Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lamas-San Martiño.
Situación: Meis.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 16 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 48 da L.M.T. Tivo 8.05 ata o C.T. que se proxecta en Lamas-San Martiño, concello de Meis. C.T. de 100 kVA, relación de trasnformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 215 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 9 de novembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra