Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso 11/1999.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a continuación:

Concurso público nº 11/1999: adquisición de diverso material informático con destino a centros de ensino dependentes desta consellería.

LoteEmpresaImportePrazo

1Plus-Mer, S.L.91.743.83715 días
2Fujitsu ICL España, S.A.336.141.14821 días
3Unisys España, S.A.202.032.47025 días

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1999.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria