Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 29619-ampliación 99).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. A Coruña.

Denominación: subestación Meirama-ampliación módulo liña Sogama 220 kV.

Situación: Cerceda.

Características técnicas: ampliación da subestación eléctrica de Meirama, dotándoa dun novo módulo de liña de 220 kV, denominado Sogama, que inclúe os seguintes aparellos:

-Un interruptor automático tripolar de SF6 de 3.150 A.

-Dous seccionadores xiratorios tripolares para barras de 2.000 A.

-Un seccionador xiratorio tripolar con coitelas de P.A.T. 2.000 A.

-Tres transformadores de tensión e outros tres de intensidade.

-Tres pararraios autoválvulas.

-Sistema de control, proteccións e medida. Cerceda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña