Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de decembro de 1999 pola que se conceden axudas para centros docentes e centros de formación e recursos que participan en programas da Unión Europea durante o ano 1999.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 4 de xuño de 1999, se convocaron axudas económicas para centros docentes e centros de formación continuada do profesorado, que participen en programas da Unión Europea durante o ano 1999.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo quinto da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.4814.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De acordo co artigo sétimo as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade, o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-Obrigas dos centros beneficiarios.

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resume do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos acadados.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou dos mesmos.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

No caso de centros educativos, unha certificación do consello escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

No caso de centros de formación continuada do profesorado, certificación do director/a aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada das facturas e recibos que servirán de xustificantes do proxecto realizado.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

CENTRO ESCOLARPROVINCIATÍTULO DO PROXECTOAXUDA

IES PORTA DA AUGALUGOALEN DA PORTA266.217

IES PORTA DA AUGALUGOINTERAUTO II374.639

IES NUM.1- ORDESA CORUÑAPRÁCTICAS ESTUDIANTES EMPRESAS TÉXTILES214.105

IES DE TEISPONTEVEDRASPA PLACEMENTS138.100

IES DE TEISPONTEVEDRAHAIRDRESSING AND BEAUTYTHERAPY IN EUROPE602.650

IES AS FONTIÑASA CORUÑAPLACEMENT IN EUROPEAN ENTEPRISES FOR SECRETARIES1.554.484

IES LAMAS DE ABADEA CORUÑAEDUCATIONAL TRAINING IN U.E.848.236

IES LUIS SEOANEPONTEVEDRADIFUSION AND CONSOLIDATION OF FORMATIVE.....403.985

IES DE CEDEIRAA CORUÑAAEOLUS(APROVEITAMENTO ENERXÉTICO RENOVABLE)756.307

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRAINTERNATIONAL BUSINESS IN EUROPE225.223

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRASTONEMASONRY SKILLS IN EUROPE787.281

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRAARTS ET METIERS DE LA PIERRE EN EUROPE336.006

C.FORMACION E RECURSOS. A CORUÑAA CORUÑAPRIMEIROS PASOS3.395.296

IES MACIAS O NAMORADOA CORUÑAMEDEA700.000

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRAINCREASING THE MOBILITY OF YOUNG PEOPLE...295.834

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRANEW BUSINESS TRAINING IN EUROPE323.621

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRAGRANITE WORKS IN THE INTERNATIONAL MARKETS987.500

IES FRAGA DO EUMEA CORUÑAESTADÍAS PARA MOZOS TRABALLADORES62.395

IES DE TEISPONTEVEDRASPA TREATMENTS AND COMPLEMENTARY TECHNIQUE1.616.423

IES LUIS SEOANEPONTEVEDRACOOPERATION BETWEEN EDUCATIONAL INSTITUTIONS..631.934

IES LUIS SEOANEPONTEVEDRALABORAL INSERTION OF PROFESSIONAL FORMATION...190.844

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRAELABORATION OF A COMMON CURRICULA FOR STONE394.667

C.FORMACION E RECURSOS. SANTIAGOA CORUÑAAPRENDIZAXE AUTÓNOMA E O PAPEL DO PROFESOR1.000.000

IES CABO ORTEGAL. CARIÑOA CORUÑAAEOLUS337.763

TOTAL16.443.510

ANEXO II

CENTRO ESCOLAR

PROVINCIA

TÍTULO DO PROXECTO

MOTIVO DA

EXCLUSIÓN

CEIP CURROS ENRÍQUEZOURENSELINGUA CARTIGO 2 DA ORDE

ESCUELA INF.LUIS SEOANEA CORUÑAO RAPAZ/A: AXENTE CONSERVADOR DO SEU MEDIOARTIGO 2 DA ORDE

ESCOLA DE ARTES M.MATEOA CORUÑASTONEMASONRY SKILLS IN EUROPEACTIVIDADE DO ANO 2000

IES RIBEIRA DO LOUROPONTEVEDRAINTERNATIONAL TRAINING IN EUROPEACTIVIDADE DO ANO 2000

CEIP COIRON DENAPONTEVEDRAALTERNATIVAS AMBIENTAIS DESDE A ESCOLAARTIGO 2 DA ORDE