Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/252-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Verducedo II.

Situación: concello de Moaña.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, de 61 m de lonxitude, desde o apoio 24 da L.M.T. CAG 806 ata o C.T. proxectado, concello de Moaña. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T., aérea, de 202 m de lonxitude, sobre apoios de formigón, con conductor tipo R.Z. e R.B.T. subterránea, con conductor tipo R.V., de 21 m de lonxitude, os dous con orixe no C.T. proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 16 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra