Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/188-2, 5259 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en parque empresarial de Becerreá.

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. e cunha lonxitude de 340 m. Centro de transformación de 630 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 580 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 19 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo