Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/96-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Manzaneda.

Domicilio social: r/ Do Centro, 32781 Manzaneda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. igrexa de Cesuris.

Situación: Manzaneda.

Descricións técnicas: liña a 20 kV, de 385 m de lonxitude, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde a liña ó C.T. da Madroa e remata no C.T. proxectado aéreo con 25 kVA, r/t 20.000/380-220 V, preto da igrexa. Rede de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense