O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
Obxecto: subministración de catéteres Swan-Ganz e implantes.
Orzamento: 21.238.224 ptas., (127.644,30 euros).
Garantía provisional: 424.764 pesetas, (2.552,88 euros).
Lote 1: catéteres Swan-Ganz 7 F 110 cm standard.
Orzamento: 2.880.000 ptas., (17.309,15 euros).
Garantía provisional: 57.600 ptas., (346,18 euros).
Lote 2: catéteres Swan-Ganz Satur. V 5,5 F 75 cm.
Orzamento: 4.327.200 ptas., (25.466,08 euros).
Garantía provisional: 84.744 ptas., (509,32 euros).
Lote 3: catéteres Swan-Ganz Satur. V 7,5 F 110 cm.
Orzamento: 5.544.000 ptas., (33.320,11 euros).
Garantía provisional: 110.880 ptas., (666,40 euros).
Lote 4: catéteres Swan-Ganz gasto Card. 7,5 F.
Orzamento: 3.780.000 ptas., (22.718,26 euros).
Garantía provisional: 75.600 ptas., (454,37 euros).
Lote 5: catéter implantación venosa c/reservatorio.
Orzamento: 4.797.024 ptas., (28.830,69 euros).
Garantía provisional: 95.940 ptas., (576,61 euros).
1. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.
2. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos materiais: 20%.
Servicio técnico da subministración: 20%.
Total: 100%.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborable desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32.
7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandarse por correo, dentro do prazo sinalado.
8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
A Coruña, 15 de decembro de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña