Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 283/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e

2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.868 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 20 da liña que alimenta o C.T. Santa Cecilia e final no C.T. de Uxes, existente. Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x95) mm Al, con saída e entrada no apoio nº 12 da liña arriba citada, de 60 m de lonxitude despois de alimenta-lo C.T. Uxes II, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 160 kVA e tensións de 15/20 0,380-0,220 kV, denominado Uxes II, do que parte unha rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V., de 35 m de lonxitude, seguido de tramo aéreo, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 130 m de lonxitude. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Uxes. No termo municipal de Arteixo. (Expediente 283/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como ás persoas que sexan titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situdada no edificio administrativo Monelos s/n, 15701 A Coruña, e presenta-las alegacións oporutnas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á ultima publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 15 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 283/99 Provincia: A Coruña.

L.M.T. C.T. R.B.T. UxesTermo municipal: Arteixo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3Sta. IciaPasteiroEladio Piñeiro IglesiasCamiño do Xabrón-Mera, 10 baixo

15177 Oleiros

120

4Sta. IciaMonte altoAurelio Figueira BermúdezNostian-Meicende

15191 Arteixo

2232512

5Sta. IciaPasteiroDescoñecido

641.024

7Sta. IciaPradoJosé Veira FerreñoCentullas-Paiosaco, 18

15145 Laracha

47470

9PolvonínMonte altoUnión Española de ExplosivosAvda. de Partenon-Campo das Nacións, 16-53, 4, 5, 6, œ 795118.176

11PenedosPasteiroMª Aurora de la Fuente GuzónAntonio Viñes, 16-7º

15007 A Coruña

61976

12PenedosPasteiroMontserrat Belén SalidoÁngel Senra, 39-4º B

15007 A Coruña

8251816

13PenedosMonte altoIBYSIgnorado921001.600

15PenedosMonte altoManuel Dopico VázquezUxes-Moras

15690 Arteixo

28448

16PenedosPradoManuel Ferreño PardoUxes-Moras

15690 Arteixo

30

18Río da SantaLabradíoHros. Isidoro GallegoUxes-Moras

15690 Arteixo

œ 11152520

20Río da SantaLabradíoManuel Dopico VázquezUxes-Moras

15690 Arteixo

770

23Río da SantaLabradíoManuel Ferreño PardoUxes-Moras

15690 Arteixo

13130

28CortiñasLabradíoJulio Ferreño RamaUxes-Moras

15690 Arteixo

810

29CortiñasLabradíoManuel Ferreño PardoUxes-Moras

15690 Arteixo

816

32DiquesLabradíoManuel Ferreño PardoUxes-Moras

15690 Arteixo

14224

34CasaHortaManuel Ferreño PardoUxes-Moras

15690 Arteixo

22352

35Agra da PedraLabradíoManuel Ferreño PardoUxes-Moras

15690 Arteixo

16

36Agra da PedraLabradíoMaría Iglesias PomboEstación -Uxes

15690 Arteixo

œ 31880

38Agra da PedraLabradíoCarmen Mosquera GarcíaBarroa- A Pastoriza

15140 Arteixo

17272

39Agra da PedraLabradíoMaría Iglesias PomboEstación-Uxes

15690 Arteixo

17272

44Agra da PedraLabradíoRocío Mosquera FerreiroUxes-Moras

15690 Arteixo

32512

51DereitaLabradíoManuel Dopico VázquezUxes-Moras

15690 Arteixo

œ 61550

52DereitaLabradíoRocío Mosquera FerreiroUxes-Moras

15690 Arteixo

œ 61550