Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 13 de decembro de 1999 pola que se recoñece a Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada, como Agrupación de Productores Agrarios (APA), para a comercialización de animais vivos da especie bovina.

A entidade Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada, con domicilio social en Avenida Feiraco, s/n, 15830 Negreira (A Coruña), solicitou o recoñecemento como Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de animais vivos da especie bovina, conforme o Real decreto 280/1988, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 18 de marzo, e a normativa comunitaria ó respecto, relativa ás agrupacións de productores e ás súas unións.

Considerando que a citada cooperativa cumpre as condicións esixidas, e en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a

Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

ACORDO:

Primeiro.-Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de animais vivos da especie bovina a Feiraco, Sociedad Cooperativa Limitada, con ámbito territorial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Comunicarlle ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu recoñecemento para que proceda á súa inscrición no Rexistro Xeral de Agrupacións de Productores e as súas Unións.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria