Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.064

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 302/1999, interposto por Luis Arranz Buján.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dos da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda corresponde ó recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado nº 302/1999, interposto por Luis Arranz Buján contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 30 de agosto de 1999, pola que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 21 de xuño de 1999, que resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia 1/1999 (Diario Oficial de Galicia nº 124, do 30 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou con data do 22 de novembro de 1999, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública