Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de acordo de iniciación do expediente sancionador de epizootias OU-T-124/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efetuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a María Isabel Biempica González, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería. O interesado disporá dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coide convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993 (BOE nº 189, do 9 de agosto), de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, no enderezo indicado.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense 19 de novembro de 1999.

Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-124/1999.

Interesado: Óscar Luis Pérez Barja

DNI: 34.989.486.

Último enderezo coñecido: rúa Camiño Caneiro, nº 16, 1º A Ourense.

Feitos denunciados: transprotar no vehículo OR-5150-0, tres animais de especie bovina, desde Taboadela ó matadoiro de Celanova, carecendo da folla de saneamento gandeiro e mais da tarxeta do rexistro do vehículo para transporte de gando.

Tipificación da infracción:

Artigo 52 do Regulamento de epizootias.

Artigo 1 do Decreto 355/1994, do 4 de decembro (DOG nº 240 do 15 de decembro).

Artigo 1 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG nº 169, do 4 de setembro).

Sanción: 20.000 pesetas.