Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas de hospitalización, de urxencias e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas de hospitalización, de urxencias e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

4. Orzamento base de licitación: importe anual previsto de vintedous millóns de pesetas (22.000.000 de ptas.), 132.222,66 euros.

5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza definitiva por importe de oitocentas oitenta mil pesetas (880.000 ptas.), 5.288,90 euros.

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acreditaranse conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos