Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999 pola que se someten a información pública os plans de utilización dos espacios portuarios dos portos de Burela, Ribadeo e Viveiro-Celeiro.

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, elaborou os plans de utilización dos espacios portuarios dos portos de Burela, Ribadeo e Viveiro-Celeiro.

Estes documentos sométense a información pública para as persoas ou entidades interesadas poderen presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo dun mes contado a partir da data da publicación deste anuncio.

As devanditas reclamacións poderán presentarse nas oficinas centrais deste ente público, situadas na praza de Europa, 5 A-6º polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas de Portos de Galicia, Zona Norte, r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13-1º, en Lugo. En ámbalas dúas direccións poderán examina-los documentos correspondentes.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1999.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación