Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

No BOP número 281, correspondente ó día 19 de decembro de 1999, aparece publicada a convocatoria para cubrir mediante contratación laboral fixa, unha praza de operario do servicio de recollida de lixo, asimilada ó grupo D, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente, cando proceda en cada caso, no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos do Concello de San Cibrao das Viñas.

San Cibrao das Viñas, 13 de decembro de 1999.

A alcaldesa

Rubricado