Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.950

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/303-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Cabanas, S.L.

Domicilio social: r/ Areal, 45-baixo. 15621 Cabanas.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. lugar de Penso.

Situación: Cabanas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 28 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV, de 95 mm de Al. C.T. tipo caseta de obra, de 630 kVA a 15 kV+-5%/0,398 kV. Cabanas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña