Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: desvío instalacións estrada Sarria-Pintín.
Situación: Sarria.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-110 de 350 metros de lonxitude. Rede de baixa tensión a 380/220 en conductor R.Z. de 418 metros de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 17 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo