Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vista Alegre.
Situación: Lalín.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 374 m de lonxitude, con coductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. Botos-Silleda ata o C.T. que se proxecta en Vista Alegre, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T, aérea, de 176 m de lonxitude, con coductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de novembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra