Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/437-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. na rúa Trece-Baltar.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 676 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente na rúa Trece ata o C.T. existente en Baltar, concello de Sanxenxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 8 de novembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra