Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de analista de informática vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Aprobada por Resolución Rectoral do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público de persoal de administración e servicios da Universidade da Coruña e aprobado pola Xunta de Goberno o sistema de selección de concurso-oposición para a provisión dunha praza de analista de informática, segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así coma nos estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), e modificados por decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), e co obxecto de atende-las necesidades dun analista de informática,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir 1 praza de analista de informática da Universidade da Coruña.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo modelo que figura como anexo IV. Á instancia acompañarase fotocopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de

vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, rúa da Mestranza, s/n, CP 15001) e Ferrol (Vicerrectorado do Campus, Doutor Vázquez Cabrera, s/n, CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán tramitarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

1.2. Os dereitos de exame serán de 10.025 ptas. que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente número 1302-1700-42-0017957982, «Probas selectivas para analistas de informática», ó nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso, a falta do cal determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da universidade. A documentación acreditativa dos méritos estará referida á data de publicación no DOG da presente convocatoria e deberá incorporarse á solicitude.

1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar na súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, ós que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión dunha titulación superior de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro, ou en condicións de obtela na data que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador establecerá, para as persoas con minusvalidez que o demandasen na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se suscitaran dúbidas ó tribunal respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de analista de informática, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidade dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, na que se declare aprobada a lista de aspirantes admitidos e excluídos, que será feita pública no taboleiro de anuncios do Rectorado da universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo o rector dictará resolución pola que declare aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, contra a que os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 9.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

6.3. O tribunal poderá dispor a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que estime necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución rectoral que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano dende a data de publicación desta convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acredita-lo coñecemento do castelán mediante a realización dunha proba, na que se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión e expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ó disposto no Real decreto 826/1988, do 20 de xullo (BOE do 29 de xullo), polo que se establecen diplomas acreditativos do coñecemento do español como lingua estranxeira. A proba cualificarase de apto ou non apto, sendo necesario obte-la valoración de apto para pasar a realiza-los exercicios da fase de oposición. Quedan eximidos de realizar esta proba os aspirantes que acrediten mediante fotocopia compulsada estar en posesión do diploma superior de español como lingua estranxeira establecido polo Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, modificado e completado polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta documentación non poderán ser declarados exentos, debendo, en consecuencia, realiza-la proba descrita no parágrafo anterior.

9. Lista de aprobados.

9.1. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

9.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol e no lugar ou lugares de celebración do exercicio, así como naqueloutros que estime oportuno, a puntuación obtida polos aspirantes no mesmo, así como, de se-lo caso, a de cada unha das probas que o compoñan.

Posteriormente, o tribunal fará pública, neses mesmos lugares, a relación dos aspirantes que superaron as probas selectivas, constituída por aqueles opositores que, en número non superior ó das prazas convocadas e tendo acadada a puntuación mínima esixida para supera-los exercicios da fase de oposición, obtiveran a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I, e con indicación expresa da obtida por cada un deles. Esta lista será confeccionada segundo a orde de puntuación final acadada por cada aspirante e en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. Os opositores que non se encontren incluídos nesta relación terán a consi

deración de non teren aprobadas as probas selectivas, único extremo acerca do que o tribunal poderá certificar.

9.3. O tribunal remitirá ó rector a relación definitiva dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final por cada epígrafe, con proposta de que se formalicen con eles os correspondentes contratos de traballo.

10. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

10.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixese pública a relación definitiva de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (rúa da Mestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente de ser nacional dun estado membro da Unión Europea.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración ou promesa de non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o servicio.

10.2. Cubertos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán contratados como analistas de informática da Universidade da Coruña.

10.3. A adxudicación de postos de traballo efectuarase de acordo coas peticións dos interesados entre os postos ofertados a eles, segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo dentro de cada epígrafe.

10.4. O período de proba será de seis meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade desempeñasen funcións de analistas de informática na Universidade da Coruña.

Segundo.-Estas probas selectivas axustaranse ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) e ós estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), o convenio colectivo aplicable ó persoal laboral da Universidade da Coruña, a Lei 17/1993, de 23 de decembro (BOE do 24 de decembro), sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, e as bases desta convocatoria.

Terceiro.-Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativa nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada po pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Así mesmo, os interesados poderán interpor recurso de alzada contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 29 de novembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

ANALISTAS DE INFORMÁTICA

Procedemento de selección

Fase de oposición.

A) Exercicios.

A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios, todos eles obrigatorios.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar un cuestionario de, polo menos, 60 preguntas con respostas múltiples, entre as que só unha será correcta, baseado no contido que para este exercicio se fixa no programa que figura na parte xeral (módulos I e II).

Os aspirantes terán un prazo de alomenos setenta e cinco minutos para a realización do exercicio e a súa valoración será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 2,5 puntos para ter acceso ó exercicio seguinte.

Segundo exercicio: consistirá na realización de dous supostos prácticos específicos, elixidos de entre seis propostos polo tribunal relacionados coa parte específica do programa (módulos III e IV ).

Os aspirantes terán un prazo de polo menos dúas horas para resolve-los supostos.

A cualificación do exercicio será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter cinco puntos para ter acceso ó seguinte exercicio.

Terceiro exercicio: consistirá na traducción, sen diccionario, de dous textos propostos polo tribunal, un do galego ó español e outro do español ó galego e a súa valoración será de 0 a 10 puntos. Este exercicio non terá carácter eliminatorio.

B) Valoración da fase de oposición.

A cualificación final da fase de oposición obterase da seguinte forma:

(0,3xnota 1º exercicio+0,6xnota 2º exercicio+0,1xnota 3º exercicio)x6 polo que terá un valor máximo de 60 puntos.

Fase de concurso.

Nesta fase valóranse, ata un máximo de 40 puntos, os seguintes méritos:

a) Os servicios prestados na Universidade da Coruña como persoal contratado laboral non permanente na categoría de analista, a razón de 0,55 puntos por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 30 puntos.

b) Cursos impartidos por organismos públicos ou empresas de prestixio recoñecido relacionados con temas do programa específico, ata un máximo de 10 puntos.

-Cursos de máis de vinte horas: 2 puntos.

-Cursos entre dez e vinte horas: 1 punto.

Sistema de puntuación.

A cualificación final das probas, que como máximo será de 100 puntos, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. En caso de empate dentro de cada apartado, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de concurso, se isto non fora suficiente á maior puntuación obtida no segundo exercicio, se isto non fora suficiente no primeiro exercicio. Se persistise o empate, este dirimiríase pola orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose a antedita orde pola letra á que se refire a base 7.3 da presente convocatoria.

ANEXO II

Programa das probas

Módulo I. Lexislación universitaria e informática.

1. A Universidade da Coruña. Estructura. Órganos de Goberno.

Centros, departamentos, institutos, servicios. Rector, vicerrectores, secretario xeral, xerente, decanos, directores, outros órganos unipersoais. Órganos

colexiados: consello social, claustro, xunta de goberno, xuntas de centro, consellos de departamento e institutos.

2. O persoal docente e investigador.

Clases e réxime xurídico do profesorado universitario.

3. O persoal de administración e servicios.

Clases e réxime xurídico do persoal de administración e servicios.

4. O estudio e a investigación na Universidade da Coruña.

Estudios de 1º e 2º ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao. A organización da investigación. Contratos, convenios e cursos de especialización.

5. Informática e lexislación.

Dereito á intimidade. Lei orgánica de regulación do tratamento automatizado de datos (LORTAD). Disposicións, principios e dereitos. A axencia de protección de datos. A protección xurídica do software.

Módulo II. Fundamentos.

1. Estructura da información.

Sistemas de numeración. Sistemas de codificación. Estructura de datos. Representacións redundantes: corrección de erros. Compactación da información.

2. Arquitectura de ordenadores.

Concepto de computador, computadores dixitais. Unidade central de proceso.

3. Sistemas de entrada/saída.

Periféricos, terminais, impresoras, outros periféricos. Comunicación entre a UCP e os periféricos. Control dos periféricos. Prioridades. Interrupcións.

4. Linguaxes e contornos.

Concepto e evolución histórica. Xeracións das linguaxes de programación. Análise comparativa das linguaxes máis difundidas. Linguaxe C. Linguaxes de cuarta xeración.

5. Sistemas operativos.

Concepto de sistema operativo. Estructura. Tipos de sistemas operativos. Deseños e implementación de sistemas operativos. Xestión de procesos polo sistema operativo. Xestión de memoria. Xestión do sistema de arquivos. Xestión do sistema de entrada/saída. Multiprocesadores e sistemas distribuídos.

6. Os sistemas operativos Unix e Windows.

Evolución histórica. Características principais: deseño principal, interface do programador, interface do usuario, manexo de procesos, sistemas de ficheiros; sistema da comunicación entre procesos.

7. Bases de datos.

Concepto. Deseño. Integridade, seguridade, independencia e control de redundancia. Tipos de bases de datos. Modelo conceptual. Modelo relacional. Deseño de base de datos relacionais. Bases de datos orientadas a obxectos.

8. Sistemas xestores de bases de datos.

Sistemas xestores de bases de datos. Evolución histórica. Sistemas xestores de bases de datos relacionais. Características fundamentais. Control de concorrencia. Xestión transaccional. Recuperación. Xestores activo.

9. Transmisión de datos.

Concepto de transmisión de datos. Tipos de transmisión. Modems. Multiplexores. Equipos terminais.

10. Tipos de redes.

Tipos de redes. Clasificación por topoloxía. Clasificación por tecnoloxía. Conmutación de circuítos. Conmutación de mensaxes. Conmutación de paquetes.

11. Sistemas abertos.

O modelo de sistemas abertos. Conceptos básicos. Funcións dos distintos niveis.

12. Redes locais.

Integración de sistemas heteroxéneos. O modelo Ethernet. Protocolo TCP-IP. Tendencias futuras.

13. Enxeñería do software.

Fundamentos de deseño de software. Métodos de análises de requirimentos. Deseño orientado a obxectos. Deseño en tempo real. Estratexias de proba.

14. Compiladores.

Definición. Fases dun compilador. Análise do programa fonte.

15. Sistemas dixitais.

Procedemento dixital da información. Funcións combinacionais e secuenciais. Variables e operadores lóxicos: álxebra de Boole. Funcións lóxicas: formas canónicas. Unidades aritmético-lóxicas (ALU'S). Temporizadores e reloxos. Memorias de acceso secuencial. Memorias de acceso aleatorio.

16. As funcións informáticas. Planificación.

As funcións informáticas: dirección, explotación, desenvolvemento e sistemas. Planificación e control de recursos humanos e técnicos.

Parte específica.

Módulo III. Xestión.

1. A planificación informática.

A planificación informática. Esquema xeral dun plano informático. Metodoloxías de planificación informática.

2. Teoría de sistemas de información.

Concepto básico. Elementos dos sistemas de información. Obxectivos dos sistemas de información. Técnicas de deseño descendentes. Métodos de modelización de procesos. Método de modelización de datos.

3. Proxecto informático.

O proxecto informático, ciclo de vida. Fases de execución. Documentación. Técnicas de planificación, seguimento e control.

4. Auditoría informática.

A auditoría interna e externa. Auditoría de sistemas e de procedementos. Indicadores de rendibilidade.

5. Metodoloxías de construcción de sistemas de información.

Modelización de sistemas de información. Métodos de modelización de procesos. Métodos de modelización de datos. Principais metodoloxías de desenvolvemento: SSADM, métrica. métrica 2.

6. Metodoloxía da programación.

Leis de construcción de programas. A programación estructurada. Programación orientada a obxectos. Modelaxe de aplicacións. Ferramenta RAD e linguaxes de programación. Prototipaxe de aplicacións.

7. Programación cliente/servidor.

Programación cliente/servidor. Modelos. Características e deseño.

8. Explotación e mantemento de sistemas de información.

Xestión da configuración do software. Ferramentas de apoio. Tendencias da enxeñería do software. Enxeñería inversa e reinxeñería.

9. Xestores de bases de datos: Informix, Oracle, SQL-Server.

Informix, Oracle, SQL-Server: administración e explotación, ferramentas de desenvolvemento, procedementos almacenados, monitorización, mecanismos de optimización, paralelización, seguridade, privilexios e roles, distribución de datos.

10. A calidade e garantía no proceso de producción de software.

Calidade en enxeñería do software. Niveis de calidade. Sistemas de calidade. Modelos de avaliación. Métricas do software.

11. A informática de xestión na Universidade da Coruña.

Aplicacións informáticas de xestión académica, xestión económica, xestión de persoal, xestión de biblioteca.

12. Servicios dispoñibles nas redes informáticas.

Sistemas de información en rede. Correo electrónico. Sistema X-Windons, conectividade dun ordenador persoal. Aplicacions básicas de Internet.

13. Hipertexto e hipermedia.

Hipertexto e hipermedia. HTML: elementos básicos, extensións en navegadores. Java. DHTML. Multimedia, conceptos xerais. Aplicacións Intranet.

14. Seguridade informática.

Seguridade informática. Medidas de seguridad en contornos conectados a Internet. Autentificación. Encriptación. Devasas.

Módulo IV. Sistemas e redes.

1. Tipos de sistemas informáticos.

Grandes ordenadores. Miniordenadores; estacións de traballo e ordenadores persoais.

2. Ocupación e mantemento de equipos.

Política de mantemento de equipo hardware. Mantemento da estructura física dun centro de proceso de datos. Requirimentos. Equipos eléctricos. Estatísticas de ocupación. Custos.

3. Sistema operativo Unix (HPUX-Solaris) e Open-VMS.

Sistema operativo Unix (HPUX-Solaris) e Open-VMS: administración. Configuración. Monitorización.

4. Sistemas operativos Windows-NT e Netware.

Sistemas operativos Windows-NT e Netware. Características. Configuración e mantemento hardware. Instalación e configuración de protocolos de rede.

5. Arquitectura cliente/servidor.

Arquitectura cliente/servidor. Servicios de valor engadido.

6. Sistemas de xestión de bases de datos.

Informix: administración. Configuración cliente/servidor. Seguridade.

Oracle: administración. Configuración cliente/servidor. Seguridade.

7. Integración de sistemas en rede.

Integración de sistemas en rede. NFS. NIS. DNS.

8. Servicios de rede.

Transferencias de ficheiros, acceso remoto, transmisión de datos hipertexto e hipermedia. Correo electrónico.

9. Elementos de rede.

Tipos de cableado: características. Elementos activos: routers, bridges, conmutadores.

10. Xestión de redes.

Monitorización de redes. SNMP, CMIP, RPC, RMON.

11. Protocolo de comunicación TCP/IP.

Protocolo de comunicación TCP/IP. Niveis e tendencias.

12. Redes.

Redes RTC. RDSI. Ethernet. FDDI. Frame Relay e ATM. A rede da Universidade da Coruña: estructura, organización e servicios ofrecidos.

13. Linguaxes de programación.

Fortram, C, C++, Visual Basic, Pascal.

14. Paquetes e librerías científicas.

Paquetes de programas. Librerías científicas.

15. Seguridade física e lóxica.

Seguridade física e lóxica. Planificación de seguridade.Conceptos e ferramentas. Fire Walls.

ANEXO III

Tribunal cualificador

Titulares:

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

Vocais:

Jesús Cardenal Carro, profesor titular da universidade da Coruña.

Rafael García Vázquez, director da Aula de Formación Informática.

Manuel Romero Beade, representante dos traballadores.

Salvador Peña Díaz, representante dos traballadores.

Suplentes:

Presidente: Rosa Mª Fernández Esteller, vicerrectora de Ordenación e Planificación Académica da Universidade da Coruña.

Vocais:

Bernardino Arcay Varela, profesor titular da universidade da Coruña.

Juan Ares Casal, profesor titular da Universidade da Coruña.

Mª José Grueiro Maroño, representante dos traballadores.

Rogelio Lage Vázquez, representante dos traballadores.