Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/442-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. seccionamento Vincios-Valadares.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 380 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Beade ata o C. seccionamento de Vincios-Valadares, concello de Vigo. Centro de seccionamento cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra