Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/429-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilares-Puxeiros.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T., aerosubterránea, a 15 kV, de 73 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, e 22 m de lonxitude o subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio que se vai intercalar na L.M.T. A.T.I. 724, a continuación da derivación ó C.T. Galpi, ata o C.T. que se proxecta en Vilares-Puxeiros, concello de Mos. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aerosubterránea, de 40 m de lonxitude o tramo aéreo con conductor tipo R.Z. e 15 m de lonxitude o subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 2 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra