Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/168-2, 5300 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Polinox Galicia, S.A.

Domicilio social: polígono Sigalsa 2ª fase, 27370 Rábade.

Denominación: L.M.T. aérea, L.M.T. subterránea e C.T. 400 kVA na fábrica de Polinox.

Situación: Outeiro de Rei.

Características técnicas: liña de media tensión mixta aerosubterránea a 20 kV e centro de transformación de 400 kVA. Parte aérea en conductor LA-56 e apoios metálicos. Parte subterránea en conductor R.H.Z.-1. Orixe: L.M.T. de BEGASA. Fin: nave de Polinox Galicia, S.A. Situación: Outeiro de Rei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo