Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de novembro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Pérez Tourís, María Eduvigis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida

desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de novembro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado Procedemento

Pérez Tourís, María Eduvigis.

DNI: 35.402.381.

Lg. Aralde-Caleiro.

Vilanova de Arousa.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exp.: V-14611/99.