Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.123

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 17 de decembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 7 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 203, do 20 de outubro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 7 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 203, do 20 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-las funcionarias que se citan no anexo desta orde para ocuparen os postos que así mesmo se sinalan.

Segundo.-Os cesamentos nos actuais destinos efectuaranse segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As tomas de posesión deberán facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó dos cesamentos ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que causen alta as funcionarias efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: Fonte Bouza, Ana.

NRP: 3277450846 A2086.

Grupo: A.

Denominación do posto: interventora delegada da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Código do posto: EFC030001515770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 2.316.936.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Rodríguez Martín, Ana.

NRP: 3265102735 A2086.

Grupo: A.

Denominación do posto: interventora delegada da Consellería de Medio Ambiente.

Código do posto: EFC030001715770001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 2.316.936.

Centro directivo: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.