Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: desvío Inst. Elect. autovía do noreste. Tramo Noceda-Agueira.
Situación: As Nogais.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 392 metros de lonxitude. Rede de baixa tensión aérea a 380/220 V en conductor R.Z. de 300 metros de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 15 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo