Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos do sindicato Unións Agrarias de Galicia (UU.AA.).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 17 de novembro de 1999, certificación expedida pola secretaria de actas do V Congreso de Unións Agrarias de Galicia (UU.AA.), Mar García Hermida, co visto e prace do presidente, José López Sousa, na que se fai consta-la modificación dos estatutos de Unións Agrarias de Galicia (UU.AA.), que foron aprobados por unanimidade no dito congreso, realizado en Santiago de Compostela o día 15 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais