Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 03 de xaneiro de 2000 Páx. 5

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de outubro de 1999, polo que se declaran municipios turísticos galegos os concellos de Cambados e O Grove.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 7 de outubro de 1999 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar municipios turísticos galegos os concellos de Cambados e O Grove, pertencentes á provincia de Pontevedra, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.

En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ós concellos correspondentes.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo