Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T.-C.T.-R.B.T., San Mamede e Quintela, nos concellos de Ourense e O Pereiro de Aguiar. (Expediente IN407A 99/95).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado da liña eléctrica de referencia, que conta coas características técnicas básicas que se refiren a continuación.

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Localización: concellos de Ourense e O Pereiro de Aguiar (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguirdade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan Mega.

d) Trazado e datos básicos:

-L.M.T. aérea núa a 20 kV, de 452 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio existente sen numerar da L.M.T. Velle-Os Peares, e final no apoio nº 3 da L.M.T. proxectada ó C.T. de Quintela.

-L.M.T. subterránea a 20 kV, de 14 m de lonxitude, en conductor R.H.V., con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. aérea proxectada ó C.T. de Quintela e final no C.T. pé de poste proxectado en Quintela.

-C.T. pé de poste en Quintela de Velle, de 250 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

-R.B.T. aérea de 2.065 m de lonxitude do C.T. pé de poste en conductor R.Z.-0,6/1 kV.

-R.B.T. subterránea de 60 m de lonxitude do C.T. pé de poste en conductor R.V.-0,6/1 kV.

e) Orzamento: 12.536.705 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro, do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 2 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/95 Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T.Termo municipal: San Mamede-Quintela.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1FondeleixeMonte altoAntonio Fernández PérezQuintela de Velle nº 27

32960 Ourense

661.056

3Quintela de VelleMonte altoAntonio Fernández PérezQuintela de Velle, nº 27

32960 Ourense

3641656

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/95 Provincia: Ourense.

L.M.T.-C.T.-R.B.T.Termo municipal: O Pereiro de Aguiar.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1NaveiraMonte altoAntonio Fernández PérezQuintela de Velle, nº 27

32960 Ourense

12192

8NaveiraMonte altoJaime do Pereiro CarballoAvda. Santiago, nº 91-6º B

32001 Ourense

12192

9-aNaveiraMonte altoJ. Luis del Río PérezAvda. Zamora, nº 50-2º C

32005 Ourense

13208

13Outra parteMonte altoJaime do Pereiro CarballoAvda. Santiago, nº 91-6º B

32001 Ourense

21232

16FondeleixeMonte altoAntonio Fernández PérezQuintela de Velle, nº 27

32960 Ourense

901.440