Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Venres, 31 de decembro de 1999 Páx. 15.332

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

1

Os orzamentos do ano 2000 presentan como principal característica a súa pretensión de intensifica-lo apoio ás políticas de desenvolvemento económico e de creación de emprego seguida en anos anteriores, mantendo integramente a capacidade das políticas de solidariedade e cohesión vinculadas ó gasto social. Ó mesmo tempo, continúan avanzando na reducción substancial do déficit, ata situalo nunha posición que podería facer no futuro moito máis fácil prescindir da súa achega ó financiamento do investimento público, obxectivo preconizado polo Pacto de estabilidade e crecemento, do Consello Europeo, e contrapartida obrigada a cambio da contribución que na creación dun marco máis estable de desenvolvemento terían uns orzamentos equilibrados na composición das súas magnitudes de carácter non financeiro.

Durante o proceso de elaboración dos orzamentos foron tidas en consideración as propostas que forman parte do Plan estratéxico de desenvolvemento de Galicia para o período 2000-2006, que marcará os eixes da política económica da Xunta durante os próximos exercicios. Ese documento proporciona unha referencia fundamental sobre as prioridades e os obxectivos que deben ser abordados, ademais da certeza de que terán encaixe nas recomendacións das instancias comunitarias, reforzando nesa medida a coherencia financeira das estratexias de desenvolvemento deseñadas, nas que os recursos procedentes da Unión Europea representan un papel nada desdeñable.

2

O texto articulado mantén durante o actual exercicio a vixencia das disposicións recollidas na Lei de orzamentos de 1999 que demostraron a súa validez e utilidade ó servicio da ordenación da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.

Incorpora ademais algunhas novidades que pretenden reforza-la liña de austeridade e disciplina orzamentaria seguida en anos anteriores ou que perseguen unha adecuación normativa en materias de índole variada. A supresión da posibilidade de levar a cabo a contratación de persoal laboral con cargo a créditos de investimentos deberá contribuír a unha xestión máis coherente en materia de persoal, pro

porcionando un maior rigor na execución orzamentaria, finalidade igualmente perseguida coa imposición dun límite porcentual á posibilidade de realizar transferencias de crédito na maior parte das aplicacións orzamentarias. Eses mesmos aspectos veranse tamén reforzados pola esixencia de autorización previa, por parte das consellerías competentes, para a convocatoria de prazas vacantes nos entes públicos previstos no artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. Noutra orde de cousas, diversas modificacións que afectan a contía das taxas son incorporadas igualmente ó articulado da lei, que recolle en disposicións adicionais a incorporación no cadro de persoal do profesorado de apoio de centros concertados e a posibilidade de habilitar dotacións complementarias para determinados fondos de capital risco, en apoio á iniciativa empresarial, e inclúese, por último, nunha disposición derradeira,

a encomenda de regulación da xestión dos orzamentos docentes non universitarios.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, promulgo en nome de El-Rei a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

TÍTULO I

Da aprobación dos orzamentos e das súas modificacións

Capítulo I

Os créditos iniciais e o seu financiamento

Artigo 1.-Aprobación e ámbito dos orzamentos xerais.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2000, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral e os dos organismos autónomos.

b) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades públicas de carácter mercantil.

c) Os orzamentos dos demais entes públicos ós que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 2.-Orzamentos da Administración xeral e dos organismos autónomos.

Un.-Nos estados de gastos consolidados dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos con

sígnanse créditos por importe de 1.039.903.931.000 pesetas, distribuídos da forma seguinte:

(Miles de ptas.)

OrganismoCap. I-VII

Gastos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral630.379.848930.00033.185.108664.494.956

OO. AA. administrativos338.999.392165.0000339.164.392

OO. AA. comerciais, industriais e financeiros35.938.583306.000036.244.583

Total1.005.317.8231.401.00033.185.1081.039.903.931

As transferencias internas entre os orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e os dos organismos autónomos representan 44.368.286.000 pesetas, distribuídos segundo o seguinte detalle:

(Miles de ptas.)

OrixeDestino

Administración

xeral

OO.AA.

administrativos

OO.AA.

comerciais,

industriais e

financeiros

Total

Administración xeral19.545.07924.623.20744.168.286

OO. AA. administrativos200.000200.000

Total200.00019.545.07924.623.20744.368.286

Dous.-A desagregación dos créditos consonte a finalidade á que van destinados establécese desta maneira:

Funcións(Miles de ptas.)

11Alta dirección da Comunidade Autónoma4.394.430

Funcións(Miles de ptas.)

12Administración xeral17.964.570

21Seguridade Social e protección social37.560.474

23Protección civil e seguridade1.810.482

24Promoción do emprego28.163.650

31Sanidade332.057.923

32Educación240.403.025

33Vivenda e urbanismo23.869.644

34Benestar comunitario15.332.279

35Cultura23.220.806

36Outros servicios comunitarios e sociais13.996.638

41Infraestructura básica e do transporte31.600.034

42Outras infraestructuras14.358.518

43Investigación científica, técnica e aplicada7.343.944

44Información estatística básica885.049

51Actuacións económicas xerais8.798.207

52Comercio3.029.839

53Actividades financeiras5.284.231

61Agricultura, gandería, silvicultura e pesca27.966.783

62Industria1.381.490

63Enerxía2.080.000

64Minería265.000

65Turismo482.584

66Industrialización e reordenación industrial9.536.910

67Desenvolvemento empresarial75.000

71Complexo agrogandeiro14.215.400

72Complexo mar-industria12.143.016

73Complexo silvicultura-madeira2.730.300

74Actividades prioritarias do sector industrial3.113.200

75Complexo turístico, loxística e servicios a empresas5.896.427

81Transferencias a entidades locais87.945.900

91Débeda pública61.998.178

Total1.039.903.931

Tres.-A distribución orgánica e económica do orzamento consolidado é como segue:

Catro.-Nos estados de ingresos dos orzamentos da Administración xeral da Comunidade Autónoma e nos dos seus organismos autónomos recóllense as estimacións dos dereitos económicos que se prevé liquidar durante o exercicio, por un importe consolidado de 1.039.903.931.000 pesetas, distribuídos da seguinte forma:

(Miles de ptas.)

OrganismoCap. I-VII

Ingresos non

financeiros

Cap. VIII

Activos

financeiros

Cap. IX

Pasivos

financeiros

Total

Administración xeral621.309.848043.185.108664.494.956

OO. AA. administrativos339.164.3920339.164.392

OO. AA. comerciais, industriais e financeiros36.238.5836.00036.244.583

Total996.712.8236.00043.185.1081.039.903.931

Cinco.-Os beneficios fiscais que afectan os tributos cedidos total ou parcialmente polo Estado á Comunidade Autónoma estímanse en 4.931.106.000 pesetas, consonte o seguinte detalle:

-Imposto sobre sucesións: 748.476.000.

-Imposto sobre a renda das persoas físicas (tarifa autonómica): 620.790.000.

-Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados: 3.561.840.000.

En cumprimento do establecido no artigo 42.2 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, o importe das subvencións reguladoras fíxase en 2.195.000.000 de pesetas.

Artigo 3.-Orzamento das sociedades públicas.

Un.-Orzamento das sociedades mercantís.

As dotacións concedidas e os recursos estimados das sociedades públicas de carácter mercantil elévanse a 71.423.000.000 de pesetas, de acordo coa distribución que se indica:

(Miles de ptas.)

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.33.196.00033.196.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.1.750.0001.750.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.1.719.0001.719.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.613.000613.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.4.235.0004.235.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.1.764.0001.764.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo4.154.0004.154.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia385.000385.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia726.000726.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.2.857.0002.857.000

Galicia Calidade, S.A.198.000198.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia520.000520.000

Xestión Enerxética de Galicia, S.A.254.000254.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.216.000216.000

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.17.788.00017.788.000

Xenética Fontao, S.A.120.000120.000

Retegal, S.A.708.000708.000

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.220.000220.000

Total71.423.00071.423.000

Dous.-Orzamento dos restantes entes públicos.

Os estados de gastos e ingresos dos entes públicos ós que se refire o apartado c) do artigo 1 acadan un total de 45.052.000.000 de pesetas, detallados como segue:

(Miles de ptas.)

Entidades públicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades17.521.00017.521.000

Instituto Galego de Promoción Económica11.993.00011.993.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.516.0001.516.000

Portos de Galicia4.780.0004.780.000

Obras e Servicios Hidráulicos207.000207.000

Consello Económico e Social149.000149.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía474.000474.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira1.637.0001.637.000

Fundación Hospital Comarcal A Barbanza1.834.0001.834.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable1.668.0001.668.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria300.000300.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde103.000103.000

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)2.358.0002.358.000

Instituto Enerxético de Galicia512.000512.000

Total45.052.00045.052.000

Tres.-Aprobación de subvencións de explotación e de capital ás sociedades públicas.

Autorízanse as dotacións iniciais de subvencións de explotación e de capital das sociedades públicas que se indican seguidamente, con cargo ós orzamentos de gastos das consellerías ou dos organismos autónomos ós que figuran adscritas:

(Miles de ptas.)

Sociedade públicaConsellería ou

organismo autónomo

de adscrición

Subvención

de

explotación

Subvención

de

capital

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de GaliciaPresidencia e Administración Pública89.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de GaliciaPresidencia e Administración Pública442.00070.000

Instituto Galego de Promoción EconómicaEconomía e Facenda995.0006.801.000

Consello Económico e SocialEconomía e Facenda139.0005.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e ContableEconomía e Facenda651.000858.000

Portos de GaliciaPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda2.761.000

Galicia Calidade, S.A.Industria e Comercio36.00080.000

Xenética Fontao, S.A.Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia30.00030.000

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedadesCultura, Comunicación Social e Turismo10.599.0001.091.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo349.000900.000

S.A. de Xestión do Plan XacobeoCultura, Comunicación Social e Turismo3.400.000360.000

Retegal, S.A.Cultura, Comunicación Social e Turismo71.00025.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración SanitariaSanidade e Servicios Sociais147.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da SaúdeSanidade e Servicios Sociais40.000

Total16.988.00016.988.000

Capítulo II

Das modificacións orzamentarias

Artigo 4.-Réxime xeral das modificacións orzamentarias.

Un.-As modificacións de créditos orzamentarios unicamente poderán ser autorizadas consonte os requisitos establecidos no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, coas excepcións derivadas da aplicación do disposto neste capítulo.

Dous.-As propostas de modificación deberán indicar, co maior nivel de desagregación orgánica, funcional e económica, as aplicacións orzamentarias afectadas, recollendo adecuadamente os motivos que a xustifican, tanto os referentes á realización do novo gasto proposto coma, se é o caso, á suspensión da actuación inicialmente prevista e á repercusión sobre os obxectivos do programa afectado.

Artigo 5.-Competencias específicas en materia de modificacións orzamentarias.

Sen prexuízo das facultades que se lle asignan no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e con validez exclusiva para o ano 2000, atribúenselle ó conselleiro de Economía e Facenda competencias específicas para levar a cabo as seguintes modificacións orzamentarias:

a) Para incorpora-los créditos de exercicios anteriores que correspondan a actuacións financiadas ou cofinanciadas pola Unión Europea.

b) Para incorpora-lo crédito que non acadase a fase de recoñecemento da obriga en cada exercicio do fondo de reserva constituído conforme o establecido no artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro, pola que se aproba o imposto sobre a contaminación atmosférica.

c) Para incorporar ó crédito 11.03.212A.481.1 (Risga), do orzamento do ano 2000, o crédito 11.03.212A.481.1 de 1999, destinado á renda de integración social de Galicia, na parte que non acadase a fase «O» en contabilidade.

d) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das taxas, prezos públicos e privados respecto das previsións que inicialmente se establecen para as distintas consellerías no anexo I desta lei, sempre que quede garantido o necesario equilibrio económico-financeiro, de acordo co previsto no artigo 9.

e) Para xerar crédito polo importe que corresponda ós maiores ingresos pola prestación do servicio de recadación executiva a outros entes, do subconcepto 399.04, do orzamento de ingresos.

f) Para xerar crédito polo importe que corresponda á maior recadación das sancións impostas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, derivadas da inspección de urbanismo no medio rural, e pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que deriven das inspeccións realizadas pola Dirección Xeral de Turismo, respecto das previsións inicialmente establecidas, que figuran no anexo II.

En sentido contrario, na medida en que durante o transcurso do exercicio se considere que as previsións de recadación non serán cumpridas, efectuarase retención de crédito polo importe que se estime non realizable.

g) Para xerar crédito no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas», por un importe igual á diferencia que poida existir entre a liquidación definitiva de exercicios anteriores por participación nos ingresos do Estado e a estimada no estado de ingresos para o dito concepto.

h) Para xerar crédito, na aplicación orzamentaria correspondente, por contía igual ó importe das compensacións económicas a favor da Comunidade Autónoma derivadas de pólizas subscritas con compañías de seguros.

i) Para xerar crédito no capítulo VIII dos orzamentos de gastos da Administración xeral, ou se é o caso nos dos organismos autónomos, no suposto previsto no artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, sobre tratamento dos créditos para provisións de riscos non executados.

j) En relación co orzamento do Servicio Galego de Saúde:

1) Para xerar ou minorar créditos por un importe igual á diferencia que poida resultar entre as previsións iniciais de transferencias procedentes dos orzamentos da Seguridade Social e as que efectivamente se liquiden.

2) Para xerar créditos como consecuencia dos maiores ingresos recadados sobre os inicialmente previstos en cada unha das seguintes aplicacións do orzamento de ingresos do Sergas:

-30, «Taxas administrativas».

-37, «Ingresos por ensaios clínicos».

-36, «Prestacións de servicios sanitarios», e 39, «Outros ingresos», computados conxuntamente.

3) Para xerar crédito derivado dos ingresos devengados en exercicios anteriores que non acadasen a fase de recoñecemento do dereito e que correspondan ás achegas das corporacións locais destinadas ó financiamento dos seus centros e servicios sanitarios transferidos á Comunidade Autónoma.

k) Para introducir nos estados de gastos as modificacións precisas para adecua-los créditos afectados por transferencias finalistas de calquera procedencia, incluíndo entre esas medidas a declaración de indispoñibilidade do crédito.

No suposto de que as obrigas recoñecidas ata ese momento superasen o importe real da transferencia, o seu financiamento realizarase mediante as oportunas minoracións noutros créditos, preferentemente de operacións correntes, da sección de que se trate.

l) Para introduci-las variacións que sexan necesarias nos programas de gasto dos organismos autónomos e dos entes públicos para reflecti-las repercusións que neles teñan as modificacións dos créditos que figuran no estado de transferencias entre subsectores dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Artigo 6.-Vinculación de créditos.

Un.-Sen prexuízo do disposto no artigo 56 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, considéranse vinculantes, co grao de desagregación que a continuación se indica, os seguintes créditos:

130.02, «Plus de perigosidade, penosidade e toxicidade».

202, «Edificios e outras construccións».

220.03, «Diario Oficial de Galicia».

222.00, «Comunicacións telefónicas».

223.08, «Transporte escolar».

226.01, «Atencións protocolarias e representativas».

226.02, «Publicidade e propaganda».

226.06, «Reunións e conferencias».

226.09, «Outros».

226.13, «Gastos de funcionamento de tribunais de oposicións e de probas selectivas».

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

A mesma consideración terán os créditos correspondentes á aplicación 06.03.413B.600.2 e ás diferentes aplicacións do capítulo VI denominadas «Obra nova por mandatos á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia».

Dous.-As transferencias ás que se refire o artigo 67 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, cando afecten os créditos anteriores, deberán ser autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda.

Artigo 7.-Créditos ampliables.

Con independencia dos supostos previstos no apartado a) do artigo 6 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, durante o ano 2000 terán excepcionalmente condición de ampliables os créditos seguintes:

a) Os incluídos na aplicación 05.03.531A.226.05, destinados ó pagamento dos premios de cobranza autorizados pola recadación de tributos e demais ingresos de dereito público.

b) Os destinados a satisface-las cantidades que deben percibi-los liquidadores dos distritos hipotecarios en concepto de indemnizacións e compensacións dos gastos orixinados pola recadación e xestión de autoliquidacións practicadas polo imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e pola recadación e práctica das liquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns.

c) As obrigas contraídas no exterior e que deban ser pagadas en divisas de cambio variable, pola diferencia existente entre o tipo de cambio previsto e o seu importe real no momento do pagamento.

d) Os destinados ó pagamento das obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma. Cando se trate dun organismo autónomo ou dunha sociedade pública, a ampliación materializarase a través da sección orzamentaria á que figuren adscritos.

e) Os créditos destinados ó pagamento dos premios de cobranza e participacións en función da recadación de vendas e restantes créditos de vivendas, soares, locais e edificacións complementarias correspondentes ó Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como os referentes ós traballos de facturación e apoio á xestión do patrimonio inmobiliario do devandito instituto, que se establezan de acordo coas cifras recadadas no período voluntario.

f) Os créditos de transferencias a favor da Comunidade Autónoma que figuren nos orzamentos de gastos dos organismos autónomos ata o importe dos remanentes da tesourería que resulten como consecuencia da súa xestión.

Artigo 8.-Transferencias de crédito.

Un.-Con independencia das limitacións ás que se refire o artigo 68.1 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e sen prexuízo do previsto no punto 3 do citado artigo, durante o ano 2000 non poderán tramitarse expedientes de transferencias de crédito que atinxan os capítulos VI e VII cando deles derive incremento do gasto corrente.

Esa restricción non lles será aplicable ós incrementos do capítulo I que poidan orixinarse polo proceso de regularización, actualmente en marcha, derivado do acordo sobre materias de función pública subscrito entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais o 14 de xullo de 1994, ó que se lle deu publicidade por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 27 de setembro do mesmo ano, ou de calquera outro que en susbtitución do anterior poida susbcribirse durante o exercicio.

Dous.-Polo que se refire ás seccións 07, «Educación e Ordenación Universitaria», 11, «Sanidade e Servicios Sociais», e 14, «Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude» no que afecte a créditos destinados a prestacións sociais, a limitación indicada no punto anterior unicamente será aplicable unha vez superado o 10% das dotacións iniciais dos capítulos VI e VII. Esa porcentaxe será do 20% para o Servicio Galego de Saúde.

No caso de que as transferencias realizadas baixo este suposto incrementasen créditos do capítulo I destinados ó asinamento de contratos de duración determinada previstos no Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores, cando a modalidade de contratación fose a de realización de obra ou servicio prevista na letra a) do artigo 1 da citada disposición, será necesaria a existencia de informe previo e favorable da Dirección Xeral da Función Pública sobre a adecuación da modalidade de contratación que se pretende.

Tres.-Con vixencia exclusiva para o exercicio do ano 2000 non poderán realizarse transferencias de crédito que incrementen os autorizados inicialmente nas seguintes aplicacións orzamentarias:

226.02, «Publicidade e propaganda».

227.06, «Estudios e traballos técnicos».

A limitación establecida sobre a aplicación 226.02, «Publicidade e propaganda», non afectará o Sergas

cando a transferencia teña a súa causa na necesidade de facer público calquera tipo de modificacións no funcionamento dos servicios que deban ser coñecidas polos usuarios para permitírlle-la súa mellor utilización.

Catro.-As limitacións sobre transferencias de crédito contidas nos apartados b) e c) do artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, entenderanse referidas, no orzamento do Servicio Galego de Saúde, ó orzamento individualizado de cada un dos centros de gasto e non ós orzamentos totais.

Cinco.-Sen prexuízo do establecido no artigo 68.3 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e nos apartados anteriores deste artigo, o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellería durante o presente exercicio non poderá incrementar ou diminuí-las consignacións iniciais, ó nivel de vinculación legalmente establecido, en máis dun 20%.

Do preceptuado no parágrafo anterior exceptuaranse as transferencias de crédito que afecten o capítulo I, de gastos, e as referidas á sección 23, «Gastos de diversas consellerías». Así mesmo, as ditas limitacións tampouco afectarán as transferencias de crédito que se refiran ó centro de xestión 5001 do Servicio Galego de Saúde.

Seis.-Os expedientes de transferencias de crédito incluirán en tódolos casos informe da intervención delegada referente polo menos ós seguintes aspectos:

a) Cumprimento do establecido no artigo 68 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e nas normas concordantes, sobre as limitacións que afectan as transferencias de crédito.

b) Adecuación e dispoñibilidade de crédito que se pretende minorar.

c) Calquera outra cuestión relacionada co cumprimento da normativa vixente en materia de transferencias de crédito.

Sete.-Os expedientes que se tramiten para a autorización de transferencias de crédito desde as partidas correspondentes ó Plan de crecemento e emprego que figuran relacionadas na memoria de obxectivos e programas destes orzamentos deberán incluír informe da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Artigo 9.-Adecuación de créditos.

Para facilita-la consecución do equilibrio económico-financeiro na execución do orzamento para o ano 2000, os créditos incluídos nos estados de gastos experimentarán os axustes necesarios para acomoda-lo seu importe ó dos recursos, na medida en que estes últimos difiran dos inicialmente previstos nos orzamentos de ingresos da Administración xeral da Comunidade Autónoma ou dos seus organismos autónomos.

Sen prexuízo do indicado no artigo 5.k) desta lei, o Consello da Xunta adoptará, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, os acordos de non dispoñibilidade de crédito que sexan precisos para cumpri-lo previsto no parágrafo anterior.

TÍTULO II

Dos gastos de persoal

Capítulo I

Retribucións do persoal

Artigo 10.-Bases da actividade económica en materia de gastos de persoal.

Un.-As retribucións íntegras do persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non poderán experimentar no ano 2000 un incremento global superior ó 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 1999, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Dous.-Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ó establecido neste artigo, resultando inaplicables en caso contrario.

Tres.-O disposto nos apartados precedentes entenderase sen prexuízo das adecuacións retributivas que con carácter singular e excepcional resulten imprescindibles polo contido dos postos de traballo, pola variación do número de efectivos asignados a cada programa ou polo grao de consecución dos seus obxectivos.

Catro.-Este artigo aplicaráselle ó persoal ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de centros da súa rede hospitalaria.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

f) As fundacións nas que exista maioría de capital público da Xunta.

Artigo 11.-Criterios retributivos aplicables ó persoal ó servicio da Comunidade Autónoma non sometido a lexislación laboral.

a) As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 2% con respecto ás establecidas no exercicio de 1999, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesaria para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

b) O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentará así mesmo un incremento do 2% con respecto ó do exercicio de 1999, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para aquel e do resultado individual da súa aplicación.

c) Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

d) As indemnizacións por razón do servicio rexeranse pola súa normativa específica.

As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de Xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinados funcionarios da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ós beneficiarios conforme o que determinen as leis anuais de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Artigo 12.-Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

A masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican no número catro do artigo 10 non poderá experimentar un crecemento global superior ó 2% respecto da correspondente a 1999, sen prexuízo do que puidese derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da productividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto no parágrafo anterior representa o límite máximo da masa salarial, cunha distribución e aplicación individual que se producirá a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e os gastos de acción social devengados durante 1999 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Economía e Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ó sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realiza-lo traballador.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ó réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, computándose, en consecuencia, por separado as cantidades que correspondan á variación de tales conceptos. Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2000 deberase satisface-la totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas do pertinente acordo e tódalas que se produzan ó longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ó devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores ós que

se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 13.-Retribucións dos altos cargos.

Un.-As retribucións totais e exclusivas, incluídas as pagas extraordinarias, dos altos cargos fíxanse para o ano 2000 nas seguintes contías, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puidese corresponderlles de conformidade coa normativa vixente:

Presidente: 12.034.116 pesetas.

Conselleiros: 9.909.768 pesetas.

Secretarios xerais, directores xerais e asimilados: 7.889.448 pesetas.

Dous.-As retribucións dos membros do Consello de Contas de Galicia serán as establecidas no punto un deste artigo para os conselleiros, agás as correspondentes ó conselleiro maior, que se fixan para o ano 2000 en 10.545.864 pesetas.

Tres.-As retribucións totais dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia, incluídas as pagas extraordinarias, quedan establecidas para o ano 2000 nas seguintes contías:

Presidente: 10.545.864 pesetas.

Conselleiros: 9.909.768 pesetas.

Catro.-As retribucións dos presidentes e vicepresidentes e, se é o caso, as dos directores xerais das sociedades públicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, serán autorizadas polo conselleiro de Economía e Facenda, por proposta do titular da consellería á que se atopen adscritos, aínda que en ningún caso poderán experimentar incrementos superiores ó 2% con respecto ás percibidas en 1999.

Artigo 14.-Complemento persoal.

Os funcionarios de carreira designados para ocupar postos incluídos nos anexos de persoal dos orzamentos da Administración xeral e dos seus organismos autónomos que dean lugar á consideración de alto cargo e que no momento do seu nomeamento mantivesen unha relación de servicio permanente, non contractual, con algunha administración pública non poderán percibir retribucións inferiores ás que tiñan asignadas no posto de procedencia.

Cando se produza esa circunstancia, o persoal indicado terá dereito a percibir un complemento persoal equivalente á diferencia entre a totalidade dos conceptos retributivos, básicos e complementarios, do posto de orixe, con exclusión das gratificacións por servicios extraordinarios, en cómputo anual, e as retribucións do mesmo carácter que lle corresponda polo posto que ocupe na Administración autonómica galega.

O complemento indicado, que se percibirá ata o momento do cesamento no cargo, actualizarase, se é o caso, na mesma porcentaxe que corresponda ó incremento retributivo atribuído con carácter xeral na Lei de orzamentos de cada exercicio.

O recoñecemento do dereito á percepción deste complemento será realizado en cada caso pola Dirección Xeral da Función Pública.

Artigo 15.-Retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías.

As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías para o ano 2000 serán idénticas na súa contía ás dos subdirectores xerais.

Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 16.-Retribucións dos funcionarios da Comunidade Autónoma incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Un.-De conformidade co establecido no artigo 11 desta lei, as retribucións que percibirán no ano 2000 os funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 que desempeñan postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que correspondan ó grupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala a que pertenza o funcionario, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

GrupoSoldoTrienios

A1.934.232 74.292

B1.641.636 59.436

C1.223.724 44.604

D1.000.608 29.796

E 913.476 22.344

b) As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios e que se devengarán de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989. Cando os funcionarios prestasen unha xornada de traballo reducida durante os seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente reducción proporcional.

c) O complemento de destino correspondente ó nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

NivelPesetas

301.698.444

291.523.484

281.459.404

271.395.312

261.224.120

251.086.060

241.021.980

23 957.936

22 893.832

21 829.860

20 770.880

19 731.484

18 692.112

17 652.728

16 613.416

15 574.020

14 534.672

13 495.288

12 455.892

11 416.568

10 377.196

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos en que así proceda, de acordo coa normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea fixado ó posto que se desempeñe, do que a súa contía experimentará un incremento do 2% con respecto á aprobada para o exercicio de 1999, sen prexuízo do previsto no artigo 11 desta lei.

e) O complemento de productividade que, se é o caso, se destine a retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 64.3.c) da Lei 4/1988, do 26 de maio.

O complemento de productividade concederase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda. Os complementos de productividade deben facerse públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servicios extraordinarios que concederá o Consello da Xunta por proposta da consellería correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servicios extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2000, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ó producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, incluso as que poidan derivar do cambio de posto de traballo.

Dous.-Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán o 100% das retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo no que estea incluído o corpo no que ocupen vacante e o 100% das retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídos os que están vinculados á condición de funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o punto anterior, así como ó persoal eventual e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

Artigo 17.-Retribucións do persoal ó servicio das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

Un.-O persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde, percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 16.Un.a), b) e c) desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda dous. Do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ós complementos específicos, complemento de atención continuada e complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, correspondan ó referido persoal experimentará o incremento do 2% respecto do importe aprobado para o exercicio de 1999.

A contía individual do complemento de productividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987 e nas demais normas dictadas para o seu desenvolvemento.

Dous.-As retribucións do restante persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 10.Un desta lei.

Capítulo II

Outras disposicións en materia de réxime do persoal activo

Artigo 18.-Prohibición de ingresos atípicos.

Os empregados públicos comprendidos dentro do ámbito de aplicación desta lei, con excepción daqueles sometidos ó réxime de arancel, non poderán percibir participación ningunha nos tributos, nas comisións ou noutros ingresos de calquera natureza que lle correspondan á administración ou a calquera poder público como contraprestación de calquera servicio ou xurisdicción, nin participación ou premio en multas impostas aínda que estivesen normativamente atribuídas a eles, debendo percibir unicamente as remuneracións do correspondente réxime retributivo, sen prexuízo do que resulte da aplicación do sistema de incompatibilidades e do disposto na normativa específica sobre desfrute de vivenda por razón do traballo ou cargo desempeñado.

Artigo 19.-Outras normas comúns.

Un.-Cando as retribucións percibidas no ano 1999 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 6/1998 e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimen

tarán no ano 2000 un incremento do 2% sobre as percibidas no ano anterior.

Dous.-Na Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, nos casos de adscrición durante o ano 2000 dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo a que se adscribe, o devandito funcionario percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta das consellerías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública comunicaralle estas autorizacións á Consellería de Economía e Facenda para o seu coñecemento.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ós funcionarios, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos.

Artigo 20.-Relacións de postos de traballo.

As relacións de postos de traballo vixentes o 1 de xaneiro do ano 2000 poderán ser obxecto das modificacións necesarias para axustalas ás previsións orzamentarias que se deducen do anexo de persoal desta lei.

Artigo 21.-Requisitos para a determinación ou modificación de retribucións do persoal laboral e non funcionario.

Un.-Será necesario informe favorable emitido conxuntamente polas consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública para proceder a determinar ou modifica-las condicións retributivas do persoal non funcionario e laboral ó servicio de:

a) Os órganos estatutarios de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 12.2 do Estatuto de autonomía de Galicia para o Parlamento.

b) A Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos.

c) As universidades de Galicia.

d) As fundacións públicas constituídas pola Comunidade Autónoma para a xestión de servicios sanitarios.

e) As restantes sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

f) As fundacións nas que exista maioría de capital público da Xunta.

Dous.-Con carácter previo ás negociacións de convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2000, deberá solicitarse da Consellería de Eco

nomía e Facenda a correspondente autorización de masa salarial, que cuantifique o límite máximo das obrigas que se poidan contraer como consecuencia dos devanditos pactos, achegando para o efecto a certificación das retribucións salariais satisfeitas e devengadas durante 1999.

Cando se trate de persoal non suxeito a convenio colectivo, do cal as retribucións veñan determinadas en todo ou en parte mediante contrato individual, deberánselle comunicar á Consellería de Economía e Facenda as retribucións satisfeitas e devengadas durante 1999.

Para a determinación das retribucións de postos de traballo de nova creación bastará coa emisión do informe ó que se refire o punto un deste artigo.

Tres.-Para os efectos dos puntos anteriores, entenderase por determinación ou modificación de condicións retributivas do persoal non funcionario as seguintes actuacións:

a) Asinamento de convenios colectivos subscritos polos organismos sinalados no punto un anterior, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

b) Aplicación de convenios colectivos de ámbito sectorial, así como as súas revisións e as adhesións ou extensións a eles.

c) Fixación de retribucións mediante contrato individual, xa se trate de persoal fixo ou contratado por tempo determinado, cando non veñan reguladas en todo ou en parte mediante convenio colectivo.

d) Outorgamento de calquera clase de melloras salariais de tipo unilateral con carácter individual ou colectivo, aínda que deriven da aplicación extensiva do réxime retributivo dos funcionarios públicos.

Catro.-Co fin de emiti-lo informe sinalado no punto un deste artigo, as consellerías, os organismos e os entes remitiranlles ás consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública o correspondente proxecto, con carácter previo ó seu acordo ou asinamento no caso dos convenios colectivos ou contratos individuais, achegando a valoración de tódolos seus aspectos económicos.

Cinco.-O sinalado informe será realizado no prazo máximo de quince días, que se contarán desde a data de recepción do proxecto e da súa valoración, e versará sobre todos aqueles extremos dos que deriven consecuencias directas ou indirectas en materia de gasto público, tanto para o ano 2000 coma para exercicios futuros, e, especialmente, no que se refire á determinación da masa salarial correspondente e ó control do seu crecemento, sen prexuízo do disposto no artigo 12 desta lei.

Seis.-Serán nulos de pleno dereito os acordos adoptados nesta materia con omisión do trámite de informe ou en contra dun informe desfavorable, así como os pactos que impliquen crecementos salariais para exercicios sucesivos contrarios ó que determinen as futuras leis de orzamentos.

Sete.-Non poderán autorizarse gastos derivados da aplicación das retribucións para o ano 2000 sen o cumprimento dos requisitos establecidos neste artigo.

Artigo 22.-Persoal de alta dirección dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Nos contratos laborais do persoal de alta dirección das entidades ás que se refire este artigo non se poderán fixar indemnizacións, en razón da extinción da relación xurídica coa entidade correspondente, de contía superior á fixada na lexislación reguladora desta relación laboral de carácter especial.

Excepcionalmente, o Consello da Xunta poderá autoriza-la inclusión de cláusulas indemnizatorias que garantan ata un 15% das retribucións que se percibirían desde a extinción anticipada da relación laboral ata o termo inicialmente previsto como duración do contrato.

En calquera caso, cando a extinción da relación laboral tivese lugar dentro dos últimos doce meses de vixencia do vínculo contractual, a única indemnización aplicable será a prevista no parágrafo primeiro deste artigo.

Artigo 23.-Contratación de persoal laboral de carácter temporal para a realización de obras ou servicios previstos no anexo de investimentos.

Un.-As consellerías e os organismos autónomos poderán formalizar durante o ano 2000 contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servicios, sempre que se dea a concorrencia dos seguintes requisitos:

a) Que a contratación teña por obxecto a execución de obras por administración directa e con aplicación da lexislación de contratos do Estado, ou a realización de servicios que teñan a natureza de investimentos.

b) Que tales obras ou servicios correspondan a investimentos previstos e aprobados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) Que pola natureza das obras ou dos servicios non poidan ser executados por persoal fixo.

Do cumprimento dos anteriores requisitos deberá deixarse constancia no correspondente expediente de contratación.

Dous.-Os contratos terán que formalizarse seguindo as prescricións dos artigos 15 e 17 do Estatuto dos traballadores e conforme o disposto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas. Nos contratos farase consta-la obra ou o servicio para a realización do cal se formaliza o contrato e o tempo de duración, así como o resto das formalidades que impón a lexislación sobre contratos laborais, eventuais ou temporais. Os incumprimentos destas obrigas formais, así como a asignación de persoal contratado para funcións distintas das que se determinen nos contratos, dos que puidesen derivar dereitos de fixeza para o persoal contratado, poderán dar lugar á esixencia de responsabilidades, segundo o artigo 122 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

O gasto xerado por estas contratacións imputarase ó concepto 131 do programa correspondente da consellería de que se trate.

Tres.-A realización destes contratos será obxecto de fiscalización previa nos casos en que esta resulte preceptiva, de conformidade co establecido nos artigos 94 a 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. A intervención delegada da consellería certificará que existe crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria que corresponda computado sempre na súa proxección anual.

Catro.-A contratación poderá exceder do exercicio orzamentario cando se trate de obras ou servicios que pasen do devandito exercicio e correspondan a proxectos de investimento de carácter plurianual que cumpran os requisitos que para estes se prevén no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ou nesta propia Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2000.

Cinco.-O servicio xurídico da consellería, organismo ou entidade emitirá informe sobre os contratos con carácter previo á súa formalización e, en especial, pronunciarase sobre a modalidade de contratación utilizada e a observancia nas cláusulas do contrato dos requisitos e das formalidades esixidos pola lexislación laboral.

Seis.-Non poderán realizarse contratacións de persoal de carácter temporal para a realización de obras ou servicios previstos no anexo de investimentos sen autorización previa da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Sete.-Os contratos que se iniciasen durante o exercicio de 1999 ou anteriores e que teñan unha data de finalización posterior ó 31 de decembro de 1999 continuarán imputándose ó capítulo VI do orzamento de gastos da correspondente consellería ata o seu termo.

Artigo 24.-Oferta de emprego público para o ano 2000.

Un.-O Consello da Xunta poderá autorizar, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou, se é o caso, das consellerías competentes na materia e co informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, a convocatoria de prazas vacantes que se considere que poidan afecta-lo funcionamento dos servicios públicos esenciais, e que se concentrarán nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios, sempre que o número de prazas de novo ingreso sexa inferior ó 25% da taxa de reposición de efectivos. Para estes efectos consideraranse efectivos aqueles que veñan desempeñando a súa actividade en servicios que teñen carácter permanente na Comunidade Autónoma. Con este fin, realizaranse as adecuacións nos orzamentos que resulten precisas e sempre de acordo co previsto no artigo 9 desta lei.

Dous.-A restricción sobre o número de prazas indicada no punto anterior non lles será aplicable ás rela

tivas ó persoal adscrito a centros de ensino, sanitarios e de servicios sociais, que se axustarán en todo caso ós efectivos dotados orzamentariamente.

Tres.-Malia o disposto no parágrafo primeiro deste artigo, poderanse convoca-los postos ou as prazas que, estando orzamentariamente dotados e incluídos nas correspondentes relacións de postos de traballo, catálogos ou cadros de persoal, se encontren desempeñados interina ou temporalmente.

Catro.-Durante o ano 2000 non se procederá á contratación de novo persoal temporal nin ó nomeamento de funcionarios interinos, salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, con autorización conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Adecuándose estrictamente ás necesidades do servicio e co límite máximo das previsións orzamentarias que se establecen para o efecto, non será necesaria esa autorización para as contratacións seguintes:

a) Persoal docente.

b) Persoal que preste servicios en institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

c) Persoal laboral de centros e residencias de servicios sociais.

Así mesmo, e sempre dentro das limitacións orzamentarias previstas, non requirirán autorización previa as contratacións para substitucións do persoal que resulten imprescindibles para o bo funcionamento dos servicios.

Cinco.-As convocatorias de prazas vacantes dos entes públicos ós que se refire o apartado b) do punto 1 do artigo 12 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e das sociedades de carácter mercantil dependentes do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia deberán ser autorizadas conxuntamente polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda.

Seis.-En todo caso, en materia de oferta de emprego público teranse en conta os criterios establecidos na normativa básica estatal.

Artigo 25.-Autorización dos custos de persoal das universidades de Galicia.

Un.-De conformidade co disposto no artigo 54.4 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, autorízanse para o ano 2000 os custos de persoal funcionario, docente e non docente, das universidades de competencia da Administración autónomica, polos importes que se indican a continuación:

UniversidadePersoal

funcionario

docente

Persoal

funcionario

non docente

Santiago de Compostela7.779.018.6121.740.719.435

A Coruña4.412.254.121837.126.659

Vigo3.779.600.0001.438.222.000

Dous.-As universidades de competencia da Administración da Comunidade Autónoma ampliarán os seus créditos do capítulo I en función da distribución que do crédito 07.05.322C.440.0 realice a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, caso no que non será aplicable o contido do artigo 55.1 da citada Lei orgánica de reforma universitaria.

TÍTULO III

Das operacións de endebedamento e garantía

Capítulo I

Operacións de crédito

Artigo 26.-Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano.

Un.-De acordo co previsto no artigo 32 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, a variación da posición neta debedora da Comunidade Autónoma ó final do exercicio do ano 2000 non poderá exceder de 10.000.000.000 de pesetas.

Dous.-Autorízase o Instituto Galego da Vivenda e Solo a concertar con entidades financeiras préstamos hipotecarios subrogables con destino ó financiamento de actuacións en materia de vivenda e solo, non podendo establecerse ningún tipo de cláusula da que derive responsabilidade por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo unha vez realizada a subrogación.

O importe dos créditos hipotecarios vivos no ano 2000 non poderá superar en ningún caso os 4.500.000.000 de pesetas.

Para a súa instrumentación será preciso informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 27.-Débeda da tesourería.

O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá concertar ou emitir operacións de débeda de tesourería, durante o exercicio do ano 2000, conforme o disposto no artigo 31 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ata un importe que non supere o 15% da consignación que figura no orzamento da Administración xeral como ingresos correntes incondicionados, entendendo como tal a suma dos capítulos I, II e III e os conceptos 400 e 408.

Artigo 28.-Endebedamento dos organismos autónomos e das sociedades públicas.

Un.-Durante o exercicio do ano 2000 os organismos autónomos e as sociedades públicas da Comunidade Autónoma poderán concertar operacións para atender necesidades transitorias de tesourería, con prazo de reembolso non superior a un ano, cun límite máximo do 10% da súa previsión inicial de ingresos correntes ou de explotación. A superación deste límite deberá ser autorizada polo conselleiro de Economía e Facenda.

Dous.-En ningún caso poderán concertarse sen autorización previa do conselleiro de Economía e Facenda operacións que impliquen a superación da variación

de pasivos establecida nos orzamentos iniciais dos organismos autónomos e das sociedades públicas da Comunidade Autónoma.

Tres.-En todo caso as disposicións das operacións financeiras previstas neste artigo deberanlle ser comunicadas á Consellería de Economía e Facenda no prazo máximo dun mes.

Capítulo II

Afianzamento por aval

Artigo 29.-Avais.

Un.-Con carácter xeral e de conformidade co disposto no artigo 41 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o importe máximo dos avais que poderán ser concedidos pola Xunta de Galicia durante o ano 2000 será de 2.000.000.000 de pesetas.

Con independencia desa cantidade, o Igape poderá conceder avais en contía que non supere en ningún momento un saldo efectivo vixente de 25.000.000.000 de pesetas.

Non obstante, por acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos, poderá autorizarse a ampliación da cantidade fixada para o Igape ata un importe igual ó non utilizado pola Xunta, sen que en ningún caso o saldo efectivo vixente do conxunto dos avais que por este artigo se autorizan poida supera-la cifra de 27.000.000.000 de pesetas.

Dous.-O Consello da Xunta, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acordar, logo de petición fundada dos interesados á consellería correspondente, e por instancia desta, o inexercicio das accións de regreso que ó abeiro do artigo 10.2 do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica, lle corresponden á Comunidade Autónoma como consecuencia da prestación por aquel de avais ou contraavais, cando, de se faceren efectivas aquelas, se afectase grave ou susbtancialmente o mantemento da capacidade productiva ou do nivel de emprego ou de renda de calquera dos sectores ou subsectores básicos da economía galega.

TÍTULO IV

Normas tributarias

Capítulo único

Tributos propios

Artigo 30.-Taxas.

Un.-Mantense a contía das taxas vixente no ano 1999, con excepción das que resulten afectadas polas modificacións que figuran no apartado seguinte.

Dous.-Introdúcense as seguintes modificacións no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decem

bro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción vixente:

1) Engádeselle o apartado 2 ó artigo 14, co seguinte texto:

«2. Non se esixirá a taxa por servicios administrativos cando se trate de compulsas ou cotexos de documentos que deban achegarse a solicitudes, escritos ou comunicacións presentadas polo cidadán e realizadas no ámbito de actuación dos rexistros segundo o disposto no artigo 38.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.».

2) Engádeselle o apartado 5 ó artigo 16, coa seguinte redacción:

«5. A inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma, trala xustificación documental, solicitada polas persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.».

3) Modifícanse as tarifas previstas no apartado 03 do artigo 18, que quedan establecidas nos seguintes importes:

«03. Inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma:

-Grupo I do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo A: 7.525 ptas.

-Grupo II do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo B: 6.580 ptas.

-Grupo III do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo C: 5.640 ptas.

-Grupo IV do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo D: 4.700 ptas.

-Grupo V do convenio ou para acceder a un posto de traballo do grupo E: 3.765 ptas.».

4) Modifícase o subapartado 03 do apartado 07 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«03. Cambios no boletín de instalación e baixa del:

-Máquinas tipo «A»: 2.455 ptas.

-Máquinas tipo «B»: 6.120 ptas.

-Máquinas tipo «C»: 12.230 ptas.».

5) Engádeselle o subapartado 07 ó apartado 07 do artigo 18, coa seguinte redacción:

«07. Dilixenciado da comunicación de instalación da máquina:

-Máquinas tipo «A»: 1.500 ptas.

-Máquinas tipo «B»: 3.000 ptas.

-Máquinas tipo «C»: 6.000 ptas.».

6) Engádeselle o subapartado 08 ó apartado 07 do artigo 18, coa seguinte redacción:

«08. Homologación ou modificación dos modelos de máquinas recreativas e de xogo:

-Máquinas tipo «A»: 10.000 ptas.

-Máquinas tipo «B»: 25.000 ptas.

-Máquinas tipo «C»: 30.000 ptas.».

7) Modifícase o subapartado 02 do apartado 17 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«02. Licencias de pesca marítima de lecer (concesión, renovación, duplicado):

a) Clase A (anual): 500 ptas.

b) Clase A (mensual): 400 ptas.

c) Clase B (anual): 10.000 ptas.

d) Clase B (mensual): 2.500 ptas.

e) Clase C (anual): 4.000 ptas.

f) Clase C (mensual): 1.000 ptas.

g) Clase C (validación): 1.000 ptas.».

8) Engádeselle o subapartado 03 ó apartado 17 do artigo 18, coa seguinte redacción:

«03. Autorización de establecemento e cambio de base de buques pesqueiros:

-Establecemento de porto base: 1.000 ptas.

-Cambio de porto base: 1.000 ptas.».

9) Modifícase o apartado 20 do artigo 18, que queda redactado como segue:

«20. Expedición de títulos académicos e profesionais correspondentes ás ensinanzas establecidas pola LOXSE e dos seus duplicados:

TítuloTarifa normalFamilia

numerosa

1ª categoría

Familia

numerosa

2ª categoría

Duplicado

-Bacharel6.765 ptas.3.385 ptas.0 ptas.620 ptas.
-Técnico2.765 ptas.1.385 ptas.0 ptas.330 ptas.
-Técnico superior6.765 ptas.3.385 ptas.0 ptas.620 ptas.
-Conservación e restauración de bens culturais6.765 ptas.3.385 ptas.0 ptas.620 ptas.
-Certificado de aptitude ciclo superior do primeiro nivel de ensinanzas especializadas de idiomas3.245 ptas.1.625 ptas.0 ptas.310 ptas.»

10) Engádeselle o apartado 29 ó artigo 18, coa seguinte redacción:

«29. Actuacións en materia de rexistros ou libros xenealóxicos de animais:

01. Recoñecemento oficial de asociacións ou organizacións:

-Para o fomento de razas autóctonas de protección especial en perigo de extinción: 4.000 ptas.

-Para a levanza ou creación de libros xenealóxicos para équidos rexistrados: 4.000 ptas.

02. Control técnico dos libros xenealóxicos de razas de ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e supervisión do correcto funcionamento das asociacións ou organizacións que xestionen eses libros xenealóxicos, se é o caso (por cada actuación): 1.500 ptas.

03. Recoñecemento e autorización de persoal técnico para a valoración e cualificación de animais para a súa inscrición en rexistros xenealóxicos ou revisión dos xa inscritos: 3.000 ptas.».

11) Suprímense os subapartados 03 e 04 do apartado 01 do artigo 23.

12) Modifícase a redacción do subapartado 06 do apartado 01 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«06. Capacitación profesional para o exercicio de actividades de transporte e auxiliares e complementarias deste, así como para o exercicio de conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas:

-Recoñecemento: por cada modalidade de transporte: 2.905 ptas.

-Realización das probas para a obtención do certificado (por cada unha das modalidades): 2.905 ptas.

-Expedición do certificado (por cada modalidade): 2.905 ptas.».

13) Modifícase a redacción do subapartado 07 do apartado 01 do artigo 23, de tal forma que onde poña «km» deberá poñer «km/milla náutica.»

14) Engádeselle un novo epígrafe ó subapartado 02 do apartado 07 do artigo 23, coa seguinte redacción:

«-Contrastación de doses seminais de vacún: 2.300 ptas.»

15) Modifícase a redacción do subapartado 04 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue, e mais engádeselle un suposto máis ós previamente existentes, coa redacción establecida no segundo parágrafo deste punto 14:

«04. Expedición de certificados zoosanitarios e zootécnicos, incluídos os relacionados con movementos de animais vivos e productos de orixe animal (mínimo 400 ptas. por cada certificación):

-Esperma, óvulos e embrións (por unidade): 2 ptas.

-Máximo: 2.000 ptas.».

16) Modifícase a redacción do subapartado 20 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«20. Subministración de marcas e documentos de identificación do gando:

-Por cada acto administrativo de subministración: 100 ptas.

-Por unidade de identificación subministrada: 50 ptas.».

17) Modifícase a redacción do subapartado 21 do apartado 07 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«21. Xestión e subministración de marcas para recrotalización, tralas comprobacións oportunas, en caso de perda, identificación incompleta ou deterioración de marcas identificativas de bovino (as dúas en caso dos identificados polo Regulamento 820/1997 e dunha polo Real decreto 205/1996), incluída a iden-

tificación de animais procedentes de terceiros países ou a reidentificación para cumpri-la normativa comunitaria de movemento de gando:

-Por cada acto administrativo: 300 ptas.

-Por unidade de identificación subministrada: 200 ptas.».

18) Engádeselle, coa redacción que a seguir se detalla, a letra c) ó subapartado 01, no epígrafe A.- Cota tributaria, do apartado 08 do artigo 23:

«c) Outras especies:

-Avestruz: 324 ptas.».

19) Engádeselle, coa redacción que a seguir se detalla, un novo suposto ó cadro do epígrafe C.- Liquidación e ingreso, do apartado 08 do artigo 23:

«Avestruz: 125 ptas.».

20) Suprímese a letra f) do subapartado 01 do apartado 11 do artigo 23.

21) Suprímese na letra a) do subapartado 01 do apartado 14 do artigo 23 a tarifa aplicable ós servicios de farmacia nas estructuras de atención primaria.

22) Modifícase a redacción do subapartado 01 do apartado 19 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«01. Apertura e clasificación; cambios de grupo, categoría e titularidade; ampliacións e melloras de hoteis, de establecementos extrahoteleiros e de turismo rural do grupo A:

-Establecementos de ata 20 unidades de aloxamento: 10.920 ptas.

-Establecementos de 21 a 50 unidades de aloxamento: 19.655 ptas.

-Establecementos de 51 a 100 unidades de aloxamento: 27.295 ptas.

-Establecementos de máis de 100 unidades de aloxamento: 32.755 ptas.».

23) Modifícase a redacción do subapartado 02 do apartado 19 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«02. Apertura e clasificación; cambios de grupo, categoría e titularidade; ampliacións e melloras de pensións e de establecementos de turismo rural dos grupos B e C: 7.645 ptas.».

24) Engádeselle o subapartado 08 ó apartado 19 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«08. Renovación da habilitación de guía de turismo especializado: 2.000 ptas.».

25) Engádeselle o subapartado 09 ó apartado 19 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«09. Autorización ou modificación da autorización para a organización de actividades de turismo activo:

a) Autorización: 10.000 ptas.

b) Modificación da autorización: 5.000 ptas.».

26) Modifícase a redacción do apartado 22 do artigo 23, que queda redactado como segue:

«22. Actuacións en materia de vivenda:

01. Informe de cumprimento de control

-Unha vivenda: 5.000 ptas.

-Ata 20 vivendas: 12.000 ptas.

-Máis de 20 vivendas: 18.000 ptas.

02. Visado de programa de control

-Unha vivenda: 1.500 ptas.

-Ata 20 vivendas: 6.000 ptas.

-Máis de 20 vivendas: 10.000 ptas.

03. Acreditación de laboratorios: 75.000 ptas.

04. Visitas de inspección

-Laboratorios acreditados

-Nunha área: 50.000 ptas.

-En máis dunha área: 65.000 ptas.

-Inspección de selos e marcas de calidade: 25.000 ptas.

05. Control de calidade de vivendas de promoción pública.

Por seguimento, inspección e xestión do control de calidade de vivendas de promoción pública. Do orzamento de control: 3%.

06. Estudio xeotécnico. Visado: 6.000 ptas.».

27) Engádeselle o apartado 42 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«42. Outorgamento de licencia de homologación ás entidades para a realización de medidas e ensaios acústicos:

01. Licencia: 23.500 ptas.

02. Modificación: 5.875 ptas.

03. Renovación: 5.875 ptas.».

28) Engádeselle o apartado 43 ó artigo 23, coa seguinte redacción:

«43. Inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ó sistema de xestión e auditoría medioambiental: 23.500 ptas.».

29) Modifícase a redacción do subapartado 01 do apartado 07 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«01. Capacitación pofesional para o exercicio de actividades en materias competencia da Consellería de Industria e Comercio:

-Realización de probas para a obtención do certificado: 2.605 ptas.

-Expedición de certificados de capacitación profesional ou empresarial: 2.605 ptas.».

30) Suprímese o subapartado 08 do apartado 07 do artigo 24.

31) Modifícase a redacción dos subapartados c) e d) do apartado 29 do artigo 24, que quedan redactados como segue:

«c) Concesión de explotación derivada de permiso de investigación:

-Pola primeira cuadrícula: 350.000 ptas.

-Por cada unha das restantes: 15.000 ptas.

d) Concesión de explotación directa:

-Pola primeira cuadrícula: 350.000 ptas.

-Por cada unha das restantes: 15.000 ptas.».

32) Engádeselle un novo subapartado coa letra f) ó apartado 29 do artigo 24, coa seguinte redacción:

«f) Recursos da sección A:

-polas primeiras 30 hectáreas: 250.000 ptas.

-por cada unha das restantes: 500 ptas.».

33) Modifícase a redacción do subapartado 02 do apartado 36 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«02. Ampliación, modificación ou cambio de sistema de instalacións de acuicultura e auxiliares: 9.220 ptas.».

34) Modifícase a redacción do subapartado 06 do apartado 36 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«06. Autorización de extracción de semente de mexillón (por cada autorización): 1.000 ptas.».

35) Modifícase o apartado 37 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«37. Actuacións en materia de réxime especial de producción eléctrica:

01. Aprobación de plans eólicos estratéxicos:

-Para as primeiras 3.000 ha ou fracción aprobadas: 328.600 ptas.

-Resto, por hectárea: 30 ptas.

02. Cambio de titularidade de plans eólicos estratéxicos:

-Sobre a tarifa consignada no apartado anterior: 50%.

03. Recoñecemento de réxime especial de producción eléctrica:

-Ata 10 MW: 40.000 ptas.

-De 10 a 15 MW: 80.000 ptas.

-De 15 a 50 MW: 160.000 ptas.

-De máis de 50 MW: 250.000 ptas.

04. Cambios de titularidade. Recoñecemento do réxime especial de producción eléctrica: 30.000 ptas.

05. Comprobación do cumprimento das condicións de acceso ó réxime especial:

-Ata 5 MW: 40.000 ptas.

-Resto, por MW: 2.000 ptas.».

36) Modifícase a redacción do apartado 40 do artigo 24, que queda redactado como segue:

«40. Precinto de surtidores ou outros instrumentos sometidos á normativa en materia de metroloxía.».

37) Engádeselle o apartado 52 ó artigo 24, coa seguinte redacción:

«52. Actuacións en materia de residuos:

01. Autorización de productor de residuos perigosos: 47.000 ptas.

02. Autorización de xestor de residuos:

OrzamentoTarifa

Ata 100.000 ptas.47.000 ptas.
De 100.001 ata 200.00049.350 ptas.
De 200.001 ata 500.00051.700 ptas.
De 500.001 ata 1.000.00054.050 ptas.
De 1.000.001 ata 2.500.00056.400 ptas.
De 2.500.001 ata 5.000.00061.100 ptas.
De 5.000.001 ata 10.000.00065.800 ptas.
De 10.000.001 ata 50.000.00075.200 ptas.
De 50.000.001 ata 100.000.00094.000 ptas.
Desde 100.000.001141.000 ptas.

03. Autorización de xestor de residuos non perigosos de actividades de eliminación en vertedoiro:

Vertedoiro de ata 300.000 t: 150.000 ptas.

Vertedoiro de máis de 300.000 t: 300.000 ptas.

04. Inscrición no Rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia de pequeno productor de residuos perigosos: 23.500 ptas.

05. Inscrición de transportista no Rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia: 5.875 ptas.

06. Inscrición no Rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia de recollida e transporte de residuos non perigosos:

-En concellos de menos de 10.000 habitantes: 10.000 ptas.

-En concellos de entre 10.000 e 30.000 habitantes: 25.000 ptas.

-En concellos de máis de 30.000 habitantes: 50.000 ptas.

-Nunha provincia: 110.000 ptas.

-En dúas provincias: 150.000 ptas.

-En tres provincias: 175.000 ptas.

-En catro provincias: 200.000 ptas.».

TÍTULO V

Da xestión orzamentaria

Capítulo único

Dos procedementos de xestión orzamentaria

Artigo 31.-Identificación dos proxectos de investimento.

As modificacións dos programas de investimento que impliquen o inicio de novos proxectos ou a variación dos existentes requirirán a asignación dun novo código pola intervención delegada da consellería correspondente, logo da tramitación da oportuna modificación polo órgano competente segundo o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 32.-Autorización de gastos polo Consello da Xunta.

Requirirá autorización previa por parte do Consello da Xunta a tramitación de expedientes de gasto dos capítulos II e VI por contía superior a 500.000.000 de pesetas. Unha vez obtida a autorización, a aprobación do gasto corresponderalle ó órgano de contratación da consellería, organismo ou sociedade pública que xestione o crédito.

Artigo 33.-Gastos plurianuais.

Con independencia dos supostos previstos no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, por acordo do Consello da Xunta poderanse adquirir compromisos de gasto de carácter plurianual na tramitación de expedientes que teñan algunha das seguintes finalidades:

a) Adquisición de vivendas para a cualificación de promoción pública.

b) Adquisición de terreos para a construcción de vivendas de protección oficial.

c) Concesión de préstamos para a promoción de vivendas mediante convenios.

d) Axudas económicas persoais e para o apoio financeiro en vivendas sociais.

e) Concesión de subvencións para subsidiación de xuros de préstamos para vivendas de protección oficial.

f) Contratos de seguros de xestión centralizada.

Artigo 34.-Tramitación urxente de expedientes de obras.

Con carácter xeral autorízaselles ós órganos de contratación a tramitación urxente, prevista no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas, de expedientes de obras que non superen os 500.000.000 de pesetas.

Para os efectos do establecido neste artigo son órganos de contratación da Xunta os establecidos no artigo 72 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 35.-Revisións de prezos contidos en concertos ou convenios.

Con carácter xeral as revisións de prezos que se establezan nos concertos ou convenios que subscriban durante o ano 2000 a Administración xeral da Comunidade Autónoma, os seus organismos autónomos ou as entidades de dereito público previstas no artigo 12.1.b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como as revisións de prezos e tarifas de concertos ou convenios establecidos con anterioridade, non poderán supera-lo incremento do IPC galego durante o exercicio.

Excepcionalmente, por causas plenamente xustificadas ou por alteración das condicións dos concertos ou convenios, o conselleiro de Economía e Facenda, por proposta da consellería correspondente, poderá autoriza-la inclusión de cláusulas de revisión por contía diferente á indicada no parágrafo anterior.

Artigo 36.-Concesión directa de axudas e subvencións.

Con independencia do disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, poderán concederse de forma directa axudas ou subvencións nos seguintes casos:

a) As que deriven de convenios entre a Comunidade Autónoma e os entes públicos ou privados para a prestación de servicios ou actividades de carácter público ou de interese xeral, ou para a adquisición de bens de interese público, logo da oportuna xustificación razoada do órgano xestor, nas que non sexa posible promove-la concorrencia pública pola especificidade das características que debe cumpri-la entidade ou actividade destinataria da subvención.

b) As axudas ou subvencións correntes ás que polo seu obxectivo de utilidade e interese social ou cultural, ou para promove-la consecución dun fin público, non lles sexan aplicables os principios de publicidade e concorrencia, sempre que a súa contía non supere o importe de 1.000.000 de pesetas por beneficiario e ano e as concedidas por cada consellería non excedan globalmente de 10.000.000 de pesetas no exercicio. Estes importes elevaranse a 3.000.000, e 40.000.000 de pesetas, respectivamente, para a sección 04, servicio 01, Secretaría Xeral do Presidente.

As que participando da mesma condición excedan dos límites cuantitativos anteriores deberán ser concedidas por acordo motivado do Consello, dándolle conta á comisión correspondente do Parlamento de Galicia.

c) Excepcionalmente, as axudas ou subvencións de capital, logo de declaración pola Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos da súa utilidade e interese social ou do seu carácter estratéxico.

Os acordos de concesión deberán ser adoptados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta da consellería competente por razón da materia.

Artigo 37.-Anticipos ou pagamentos parciais de axudas e subvencións.

Sen prexuízo da xustificación ou liquidación definitiva das subvencións ás que se refire o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e do control e da fiscalización posterior do gasto incorrido, así como das funcións de inspección e control financeiro pertinentes, poderán efectuarse pagamentos parciais ou anticipos de pagamentos sobre a subvención ou axuda concedida, nos casos e coas condicións seguintes:

Un.-Subvencións correntes:

Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderá acordarse no momento da concesión un anticipo de pagamento de ata un 80%, e librarase o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para as que foi concedida.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, ata a porcentaxe que estableza a norma reguladora da convocatoria, que nunca será superior ó 80% da subvención concedida. Non obstante, naquelas que se lles concedan baixo os principios de publicidade e concorrencia a entidades sen ánimo de lucro, poderá autorizarse un anticipo do 10% da subvención no momento da concesión, sempre que a orde de convocatoria así o prevexa e estableza os medios documentais de xustificación provisional que deban achega-los beneficiarios.

Excepcionalmente, logo da oportuna xustificación, o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar que a norma reguladora da convocatoria prevexa anticipos, no momento da concesión da subvención, nunha porcentaxe superior á sinalada.

Dous.-Subvencións de capital:

1. Naquelas que non excedan de 5.000.000 de pesetas poderán efectuarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os investimentos efectuados. Estes pagamentos non superarán o 80% da subvención concedida, e o importe restante librarase no momento da completa xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade e das demais condicións para as que foi concedida.

2. Cando o importe das subvencións supere a cifra de 5.000.000 de pesetas poderanse efectuar pagamentos parciais a conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e as circunstancias seguintes:

a) Que o interesado o solicite.

b) Que se xustifiquen non só o investimento senón tamén os pagamentos efectuados ata ese momento con cargo ó proceso de investimento aprobado.

c) O importe que poida satisfacerse por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso da anua

lidade prevista en cada exercicio orzamentario de que se trate, nin tampouco supera-lo 80% do total da subvención concedida.

d) Para a concesión de pagamentos parciais será necesario que o beneficiario da subvención acredite xa ter aplicado ó proceso investidor recursos propios na mesma proporción que representa o pagamento parcial respecto da subvención concedida.

e) Os pagamentos parciais quedan condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención e para estes efectos estarán garantidos con aval bancario ou de entidade aseguradora que se considere suficiente e por tempo indefinido. Este aval estará á disposición da consellería xestora e soamente poderá levantarse unha vez que a subvención se liquide definitivamente de conformidade ou que se xustifique o cumprimento da finalidade e o pagamento do investimento para o que a subvención foi concedida. O dito aval garantirá o principal e os intereses calculados polo xuro legal do diñeiro e por un prazo que medie entre a data de solicitude e o último día no que, de acordo coas normas de concesión da subvención, esta deba ser xustificada.

Quedan exentos deste requisito os beneficiarios que se citan no apartado tres deste artigo.

3. Con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería correspondente, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento esixa pagamentos inmediatos. Unicamente no caso en que o anticipo non supere o importe de 5.000.000 de pesetas ou lles corresponda ós beneficiarios que se citan no apartado tres deste artigo non serán esixibles as garantías previstas no apartado e) do número 2 anterior.

Respecto do Fondo de Cooperación Local haberá que aterse á súa normativa reguladora.

Tres.-De acordo coa natureza e co réxime das subvencións concedidas con cargo ós orzamentos da Comunidade Autónoma, quedan exentas de achega-los xustificantes do cumprimento das obrigas a que se refire o artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro:

a) As libradas a favor da Comunidade Autónoma e das súas sociedades públicas, así como dos órganos estatutarios de Galicia.

b) As libradas a favor do Estado e dos seus organismos autónomos, así como dos órganos constitucionais.

c) As libradas a favor das universidades.

d) As libradas a favor das corporacións locais.

e) As bolsas e axudas destinadas expresamente a financiar estudios en centros de formación públicos e privados, cando as perciban directamente as persoas individuais beneficiarias.

f) As subvencións ou axudas con cargo ós créditos orzamentarios correspondentes ó artigo 48, «Familias e institucións sen fins de lucro», e aquelas que non

superen as 250.000 pesetas individualmente e se concedan con cargo ó artigo 78, «Familias e institucións sen fins de lucro».

g) As subvencións ou axudas que se concedan con cargo ó artigo 77 do orzamento de gastos, cando non superen por beneficiario e axuda o importe de 250.000 pesetas.

h) As concedidas ós beneficiarios para a mellora da condición de financiamento que se aboen a través das entidades financeiras correspondentes.

Catro.-As ordes correspondentes das consellerías fixarán o prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a vinte días hábiles.

Artigo 38.-Control de axudas financiadas con fondos comunitarios.

De conformidade co disposto no artigo 18.1 do texto refundido da Lei xeral orzamentaria aprobado polo Real decreto lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, nos regulamentos (CEE) números 4042/1989 e 4253/1988, agora integrados no Regulamento (CEE) número 2080/1994, do Consello do 20 de xullo de 1994 (Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca, IFOP), e nas demais disposicións aplicables, correspóndelle no ámbito de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma a elaboración e execución dos plans de control sobre beneficiarios de axudas financiadas total ou parcialmente cos fondos comunitarios a que se refiren as citadas normas.

Artigo 39.-Expedientes de dotación artística.

Á entrada en vigor desta lei, o 70% dos créditos afectados á realización de traballos de dotación artística, nas aplicacións correspondentes a proxectos técnicos de obras novas do capítulo VI non financiados polo Fondo de Compensación Interterritorial ou con fondos finalistas ou procedentes da Unión Europea, será obxecto de retención e transferido seguidamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo para a finalidade determinada na Lei 12/1991, do 14 de novembro, de traballos de dotación artística nas obras públicas e nos camiños de Santiago da Comunidade Autónoma de Galicia.

A transferencia indicada terá carácter de «a conta» sobre a liquidación definitiva da porcentaxe que de acordo coa Lei 12/1991 lles corresponde ós traballos de dotación artística.

Disposicións adicionais

Primeira.-Información ó Parlamento.

Un.-A Consellería de Economía e Facenda facilitaralle trimestralmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento información referente ás seguintes actuacións:

a) Ampliacións de crédito realizadas para atende-lo pagamento de obrigas derivadas de crebas de operacións de crédito avaladas pola Comunidade Autónoma.

b) Operacións de endebedamento por prazo superior a un ano, formalizadas pola Comunidade Autónoma e polos seus organismos autónomos ou sociedades públicas, conforme as autorizacións contidas nesta lei.

c) Avais amortizados, pagamentos efectuados por falidos, importes recuperados e risco acumulado, tanto polo que respecta ós avais concedidos pola Comunidade Autónoma coma polos seus organismos autónomos e sociedades públicas.

d) Compromisos de gasto de carácter plurianual adquiridos conforme a autorización do artigo 33 desta lei.

e) Autorizacións de revisións de prezos en concertos ou convenios que superen o incremento do IPC.

f) Concesións de subvencións ou axudas outorgadas polo Consello da Xunta ás que se refiren os apartados b) e c) do artigo 36 desta lei.

g) Aprobación polo Consello da Xunta dos orzamentos das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 2000.

Dous.-A Consellería de Economía e Facenda comunicaralle á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, nun prazo de trinta días:

a) A realización das adaptacións técnicas dos orzamentos autorizados conforme o previsto na disposición derradeira segunda desta lei.

b) As modificacións efectuadas consonte o indicado no artigo 9.

c) Os orzamentos dos organismos autónomos e sociedades públicas que poidan entrar en funcionamento ó longo do ano 2000.

Tres.-A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A. comunicaralle mensualmente á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento os plans económico-financeiros que susbcriba no desenvolvemento da súa actividade.

Segunda.-Transferencia de remanentes líquidos de tesourería.

Os organismos autónomos e as sociedades públicas de carácter non mercantil da Comunidade Autónoma transferiranlle ó orzamento da Administración xeral da Comunidade Autónoma o importe do remanente de tesourería non afectado resultante da liquidación do anterior exercicio orzamentario.

A Consellería de Economía e Facenda poderá xerar crédito con este importe no programa 531B, «Imprevistos e funcións non clasificadas».

Non obstante, e coa finalidade de evitar que se produzan estes remanentes, a Consellería de Economía e Facenda poderá limita-los libramentos de fondos a estas entidades en función do seu nivel de execución orzamentaria, procedéndose no que respecta a recursos provenientes da Unión Europea, do Fondo de Compensación Interterritorial ou de subvencións finalistas

a transferi-los fondos na forma indicada na disposición adicional primeira da Orde do 16 de xullo de 1996 sobre desenvolvemento da xestión orzamentaria dos ingresos procedentes de transferencias correntes e de capital.

Terceira.-Sociedades públicas.

Autorízase o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a aproba-los orzamentos de explotación e capital previstos no artigo 83 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, das sociedades públicas que se constitúan ou entren en funcionamento ó longo do ano 2000.

Cuarta.-Complemento variable da renda de integración social de Galicia.

Para o ano 2000 a contía do complemento variable da prestación económica da renda de integración social de Galicia, en función do número de membros do fogar, prevista no artigo 12.2 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, será a seguinte:

-6.794 pesetas polo primeiro membro adicional.

-5.471 pesetas polo segundo membro adicional.

-4.135 pesetas por cada un dos restantes membros adicionais.

Quinta.-Competencia para aproba-los criterios de distribución de determinados créditos.

A distribución dos créditos previstos no estado de gastos dos orzamentos no programa 05.06.811B.760.0 realizarase tomando como criterios básicos de referencia os acordos da Comisión Galega de Cooperación Local.

Os créditos da aplicación 13.05.811B.760.0 serán distribuídos de conformidade co disposto no Plan de parques comarcais contra incendios.

Sexta.-Profesorado de apoio de centros docentes concertados.

O profesorado de apoio existente nos centros concertados da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria á entrada en vigor desta lei pasará a formar parte, para tódolos efectos, dos cadros de persoal dos centros onde estivese prestando servicios.

Sétima.-Dotación dos fondos Emprende e Adiante.

Se a demanda de apoio a proxectos viables, durante o ano 2000, o fixese necesario, as achegas destinadas a financia-lo desenvolvemento de actuacións dos fondos Emprende e Adiante, que figuran nos orzamentos do Igape, poderán incrementarse conxuntamente nun importe máximo de 1.000.000.000 de pesetas.

A Consellería de Economía e Facenda habilitará, se é o caso, as medidas necesarias para o cumprimento do indicado nesta disposición.

Oitava.-Canon de saneamento.

Un.-Engádeselle unha nova letra d) ó punto 2 do artigo 34 da Lei 8/1983, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, coa redacción seguinte:

«d) Os usos domésticos nos núcleos de poboación que non dispoñan de rede de sumidoiros, mentres esta non entre en funcionamento.»

Dous.-Engádeselle un novo punto 3 ó artigo 34 da Lei 8/1993, do 23 de xuño, coa redacción seguinte:

«3. Establécese unha deducción do 50% da cota tributaria do canon de saneamento para os usos domésticos da auga das familias numerosas que acrediten formalmente tal condición, de acordo coa normativa aplicable na materia.»

Tres.-Engádeselle unha disposición transitoria á Lei 8/1993, do 23 de xuño, co seguinte texto:

«Cuarta.-A exención establecida na letra d) do punto 2 do artigo 34 desta lei e a deducción do punto 3 do mesmo artigo só producirán efecto a partir da entrada en vigor da norma regulamentaria onde se establezan os requisitos e procedementos para a súa aplicación.»

Novena.-Delegación lexislativa.

Autorízase o Goberno para a elaboración do texto refundido do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, no prazo de seis meses desde a entrada en vigor desta lei.

Disposicións transitorias

Primeira.-Retribucións do persoal contratado administrativo.

As retribucións do persoal contratado administrativo a que facía referencia a disposición transitoria terceira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, ata que non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, experimentarán un incremento do 2% respecto das establecidas no ano 1999.

Segunda.-Taxas.

As tarifas recollidas no punto 37 do apartado dous do artigo 30 non serán aplicables en tanto non entre en vigor o Decreto polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia e se cree o Rexistro xeral de productores e xestores de residuos de Galicia, e quedarán suprimidas desde ese momento as tarifas contidas nos subapartados 02, 03, 04, 05 e 06 do apartado 33 do artigo 24 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento da lei.

Autorízase o Consello da Xunta para dictar, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Adaptacións técnicas nos orzamentos.

Autorízase a Consellería de Economía e Facenda para que efectúe nos orzamentos da Comunidade Autó

noma as adaptacións técnicas que procedan como consecuencia de reorganizacións administrativas, posta en marcha de organismos autónomos ou traspaso de competencias desde outras administracións co fin de crea-los programas, as seccións, os servicios e os conceptos orzamentarios que sexan necesarios e autoriza-las transferencias de crédito correspondentes. Estas operacións en ningún caso darán lugar a un incremento do gasto.

Terceira.-Xestión dos orzamentos docentes non universitarios.

Autorízase a Consellería de Economía e Facenda e a de Educación e Ordenación Universitaria para que, conxuntamente, e no ámbito das súas respectivas competencias, dicten, no prazo de seis meses, as disposicións precisas para efectua-la necesaria adaptación en materia de autonomía de xestión económica dos centros docentes públicos non universitarios, que conterán polo menos a regulación precisa en canto ós libramentos de fondos, elaboración e formación do orzamento, execución de ingresos obtidos e gastos realizados, así como á liquidación do orzamento e rendición de contas.

Cuarta.-Vixencia permanente.

Terá vixencia permanente o artigo 30 desta lei, en canto ás modificacións do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, que incorpora.

Quinta.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o día 1 de xaneiro do ano 2000.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

ANEXO

Distribución de taxas e prezos

Artigo 5.d)

(Miles de ptas.)

ConselleríaTaxasPrezosTotal

Presidencia e Administración Pública (DOG)50.00050.000

Presidencia e Administración Pública (oposicións)1.0001.000

Presidencia e Administración Pública (outras)135.530482.950618.480

Economía e Facenda44.77028545.055

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda656.01011.400667.410

Educación e Ordenación Universitaria (oposicións)136.000136.000

Educación e Ordenación Universitaria (outras)211.060123.405334.465

Industria e Comercio808.08059.850867.930

Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria189.07051.015240.085

Cultura, Comunicación Social e Turismo55.1307.41062.540

Sanidade e Servicios Sociais490.6201.038.8251.529.445

Pesca, Marisqueo e Acuicultura143.930143.930

Xustiza, Interior e Relacións Laborais169.83012.255182.085

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (TIVE)100.000100.000

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (carné xove)25.00025.000

(Miles de ptas.)

ConselleríaTaxasPrezosTotal

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (outras)43.290474.640517.930

Medio Ambiente615.680412.9651.028.645

Total3.700.0002.850.0006.550.000

Artigo 5.f)

(Miles de ptas.)

SanciónsImporte

-Inspección Dirección Xeral de Turismo65.000

-Inspección urbanismo medio rural50.000

A) Orzamento da Comunidade Autónoma

Estado de ingresos

Resumo por artigos e capítulos

(Miles de ptas.)

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

1

0

1

Impostos directos

Sobre a renda

Sobre o capital

49.498.974

19.180.000

68.678.974*

(Miles de ptas.)

CapítuloArtigoExplicación do ingresoTotal

2

0

1

Impostos indirectos

Sobre transmisións patrimoniais e A.X.D.

Tributos propios da Comunidade Autónoma

33.495.000

3.550.000

37.045.000*

3

0

1

2

8

9

Taxas, prezos e outros ingresos

Taxas administrativas

Prezos

Outras taxas

Reintegros

Outros ingresos

3.700.000

2.850.000

10.600.000

1.824.900

2.025.100

21.000.000*

4

0

1

2

6

9

Transferencias correntes

Da Administración central do Estado

De Org. autónomos administrativos da Comunidade Autónoma

Da Seguridade Social

De corporacións locais

Do exterior

430.824.327

200.000

11.460.646

5.000

6.762.000

449.251.973*

5

2

9

Ingresos patrimoniais

Xuros de depósitos

Outros ingresos patrimoniais

1.600.000

100.000

1.700.000*

6

0

Alleamento de investimentos reais

De terreos

50.000

50.000*

7

0

9

Transferencias de capital

Da Administración central do Estado

Do exterior

29.947.187

57.805.000

87.752.187*

9

5

Pasivos financeiros

Préstamos recibidos e emisión de débeda

43.185.108

43.185.108*

Total708.663.242

Estado de gastos

Resumo xeral do orzamento de gastos

(Miles de ptas.)

Cap.-1

Cap.-2

Cap.-3

Cap.-4

Cap.-5

Cap.-6

Cap.-7

Cap.-8

Cap.-9

Total

Parlamento1.058.551

633.295

0

219.800

0

248.200

6.500

17.000

0

2.183.346

Consello de Contas483.611

125.025

0

660

0

34.500

0

8.000

0

651.796

Consello da Cultura Galega65.430

150.645

0

32.000

0

27.870

0

0

0

275.945

Presidencia e Admón. Pública4.032.049

2.588.297

3.203

3.476.568

0

3.666.790

3.487.560

6.000

0

17.260.467

Economía e Facenda3.176.349

614.514

110

2.184.846

0

1.769.274

12.492.551

0

0

20.237.644

Política Territorial, O.P. e V.3.166.940

344.624

0

1.814.754

0

16.246.318

28.040.680

0

0

49.613.316

Educación e Ord. Universitaria144.192.559

22.219.211

235.233

57.260.698

0

13.384.543

2.886.694

0

0

240.178.938

Industria e Comercio1.320.852

180.634

0

1.565.471

0

1.672.330

11.612.165

89.000

0

16.440.452

Agricultura, Gandería e Pol. Ag.5.965.700

491.609

0

1.153.012

0

9.150.579

21.333.921

0

0

38.094.821

Cultura, Com. Social e Turismo2.895.448

790.165

0

15.335.112

0

5.889.514

6.262.639

610.000

0

31.782.878

Sanidade e Servicios Sociais11.430.554

5.745.115

0

17.115.225

0

3.187.243

1.480.757

0

0

38.958.894

Pesca, Marisqueo e Acuicultura3.417.073

566.074

0

444.948

0

4.592.894

13.022.106

0

0

22.043.095

Xustiza, Interior e Relacións Laborais7.880.180

1.544.971

0

2.233.309

0

2.185.348

1.227.652

0

0

15.071.460

Familia e Prom. Emp., Muller e Xuvent.7.427.541

4.325.045

0

26.668.395

0

1.193.000

918.000

0

0

40.531.981

Medio Ambiente5.090.665

357.887

0

30.300

0

9.900.152

7.556.248

0

0

22.935.252

Consello Consultivo de Gal.180.453

36.759

0

0

0

19.000

0

0

0

236.212

Transferencias a CC.LL.0

0

0

83.336.000

0

0

0

0

0

83.336.000

Débeda pública da C.A.0

0

28.813.070

0

0

0

0

0

33.185.108

61.998.178

Gastos de diversas Consell.3.475.000

1.293.519

0

0

0

1.514.048

350.000

200.000

0

6.832.567

Total205.258.955

42.007.389

29.051.616

212.871.098

0

74.681.603

110.677.473

930.000

33.185.108

708.663.242

D) Sociedades públicas (en miles de pesetas)

(Miles de ptas.)

Sociedades mercantísDotaciónsRecursos

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.33.196.00033.196.000

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.1.750.0001.750.000

Xestión Urbanística da Coruña, S.A.1.719.0001.719.000

Xestión Urbanística de Lugo, S.A.613.000613.000

Xestión Urbanística de Ourense, S.A.4.235.0004.235.000

Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.1.764.0001.764.000

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo4.154.0004.154.000

S.A. de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia385.000385.000

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia726.000726.000

Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.2.857.0002.857.000

Galicia Calidade, S.A.198.000198.000

S.A. para o Desenvolvemento Industrial de Galicia520.000520.000

Xestión Enerxética de Galicia, S.A.254.000254.000

Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A.216.000216.000

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.17.788.00017.788.000

Xenética Fontao, S.A.120.000120.000

Retegal, S.A.708.000708.000

Xesgalicia, Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco, S.A.220.000220.000

Total71.423.00071.423.000

(Miles de ptas.)

Entidades públicasIngresosGastos

Compañía de Radio-Televisión de Galicia e sociedades17.521.00017.521.000

Instituto Galego de Promoción Económica11.993.00011.993.000

Fundación Pública Hospital de Verín1.516.0001.516.000

Portos de Galicia4.780.0004.780.000

Obras e Servicios Hidráulicos207.000207.000

Consello Económico e Social149.000149.000

Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía474.000474.000

Fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira1.637.0001.637.000

Fundación Hospital Comarcal A Barbanza1.834.0001.834.000

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable1.668.0001.668.000

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria300.000300.000

Fundación Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde103.000103.000

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061)2.358.0002.358.000

Instituto Enerxético de Galicia512.000512.000

Total45.052.00045.052.000