específica.

* Deseño de protocolos de comunicación que faciliten o entendemento do asistido e deste contorno.

* Valoración da adecuación do programa ás necesidades detectadas ó contexto comunicativo e ás estructuras organizativas adoptando, se é o caso, as medidas correctoras precisas.

* Valoración do uso de axudas técnicas e sistemas alternativos de comunicación segundo os criterios establecidos, realizando as adaptacións oportunas para optimiza-las súas prestacións.

* Elaboración de informes sobre o proceso de intervención.

Contidos conceptuais

Fundamentos teóricos do proceso de comunicación:

* Comunicación e linguaxe.

* O proceso de comunicación: elementos, factores e sistemas.

* Funcións da linguaxe.

* O desenvolvemento da linguaxe: conceptos básicos e mecanismos de adquisición.

* A importancia da función lingüística:

-A linguaxe como elemento estructurante do pensamento e da acción.

-A linguaxe como factor estructurante e regulador da personalidade e do comportamento social.

-Comunicación e calidade de vida.

* Disfuncións psíquicas, físicas, sensoriais e evolutivas da comunicación.

Sistemas alternativos de comunicación:

* Sistema alternativo de comunicación e comunicación aumentativa.

* Características xerais. Posibilidades e limitacións.

* Clasificación dos sistemas alternativos de comunicación:

-Sistemas de comunicación con apoios externos:

-Sistema Bliss.

-Método Premack.

-Sistema PIC.

-Sistema de símbolos SPC de Johnson.

-Sistema Braille.

-Sistemas de comunicación sen apoios externos:

-Alfabeto dactilolóxico.

-Linguaxe de signos.

-Vocabulario Makaton.

-Sistemas de comunicación total ou bimodal.

* Características dos sistemas alternativos de comunicación:

-Signos e símbolos que emprega.

-Estructuración.

-Soportes que require.

-Posibilidades de uso en sociedade.

Valoración de necesidades:

* O proceso de avaliación inicial e a toma de decisións.

* A valoración psicopedagóxica do usuario.

* A valoración comunicativa do contexto:

-Análise das expectativas e actitudes comunicativas dos profesionais.

-Estructura comunicativa do ambiente.

* O proceso de selección do sistema alternativo de comunicación. Criterios.

Axudas técnicas para a comunicación:

* Concepto e contextos de aplicación.

* Tipos de axudas técnicas:

-Axudas básicas.

-Axudas mecánicas e eléctricas.

-Axudas electrónicas.

* Criterios de elección das axudas técnicas para a comunicación:

-Capacidades potenciais do usuario.

-Modos de tratamento da mensaxe: almacenaxe, presentación, tratamento e indicación.

-Modo de accionamento.

-Posibilidades de uso no contorno.

* Adaptación de axudas técnicas.

Proceso e estratexias de intervención:

* Proxectos de intervención na comunicación:

-Programas específicos para fomenta-la comunicación.

-Pautas básicas de comunicación.

-Establecemento de rutinas e contextos significativos.

* Consideracións metodolóxicas.

* A organización de recursos e actividades.

* Estratexias de comunicación con outros profesionais (responsables da formación ou adestramento do usuario).

* Principais obstáculos na implantación dos sistemas alternativos de comunicación:

-Consideracións xerais.

-Progresión e regresión.

-Especificidades de cada sistema.

Contidos actitudinais

Fundamentos teóricos do proceso de comunicación:

* Toma de conciencia sobre cerca do papel da linguaxe no desenvolvemento persoal e social e das consecuencias derivadas das dificultades na comunicación.

* Valoración da importancia da comunicación na calidade de vida das persoas.

Sistemas alternativos de comunicación:

* Valoración dos sistemas alternativos de comunicación como recurso básico na comunicación de determinadas persoas.

* Interese polo uso creativo e flexible dos sistemas alternativos de comunicación como condición necesaria para optimiza-la comunicación do usuario.

Valoración de necesidades:

* Toma de conciencia da existencia de expectativas por parte dos usuarios con respecto ás posi

bilidades derivadas da adopción dun determinado sistema de comunicación.

* Valoración da importancia do contorno na adecuación do sistema seleccionado.

Axudas técnicas para a comunicación:

* Valoración da necesidade de adecuación das axudas técnicas ás características e necesidades reais dos distintos usuarios.

Proceso e estratexias de intervención:

* Valoración da importancia dunha adecuada relación con outros profesionais.

* Interese polo coñecemento de distintos programas de actuación.

3.3.2. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 80 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Elaborar guións de traballo para a realización de proxecto de intervención nos diferentes sectores e contextos da integración social.* Seleccionar, dentro do ámbito da integración social, o sector e o contexto específico no que se vai desenvolve-lo proxecto.
* Buscar información específica sobre o sector e o contexto no que se vai desenvolve-lo proxecto.
* Especifica-los usuarios ós que vai dirixido o proxecto e a súa organización.
* Establece-lo plan de traballo e os pasos que se deben seguir.

2.Analiza-las características e necesidades do contexto e dos usuarios ós que vai dirixido o proxecto, empregando as estratexias e instrumentos axeitados.* Analiza-las características específicas e as necesidades dos usuarios.

* Identificar e analiza-las variables contextuais relevantes para o desenvolvemento do proxecto: históricas, demográficas, económicas, culturais, xeográficas...

* Analiza-los recursos dispoñibles no contorno para o desenvolvemento do proxecto.

3.Defini-la proposta de intervención, tendo en conta a análise de necesidades e os recursos dispoñibles.* Establece-los principios que rexen o programa.

* Defini-los obxectivos do proxecto.

* Elabora-las fases do programa concretando as accións principais para cada unha delas.
* Concreta-las necesidades e estratexias de colaboración con outros profesionais.

4.Organiza-los espacios, tempos, recursos -materiais e humanos- e axudas técnicas que se precisan para a posta en práctica do proxecto, atendendo a criterios de funcionalidade, seguridade, hixiene, normalización e integración.* Establece-la estructura organizativa do persoal e usuarios implicados no proxecto.

* Concreta-los criterios de distribución e asignación de tarefas e funcións.

* Organiza-los espacios nos que se desenvolverán as actividades previstas no programa.

* Deseña-las actividades.
* Organiza-lo calendario de actividades.
* Confecciona-los horarios do persoal e dos usuarios.
* Seleccionar e organiza-los recursos materiais para o desenvolvemento das actividades.
* Establecer criterios para a selección e uso das axudas técnicas e dos sistemas alternativos de comunicación.

5.Elabora-lo estudio da viabilidade económica do proxecto.* Elabora-lo orzamento do proxecto segundo os obxectivos e as actividades previstos no programa.
* Identifica-los recursos económicos dispoñibles.
* Buscar información sobre as posibles fontes de ingresos.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Formaliza-las solicitudes de subvencións e/ou axudas pertinentes.
* Determina-la viabilidade do proxecto en función da previsión de ingresos e gastos.

6.Concreta-los aspectos legais e administrativos do proxecto.* Selecciona-la forma xurídica máis adecuada.
* Recompilación da documentación necesaria para a regularización do proxecto nas administracións pertinentes.

7.Establece-los criterios, estratexias e instrumentos axeitados para o seguimento e avaliación do proxecto.* Elaborar protocolos de avaliación.

* Deseña-los modelos de informes e memorias.

8.Deseña-las estratexias e medios máis axeitados para a difusión do proxecto.* Selección dos medios máis axeitados para a promoción da empresa.

* Elaboración de materiais para a difusión do proxecto nos sectores e usuarios ós que vaia dirixido.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 470 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Participar no deseño, programación e avaliación das actividades dirixidas ós usuarios, colaborando de xeito responsable no centro de traballo.* Analiza-las características propias do centro de traballo e o programa ou programas dirixidos ós usuarios que atende.

* Achega-las iniciativas que supoñan unha mellora para o desenvolvemento das actividades do programa que se desenvolve.

* Colaborar no deseño de actividades que se leven a cabo, adaptándoas ás características dos usuarios ós que van dirixidas.
* Selecciona-las estratexias de intervención tendo en conta os obxectivos que se queren lograr e os medios dispoñibles, adoptando os mecanismos habituais para a resolución de continxencias.
* Programa-las actividades tendo en conta os recursos humanos e materiais necesarios para o seu desenvolvemento.
* Avalia-lo programa de intervención que se estea levando a cabo.

2.Actuar conforme as normas profesionais e de hixiene e seguridade, identificando situacións de conflicto e aplicando técnicas de asistencia inmediata cando sexa preciso.* Analiza-las normas de seguridade e hixiene persoal e colectivas no desenvolvemento do programa de intervención.

* Cumpri-las normas establecidas para o desempeño da súa función profesional, achegando posibles melloras.

* Colaborar na elaboración de protocolos de identificación de situacións conflictivas.
* Responsabilizarse do coidado e mantemento dos materiais, equipos e instalacións ó seu cargo.

3.Obter e analizar información relativa ós usuarios que son atendidos nos diversos programas de intervención.* Identifica-las características propias dos usuarios asignados.

* Colaborar na elaboración de protocolos de observación, partindo das necesidades detectadas e coas técnicas axeitadas.

* Recoller, organizar e comunica-la información de maneira adecuada, de xeito que permita a toma de decisións ó equipo de traballo e a intervención no contorno do usuario.
* Colaborar na selección de estratexias de intervención que favorezan a comunicación e a colaboración co contorno convivencial do usuario.

4.Analizar e valora-los programas nos diferentes ámbitos de intervención.* Planifica-las actividades de integración social en función do proxecto e dos usuarios do servicio no que desenvolve a súa formación.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Colaborar nas estratexias de intervención nos diferentes ámbitos da integración social.
* Avalia-las estratexias e os modelos de intervención, adecuando os obxectivos, contidos e criterios metodolóxicos, en función do ámbito no que se desenvolven.
* Utilizar de modo adecuado os recursos de comunicación segundo o contexto de intervención.

5.Realizar tarefas específicas de organización do espacio e do tempo, así como de selección de recursos materiais e humanos que promovan a integración social dos usuarios, axustándose ós criterios metodolóxicos establecidos.* Realizar-la avaliación inicial do contexto asignado, utilizando técnicas e medios adecuados.

* Colaborar na determinación dos criterios de organización dos distintos espacios e materiais.

* Realiza-lo deseño de distribución de espacios, do mobiliario e dos materiais.

* Colaborar na selección e organización de materiais, espacios, axudas técnicas e calquera outro recurso necesario para a satisfacción das necesidades básicas dos usuarios, tendo en conta as súas características individuais.
* Selecciona-lo material en función dos criterios metodolóxicos previstos.
* Organiza-los recursos temporais necesarios para o desenvolvemento do proxecto e da actividade.
* Utiliza-lo material axeitado ó desenvolvemento das diferentes actividades, así como os espacios e recursos humanos.

6.Contribuír á integración social dos usuarios, realizando as actividades de atención ás súas necesidades básicas, así como as actividades de aprendizaxe previstas para o desenvolvemento de habilidades de autonomía persoal e social.* Intervir no desenvolvemento das actividades asignadas, segundo os criterios metodolóxicos previstos.

* Realizar actividades que fomenten no usuario os hábitos de autonomía persoal e social.

* Identificar e resolve-las situacións de conflicto posibles, así como as continxencias que se presenten, utilizando os procedementos e estratexias axeitados.

* Colaborar na elaboración de programas destinados á eliminación e/ou modificación de conductas problemáticas.
* Utiliza-los recursos didácticos, materiais e especiais que favorezan a comunicación dos usuarios.

7.Integrarse no equipo de traballo, identificando as tarefas propias da súa competencia profesional participando activamente, responsabilizándose das tarefas que se lle asignen, coordinándose con outros profesionais, estando aberto a posibles suxestións e mantendo relacións fluídas cos compañeiros.* Participar nas reunións organizadas polos equipos de traballo.

* Manter relacións fluídas na planificación, desenvolvemento e avaliación das actividades co titor ou titora do centro de traballo.

8.Avalia-la práctica realizada no centro de traballo destacando os aspectos máis significativos.* Elabora-los informes de avaliación onde se reflictan os cambios producidos nos usuarios a raíz da súa intervención.
* Determina-las actividades de avaliación e os momentos da súa aplicación.
* Avalia-lo contorno do traballo, identificando as relacións laborais no marco organizativo e de funcionamento da empresa.
* Reflexionar sobre a súa propia intervención, valorando a aplicación dos coñecementos, habilidades e actitudes desenvolvidas, informando sobre as necesidades de capacitación profesional futura, segundo se requira.
* Aplica-los instrumentos de avaliación establecidos, modificando o proxecto, a actividade ou a súa propia intervención cando así se requira.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de conciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Humanidades e ciencias sociais.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno, no que se valorará a nota media.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de integración social:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Contexto e metodoloxía da intervención socialIntervención sociocomunitariaProfesor de ensino secundario

2Atención a unidades de convivenciaServicios á comunidadeProfesor técnico de FP

3Habilidades de autonomía persoal e socialIntervención sociocomunitariaProfesor de ensino secundario

4Inserción ocupacionalServicios á comunidadeProfesor técnico de FP

5Pautas básicas e sistemas alternativos de comunicación(1)(1)

6Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Para a impartición deste módulo profesional é necesario un profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Intervención sociocomunitaria-Mestre, en tódalas súas especialidades-Diplomado en educación social-Diplomado en traballo social

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de integración social require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de servicios sociais120 m90 m80%

Aula polivalente60 m40 m20%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados

por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Atención a unidades de convivencia.

* Inserción ocupacional.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Atención a unidades de convivencia.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Licenciado en pedagoxía.

* Licenciado en psicoloxía.

* Licenciado en socioloxía.

* Mestre (tódalas especialidades).

* Diplomado en educación social.

* Diplomado en enfermería.

* Diplomado en logopedia.

* Diplomado en podoloxía.

* Diplomado en terapia ocupacional.

* Diplomado en traballo social.

* Diplomado en turismo.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

130Contexto e metodoloxía da intervención social

130Atención a unidades de convivencia

190Habilidades de autonomía persoal e social

110Inserción ocupacional

190Pautas básicas e sistemas alternativos de comunicación

80Proxecto integrado

55Formación e orientación laboral

4º e 5º trimestre

740Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.