Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 13 de decembro de 1999 pola que se recoñece a Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, S.C.L., como Agrupación de Productores Agrarios (APA), para a comercialización de leite de vaca.

A entidade Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, S.C.L., con domicilio social na rúa Xeneralísimo nº 41-baixo, 15680 Ordes (A Coruña), solicitou o recoñecemento como Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de leite de vaca, conforme o Real decreto 280/1988, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 18 de marzo, e a normativa comunitaria ó respecto, relativa ás agrupacións de productores e ás súas unións.

Considerando que a citada cooperativa cumpre as condicións esixidas, e en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

ACORDO:

Primeiro.-Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de leite de vaca a Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, S.C.L., con ámbito territorial na provincia da Coruña.

Segundo.-Comunicarlle ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu recoñecemento para que proceda á súa inscrición no Rexistro Xeral de Agrupacións de Productores e as súas Unións.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria