Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 35

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do día 18-11-1999 acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución sita en Pazos-Sada, promovido por Manuel Cortés Rodríguez e outro.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de exe

cución que se propón desenvolver a través do sistema de compensación de propietario único, proxecto de compensación e o de urbanización.

O ámbito de actuación sitúase no predio propiedade de Manuel Cortés Rodríguez o outro.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 11/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG.

Durante este prazo os interesados poderán consulta-los expedientes na secretaría do concello e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Sada, 25 de novembro de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde