Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.042

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1999 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, a Stuart John McNicholls (praza 79/1998).

Consonte coa proposta formulada, pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade do 20 de xaneiro de 1999 (BOE do 13 de febreiro) de Vigo para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana, a favor de Stuart John McNicholls, con número de identificación estranxeiro X0679150-Y, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Stuart John McNicholls profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de filoloxía inglesa, do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes,

contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de novembro de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo