Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de novembro de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00143-I-1999 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00143-I-1999

C-5753-BW

3326014268 A7286

José Ramón Lago Pajón

Avda. Conchiñas, 3

1511 A Coruña

Realizar transporte de mercadorías (paquetería) co vehículo de 2 eixes matrícula C-5753-BW que está en posesión dunha autorización MDL territorial. O citado vehículo ten un PMA de 3.500 kg e presenta un peso total en báscula (xúntase ticket) de 4.500 kg, o que supón un exceso do 28,5% sobre o PMA.

13-4-1999; 11.46; N-550; 19

Art. 200.3º do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.
DX-00284-I-1999

C-8428-AG

IO1SSXU33259032

Arrastres Xiadas, S.L.

Pastor Diz, 16

156 A Coruña

Realizar transporte de mercadorías (area) co vehículo matrícula C-8428-AG, que xunto co semirremolque matrícula C-03315-R, forma un vehículo articulado de 5 eixes que ten un PMA de 40.000 quilogramos, e que presenta un peso total en báscula de 42.300 quilogramos, o que representa un exceso de peso do 5% sobre o seu peso máximo autorizado.

5-7-1999; 23.38; A-9; 16

Art. 200.3º do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199025.000 ptas.
DX-00520-I-1998

LU-8990-H

3326014268 A7286

José Luis Fernández Feito

Ronda das Mercedes, 42-2º C

270 Lugo

Realizar un transporte privado complementario de mercadorías (materiales de construcción) co vehículo matrícula LU-8990-H, que presenta un peso total en báscula de 16.800 quilogramos, estando autorizado para un PMA de 14.200 kilogramos. O que se supón realizar transporte cun exceso de 2.600 quilogramos que representan un 18% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado. O vehículo carece da preceptiva autorización administrativa.

23-11-1998; 11.29; N-540; 1

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do R.D. 1211/1990 Art. 200.3º do R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990125.000 ptas.