Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario dependentes do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 25 de maio de 1999.

De conformidade co previsto na base 6.2º da Resolución do 25 de maio de 1999 (DOG nº 107, do 7 de xuño) pola que se fai pública a convocatoria do concurso de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, rematada pola Comisión de Baremación a tarefa de baremación dos méritos alegados e acreditados polos concursantes, procede resolver provisionalmente o dito concurso de traslados.

En consecuencia, este centro directivo

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolto provisionalmente o concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes ás categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 25 de maio de 1999, adxudicando a puntuación provisional acadada e, se é o caso, o destino dun xeito provisional, sen que este supoña ningún dereito ou expectativa.

As correspondentes listaxes de adxudicación atópanse expostas nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, así como nos diferentes centros de xestión de atención primaria e especializada do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Declarar excluídos provisionalmente do concurso de traslados os concursantes que, en cada categoría, aparecen reflectidos como tales polas causas que se especifican.

Terceiro.-De conformidade co establecido na base 6.3º da Resolución do 25 de maio de 1999, os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución provisional, para formular reclamacións contra ela ou, de se-lo caso, para emendar aquelas causas de exclusión do concurso de traslados que sexan susceptibles de tal emenda.

Igualmente, e de acordo co disposto na base 4.5º da Resolución do 25 de maio de 1999, os interesados que o dexesen poderán, dentro do dito prazo, desistir da súa participación no presente concurso.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos